Tu­ris­mo ao re­dor dun muí­ño de río

A pa­re­lla amó­sa­lle aos vi­si­tan­tes co­mo se moe a fariña coa for­za da au­ga

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Bazbanza - PAU­LA RI­VEI­RO / M. X. B.

Ma­ris­queo, ela­bo­ra­ción de na­sas ou o fun­cio­na­men­to dun muí­ño de río son al­gun­has das ac­ti­vi­da­des que máis atraen aos vi­si­tan­tes que eli­xen a co­mar­ca pa­ra pa­sar as súas va­ca­cións de ve­rán. Fai xa va­rios anos que o de­par­ta­men­to de Tu­ris­mo do Con­ce­llo de Boi­ro or­ga­ni­za vi­si­tas pa­ra dar vi­si­bi­li­da­de aos ofi­cios tra­di­cio­nais. Gra­zas á ini­cia­ti­va Pa­séa­te con nós, os xu­bi­la­dos com­par­ten os seus co­ñe­ce­men­tos e exer­cen co­mo guías pa­ra os fo­ras­tei­ros. Un­ha pro­pos­ta coa que se pre­ten­de, ade­mais da im­pli­ca­ción dos maio­res, o desen­vol­ve­men­to tu­rís­ti­co do mu­ni­ci­pio.

Es­te la­bor é o que le­van a ca­bo Ma­ría Rey e o seu ma­ri­do, Jo­sé Gar­cía, que son os en­car­ga­dos de ex­pli­car o fun­cio­na­men­to dun muí­ño de río en Bea­lo. «É a pri­mei­ra vez que eu co­la­bo­ro, xa que es­te ano o meu ma­ri­do non po­de», co­men­ta Ma­ría. Os luns, en­tre as on­ce e as do­ce da ma­ñá, amo­san aos in­tere­sa­dos que se quei­ran ache­gar ata as in­me­dia­cións do río cal é o pro­ce­so que se se­guía an­ti­ga­men­te pa­ra fa­cer fariña coa for­za da au­ga.

Na vi­da ru­ral, a ta­re­fa de moer o gran era un­ha das máis la­bo­rio­sas. É por iso que co­me­zou a em­pre­gar­se a ener­xía hi­dráu­li­ca pa­ra fa­ce­la máis sin­xe­la e apa­re­ce­ron así os muí­ños de río. O que hai en Bea­lo é un dos moi­tos es­pa­lla­dos po­la co­mar­ca, pe­ro dos pou­cos que se­gue en fun­cio­na­men­to na ac­tua­li­da­de. É co­mu­ni­ta­rio e per­ten­ce aos ve­ci­ños da zo­na, que aín­da o em­pre­gan can­do pre­ci­san ob­ter fariña. «Ca­da vez a xen­te ten me­nos ani­mais na ca­sa, po­lo que moe me­nos», re­co­ñe­ce Rey.

A súa vin­cu­la­ción coa pro­fe­sión de mui­ñei­ro é her­da­da. Gar­cía era o en­car­ga­do de aten­der o muí­ño, un co­me­ti­do que xa rea- li­za­ba seu pai e que ago­ra fan os seus ne­tos. Ma­ría Rey está ta­mén moi fa­mi­lia­ri­za­da co tra­ba­llo: «Te­mos ani­mais e pre­ci­sa­mos ir moer». É por iso que ago­ra son os en­car­ga­dos de mos­trar os seus co­ñe­ce­men­tos, e de con­tar as súas anéc­do­tas, aos fo­ras­tei­ros in­tere­sa­dos en sa­ber máis so­bre un­ha ac­ti­vi­da­de pro­pia da his­to­ria de Ga­li­cia.

Fun­cio­na­men­to do muí­ño

Ade­mais das pe­zas que o con­for­man ou as téc­ni­cas de fun­cio­na­men­to, Ma­ría mós­tra­lles co­mo se co­lo­ca o gran e cal é o pro­ce­so que se­gue ata que fi­nal­men­te aca­ba con­ver­ti­do en fariña. «Le­va­mos al­go de mi­llo pa­ra que ve­xan co­mo se moe, xa que é o que máis lles gus­ta», co­men­ta Rey. As vi­si­tas du­ran arre­dor dun­ha ho­ra e ade­mais das ins­ta­la­cións, po­den ver os arre­do­res, on­de está a pre­sa de au­ga que pón o muí­ño

en fun­cio­na­men­to.

Es­ta au­ga que se pre­ci­sa pa­ra po­ñe­lo en fun­cio­na­men­to quí­ta­se­lle pa­ra evi­tar pe­ri­gos e vol­ve­se a bo­tar ca­da vez que al­guén que­re moer. Un la­bor que Ma­ría Rey non po­de rea­li­zar, pe­ro «sem­pre hai al­guén que ve­ña co­mi­go e me axu­de». Po­lo mo­men­to so exer­ceu co­mo guía un­ha vez, pa­ra un gru­po de ra­pa­ces con di­ver­si­da­de fun­cio­nal, pe­ro sem­pre que ha­xa in­tere­sa­dos, chá­ma­na da ofi­ci­na de tu­ris­mo e ela vai ata o muí­ño pa­ra con­tar­lle aos tu­ris­tas to­do o que sa­be.

Di­ver­si­da­de de ac­ti­vi­da­des

«Co­mo é dos pou­cos que se­gue fun­cio­nan­do, á xen­te que non é de aquí chá­ma­lle a aten­ción», afir­ma. As vi­si­tas co­me­za­ron o 10 de xu­llo e está pre­vis­to que con­ti­núen ata o 15 de se­tem­bro. A ini­cia­ti­va Pa­séa­te con nós con­ta con di­ver­sas op­cións pa­ra ca­da día da se­ma­na. To­dos aque­les in­tere­sa­dos nal­gun­ha vi­si­ta so te­ñen que di­ri­xir­se á ofi­ci­na de tu­ris­mo do Con­ce­llo de Boi­ro pa­ra fa­cer a ins­cri­ción. Un­ha gran opor­tu­ni­da­de pa­ra sa­ber máis so­bre o mu­ni­ci­pio da man dos no­sos maio­res.

CAR­ME­LA QUEI­JEI­RO

O muí­ño é dos pou­cos que se­gue en fun­cio­na­men­to, e Ma­ría e Jo­sé aín­da o em­pre­gan.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.