«Eu criei­me na praia do Mil­ho­mes»

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Al Sol -

Co pa­so dos anos cam­biou a praia da súa in­fan­cia po­lo Ca­rrei­rón.

—¿Es de ría ou de mar?

—De mar sem­pre. Eu son da Illa de Arou­sa de to­da a vi­da. Que te­mos un­ha ca­sa alí. Eu criei­me na praia do Mil­ho­mes.

—No­tas di­fe­ren­za dos teus ve­ráns de ne­nez cos de ago­ra?

—Ho­me! Aquí non ha­bía co­ches, non ha­bía xen­te, non ha­bía nin­guén nas praias. Non ha­bía nin es­tra­das as­fal­ta­das. A Illa de Arou­sa era ab­so­lu­ta­men­te un lu­gar fan­tás­ti­co. Ago­ra se­gue es­tan­do moi ben, pe­ro hai moi­to máis mo­ve­men­to, máis xen­te.

—Cal é o teu re­cun­cho pre­fe­ri­do?

—De pe­queno era a praia de Mil­ho­mes. Pe­ro ago­ra non saío do Ca­rrei­rón, que é un es­pa­zo na­tu­ral si­tua­do na par­te sur da Illa de Arou­sa.

—Con­se­gues po­lo ve­rán? des­co­nec­tar

—Eu desconecto bas­tan­te. Sem­pre an­do fa­cen­do al­gun­ha tra­pa­lla­da

—Co­mo está sen­do es­te ve­rán?

—Pois moi bo. Co te­ma do cam­bio cli­má­ti­co ago­ra ape­nas hai días nos que fa­ga mal tem­po. Pe­ro a peor par­te dis­to le­va­ra­na os no­sos fi­llos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.