Fa­cen­da so­mos to­dos

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión -

PINGAS DE CRIS­TAL MA­RÍA CA­NO­SA

Por fin en­ten­dín que Fa­cen­da so­mos to­dos. Té­ñoo cla­ro des­pois do úl­ti­mo trá­mi­te con eles. Che­guei e plan­te­ime dian­te da má­qui­na que ex­pen­de os nú­me­ros. «No hay ci­tas dis­po­ni­bles pa­ra es­ta pe­ti­ción». Bus­ca­ba in­for­ma­ción... pe­ro non po­día ser. O ce­la­dor, moi agra­da­ble, ao ver­me chan­ta­da, ache­góu­se­me. Que­ría in­for­mar­me. Que ilu­sa! Pa­ra iso, te­ño que so­li­ci­tar ci­ta pre­via, pe­ro que es­ta se­ma­na xa na­da. Da­que­la em­pre­guei to­da a sa­pien­cia que me que­da­ba. «Que­ría en­tre­gar o mo­de­lo 036». Máis ilu­sa. In­di­cou­me que hai que fa­ce­lo na ca­sa, im­pri­mi­lo e en­tre­ga­lo por re­xis­tro. Qui­xen pre­gun­tar po­los epí­gra­fes, os re­ca­dros a mar­car... pe­ro pa­re­ceu­me ex­ce­si­vo. De­be­ra ter so­li­ci­ta­do pre­via­men­te, por In­ter­net, un­ha ci­ta cun fun­cio­na­rio, su­po­ño. Ha­bía dous de­trás do mos­tra­dor, só un de­les aten­día á xen­te, pe­ro nin­gún ma­ni­fes­tou in­tere­se en re­sol­ver a mi­ña dú­bi­da. Así que mar­chei, di­rec­ta ao or­de­na­dor, agra­de­cen­do que na ca­sa ti­ve­se un, con co­ne­xión a In­ter­net e con im­pre­so­ra dis­po­ñi­ble pa­ra po­der fa­cer o trá­mi­te. Pen­sei en to­da esa xen­te á que lle fal­ta co­mo mí­ni­mo un dos ele­men­tos... Es­tán obri­ga­dos a pa­gar un xes­tor que os guíe. Tar­dei un par de ho­ras en cum­pri­men­tar o de­van­di­to mo­de­lo, con­sul­tan­do dú­bi­das e vi­sua­li­zan­do tu­to­riais en In­ter­net de xen­te que se apia­da dos que non do­mi­na­mos o idio­ma xu­rí­di­co-fa­cen­dil. Pe­ro con­se­guín re­ma­tar. Xa son me­dio fun­cio­na­ria de Fa­cen­da! A iso se re­fe­ri­ren co de que so­mos to­dos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.