Un gai­tei­ro de Ca­ni­do pa­ra o mun­do en­tei­ro

Ga­li­cia per­de un­ha das fi­gu­ras cen­trais da mú­si­ca tra­di­cio­nal, un ar­tis­ta que bri­llou á vez co­mo lut­hier e co­mo in­tér­pre­te

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - RA­MÓN LOU­REI­RO

A mor­te, que sem­pre gol­pea sen pie­da­de pe­ro que ás ve­ces po­de che­gar a ser dun­ha cruel­da­de ex­tre­ma, aca­ba de fa­cer ago­ra que Ga­li­cia vol­va ser aín­da máis pe­que­na. An­tón Va­re­la, To­ne­cho, gai­tei­ro de for­ma­cións len­da­rias co­ma Os Cem­pés, Ra­pa­ri­gos e Be­rros do Cas­tro, ade­mais de lut­hier dun­ha ex­cep­cio­nal de­li­ca­de­za, ca­paz de con­ver­ter ca­da ins­tru­men­to saí­do do seu ta­ller nun­ha obra de ar­te ab­so­lu­ta­men­te úni­ca, fa­le­ceu on­te, can­do aca­ba de saír á luz o seu úl­ti­mo dis- Ca­tá­lo­go de sons: un­ha gra­va­ción na que, pres­cin­din­do de to­do can­to é su­per­fluo, ca­mi­ña­ba, coa lu­mi­no­si­da­de e o pa­so fir­me dun au­tén­ti­co mes­tre, po­la ver­da­dei­ra esen­cia de crea­ción, que na ar­te é o que na­ce des­ti­na­do a exis­tir pa­ra sem­pre.

Era, To­ne­cho, un ho­me dun­ha bon­da­de e dun­ha xe­ne­ro­si­da­de in­fi­ni­tas. E iso con­vén fa­ce­lo cons­tar, ta­mén, por to­da a gran­de­za que ha­bi­ta esa ma­nei­ra de es­tar no mun­do, por com­ple­to in­fre­cuen­te. Na­ce­ra, no ano 1957, no ba­rrio fe­rro­lán de Ca­ni­do, na rúa Ín­sua, que en ver­da­de era tal (un­ha au­tén­ti­ca illa, aín­da que non es­ti­ve­se pe­ga­da ao mar: un­ha illa en te­rra, un mun­do en­tei­ro...), un lu­gar no que as por­tas das ca­sas sem­pre es­ta­ban aber­tas. Le­vou den­tro de si, ata o fi­nal, ese mun­do da in­fan­cia: ese Ca­ni­do que era, ao mes­mo tem­po que un lu­gar cheo de hor­tas no que se­guía vi­va a esen­cia das ve­llas cul­tu­ras ru­rais, o ba­rrio si­tua­do no pun­to máis al­to de Fe­rrol, da ci­da­de ilus­tra­da que, á bei­ra do océano, cons­truía in­men­sos bar­cos.

Tra­ba­lla­dor do sec­tor na­val

O pro­pio To­ne­cho ta­mén foi, de fei­to, du­ran­te un­ha par­te moi im­por­tan­te da súa vi­da, tra­ba­lla­dor do sec­tor na­val, co­ma tan­tos e tan­tos dos seus ami­gos. Tra­ba­lla­dor de Ba­zán e, an­tes di­so, de Co­rreos. Pe­ro dei­xou to­do pa­ra con­cen­trar­se na mú­si­ca, que era a súa ver­da­dei­ra vo­ca­ción. Pres­cin­diu da se­gu­ri­da­de dun tra­ba­llo fi­xo pa­ra for­mar­se, co­mo lut­hier, á bei­ra do pa­triar­ca da fa­mi­lia Sei­va­ne. E o seu ta­ller da rúa San Fran­cis­co, en Fe­rrol Ve­llo, moi cer­ca do por­to, aca­bou por con­ver­ter­se nun cen­tro de pe­re­gri­na­ción no que se da­ban ci­ta gai­tei­ros de to­dos os paí­ses. Ho­xe, as súas gai­tas —co­ma a súa mú­si­ca— es­tán por me­dio mun­do, por non di­cir que no mun­do en­tei­ro. O seu pai, fe­rro­lán, ho­me de fir­mes con­vic­cións e bo­co, xea­dor afec­cio­na­do, fo­ra re­pre­sa­lia­do po­lo seu pen­sa­men­to re­pu­bli­cano. A súa nai, che­ga­da a Fe­rrol des­de Iri­xoa, era un­ha mu­ller dun­ha do­zu­ra in­fi­ni­ta. Am­bos os dous se­gui­ron vi­vin­do, tras mar­char ao que nós cha­ma­mos mor­te, no seu fi­llo, que era co­ma eles. E ago­ra, aos 61, To­ne­cho mar­chou a on­de eles es­tán. Pe­ro non nun día cal­que­ra, se­nón un 25 de xu­llo. O Día de Ga­li­cia. Pa­ra to­car, eter­na­men­te, no Río Bran­co do Fir­ma­men­to: en­tre as es­tre­las.

A. MAN­SO

An­tón Va­re­la, «To­ne­cho», du­ran­te a gra­va­ción dun do­cu­men­tal pa­ra un­ha te­le­vi­sión xa­po­ne­sa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.