Ex­per­tos vin­cu­lan la he­rál­di­ca de la ría de Arou­sa con la si­re­na que usó Cas­te­lao pa­ra el es­cu­do ga­lle­guis­ta

O sím­bo­lo usa­do por Cas­te­lao pa­ra crear o es­cu­do ga­le­guis­ta pro­vén da he­rál­di­ca de fa­mi­lias se­ño­riais a am­bos la­dos da ría

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Galicia - ANTÓN PA­RA­DA

É com­pli­ca­do ato­par a un ga­le­go ao que lle re­sul­te alleo o em­ble­ma que Cas­te­lao re­pro­du­ci­ra e que lo­grou agru­par á es­quer­da ga­le­guis­ta e na­cio­na­lis­ta, re­pre­sen­tán­doa en torno a esa re­vo­lu­cio­na­ria fra­se de: «De­nan­tes mor­tos que es­cra­vos» e que ro­dea a un­ha se­rea. Sen em­bar­go, moi­tos pre­gun­ta­ran­se cál é a his­to­ria de­sa mí­ti­ca per­so­na­xe mi­to­ló­xi­ca e a vin­cu­la­ción que man­tén con Ga­li­cia. Dá­se a ca­sua­li­da­de de que es­ta pro­vén da he­rál­di­ca de va­rias fa­mi­lias se­ño­riais que es­ti­ve­ron asen­ta­das aos dous la­dos da ría de Arou­sa, un anaco da tra­di­ción que per­du­ra nos no­sos días gra­va­da na pe­dra de pa­zos e igre­xas des­te te­rri­to­rio.

Os ape­li­dos aos que se lle de­be a ori­xe des­te es­cu­do e que le­van apa­re­lla­dos a se­rea á tra­di­ción fa­mi­liar co­rres­pón­den­se cos Ma­ri­ño e cos Ma­ri­ño de Lo­bei­ra, con abun­dan­tes pro­pie­da­des nas co­mar­cas de Barbanza e do Sal­nés, o que aca­bou por dei­xar un­ha pe­ga­da constante des­ta per­so­na­xe mi­to­ló­xi­ca nas prin­ci­pais vi­las ma­ri­ñei­ras, que o his­to­ria­dor e di­rec­tor do Mu­seo Valle-In­clán de A Po­bra, An­to­nio Gon­zá­lez, acer­ta a des­cri­bir afir­man­do que, sen nin­gun­ha dú­bi­da, «a se­rea é a se­ño­ra das Rías Bai­xas».

O an­te­ce­den­te máis an­ti­go que Gon­zá­lez ato­pou na zona des­can­sa no con­xun­to es­cul­tó­ri­co da fa­cha­da de To­rre Ber­mú­dez, con­cre­ta­men­te do ano 1540 —hai ou­tro do sécu­lo XVIII no pa­zo do Cou­to—. Nos dous me­da­llóns su­pe­rio­res apa­re­cen re­pre­sen­ta­das un se­reo e un­ha ne­rei­da, que no pa­sa­do che­ga­ron a ser do­cu­men­ta­das a tra­vés dos de­bu­xos de Car­los Gar­cía Ba­yón e que o crea­dor do es­per­pen­to re­co­lle a tra­vés da re­fe­ren­cia a un­ha len- da nas Comedias Bár­ba­ras. Non obs­tan­te, o res­pon­sa­ble des­ta sa­la de ex­po­si­cións apun­ta que se tra­ta dun sím­bo­lo que xa con­ta con ca­sos an­te­rio­res, como por exem­plo «o máis em­ble­má­ti­co», que se ato­pa no pór­ti­co da fa­cha­da de Pra­te­rías da Ca­te­dral de San­tia­go, tras ser tras­la­da­do da de Aci­be­che­ría no s. XVIII, tal e como re­co­lle o Có­di­ce Ca­lix­tino.

As re­pre­sen­ta­cións das se­reas es­pá­llan­se por to­do a con­tor­na con va­rios pun­tos esen­ciais. En Pon­te­ve­dra iden­ti­fi­cá­ron­se ca­sos en Cun­tis, aín­da que o máis co­ñe­ci­do é o do pa­zo de Fe­fi­ñáns, en Cam­ba­dos. En Ri­bei­ra ató­pan­se mos­tras no pa­zo ur­bano de Ote­ro Go­ya­nes, na súa fa­cha­da e nos de­ta­lles das vi­drei­ras.

É ne­ce­sa­rio des­ta­car os ca­sos boi­ren­ses, con es­pe­cial in­ci­den­cia no pa­zo de Goiáns, on­de se asen­tou un­ha pó­la fa­mi­liar dos Ma­ri­ño —no xar­dín tra­sei­ro que­da en pé un­ha es­ta­tua de­te­rio­ra­da— e na igre­xa de San­tia­go de Lam­pón. Pre­ci­sa­men­te, es­ta úl­ti­ma ten es­pe­cial re­le­van­cia por con­tar con ata tres se­reas que se ato­pan no fri­so da por­ta­da prin­ci­pal, na par­te tra­sei­ra e no re­ta­blo maior do in­te­rior.

Cos To­rra­do

O ca­so rian­xei­ro ta­mén é fun­da­men­tal, xa que en­tron­ca coa fa­mi­lia dos To­rra­do, que á súa vez gar­dan pa­ren­tes­co cos Ma­ri­ño. A in­ves­ti­ga­do­ra Na­ti­vi­dad Rey si­túa va­rias se­reas nes­te mu­ni­ci­pio, como é a do pa­zo de Asa­dos e pos­te­rior­men­te coa ca­pe­la dos De­sam­pa­ra­dos en Brión, na pa­rro­quia de Lei­ro, am­bas per­ten­cen­tes a es­ta fa­mi­lia.

O cer­to é que o tra­ba­llo de cam­po rea­li­za­do por Rey per­mi­tiu­lle se­guir a pista des­te em­ble­ma ata Ou­ren­se. A rian­xei­ra ato­pou es­te sím­bo­lo na en­co­men­da da or­de de San Xoán de Xe­ru­sa­lén, en Bea­de. Tras con­tras­tar do­cu­men­tos con tes­te­mu­ñas per­soais, des­cu­briu que un des­cen­den­te dos Goiáns e dos Sou­to­maior en Rian­xo, Frei Ares Ló­pez de Fan­di­ño, le­vou a se­rea a Ou­ren­se e, máis tar­de, ata a igre­xa sal­man­ti­na de San Pe­dro en Pa­ra­di­nas de San Juan, on­de ta­mén exer­ceu de co­men­da­dor.

FOTOS: C. QUEIJEIRO

No con­xun­to po­bren­se de To­rre Ber­mú­dez hai dúas.

No tem­plo de San­tia­go de Lam­pón ven­se ata tres des­tas re­pre­sen­ta­cións.

O re­le­vo na igre­xa rian­xei­ra de San Xosé da Flo­res­ta lo­ca­lí­za­se na fa­cha­da.

O his­to­ria­dor Car­los Gar­cía Ba­yón xa do­cu­men­ta­ra as se­reas da Po­bra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.