A gran ma­rea aso­la­gou Ri­bei­ra

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia -

Ta­bei­róns, pol­bos, pa­rro­chas, xou­bas, amei­xas, sen­to­los... es­tas e ou­tras es­pe­cies for­ma­ron a gran ma­rea que des­de o mér­co­res man­ti­vo aso­la­ga­da a ci­da­de ri­bei­ren­se e que on­te po­la noi­te che­gou ao seu ni­vel máis ele­va­do. Cen­tos de per­soas, ata­via­das coas ca­mi­se­tas e as pa­ño­le­tas de ri­gor, par­ti­ci­pa­ron no Top Se­cret, un des­fi­le que, tal e co­mo oco­rreu en edi­cións an­te­rio­res, de­mos­trou que son moi­tos os dor­nei­ros que se su­ma­ron á sin­gra­du­ra nú­me­ro 69 e moi­tos os que es­tán xa mer­gu­lla­dos na con­ta atrás pa­ra o arran­que dun­ha no­va via­xe fes­ti­va.

Ar­ma­dos con pan­dei­re­tas, gai­tas, cun­chas e ou­tros ele­men­tos ca­pa­ces de fa­cer bro­tar sons, os dor­nei­ros saí­ron des­de o par­que de Pe­dra Pa­tei­ra pa­ra aba­rro­tar des­pois o Ma­le­cón da ci­da­de, che­gan­do a for­mar un­ha co­la de máis de me­dio qui­ló­me­tro de lon­xi­tu­de. Pon­me un Kin­to, Achi­co­ria, Sg­hae e Os Trou­serg­has fo­ron as cha­ran­gas

que se en­car­ga­ron de mar­car o pa­so da re­cha­man­te co­mi­ti­va.

Nin que di­cir ten que o For­sa á dor­na, ven­to en po­pa, con ja­ler­na ou en cal­ma­da, que non se sa­be no mundo

dou­tra fes­ta máis ra­cha­da, o Himno dor­nei­ro que ao lon­go das seis úl­ti­mas xor­na­das foi a can­ción do ve­rán en Ri­bei­ra ta­mén soou no Top Se­cret, en­toa­do por un­ha ma­rea de xen­te dis­pos­ta a se­guir aba­rro­tan­do rúas e pra­zas moi­tos anos máis.

CARMELA QUEIJEIRO

Cen­tos de per­soas aba­rro­ta­ron o Ma­le­cón da ci­da­de no Top Se­cret.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.