A me­ta­de dos tex­tos lés­bi­cos da Eu­ro­pa me­die­val son en ga­le­go

Car­los Ca­llón afon­da na ho­mo­se­xua­li­da­de no tro­ba­do­ris­mo

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - TA­MA­RA MON­TE­RO

San­cha e Ma­ría vi­vi­ron na rúa da Moe­da Ve­lla, a ca­rón dun­ha ca­te­dral com­pos­te­lá con fa­cha­da me­die­val. San­cha e Ma­ría vi­vi­ron xun­tas. Por­que eran pa­re­lla. San­cha e Ma­ría son un ca­so úni­co en Eu­ro­pa. A úni­ca pa­re­lla lés­bi­ca da Ida­de Me­dia da que se co­ñe­cen os no­mes. Non por­que as cas­ti­ga­ran por amar­se. Se­nón por­que lles de­di­ca­ron os ver­sos dun­ha can­ti­ga.

Como o de San­cha e Ma­ría, hai máis ca­sos. Aín­da que anó­ni­mas nas súas pro­ta­go­nis­tas —di­cía Vir­gi­na Woolf que na mei­ran­de par­te da his­to­ria, «anó­ni­mo» é un­ha mu­ller— ata ho­xe te­ñen che­ga­do máis tex­tos do tro­ba­do­ris­mo con te­má­ti­ca ho­mo­se­xual. Car­los Ca­llón amo­reou un bo fei­xe de no­tas á mar­xe e ao pé das pá­xi­nas dos es­tu­dos dou­tros in­ves­ti­ga­do­res pa­ra a súa te­se, coa que ob­ti­vo a se­ma­na pa­sa­da a má­xi­ma cua­li­fi­ca­ción e a tra­vés da que des­cu­briu que dos pou­co máis de vin­te tex­tos de to­das as li­te­ra­tu­ras me­die­vais que fa­lan de les­bia­nis­mo, a me­ta­de es­tán es­cri­tos en ga­le­go. Un­ha du­cia. Son pou­cos, é cer­to. Pe­ro é que «a di­fe­ren­za da ho­mo­se­xua­li­da­de mas­cu­li­na, a fe­mi­ni­na es­tá moi in­fluí­da po­la mi­so­xi­nia», ex­pli­ca o dou­tor en Fi­lo­lo­xía. Así que hai máis ocul­ta­ción.

Ne­sa du­cia ta­mén es­tá a com­po­si­ción de Pe­dro Ea­nes So­laz Di­zia la ben-tal­ha­da, un­ha can­ti­ga de ami­ga que su­friu un cambio de xé­ne­ro. Re­pa­sou Ca­llón to­das as edi­cións, den­de o sécu­lo XIX, dun­ha can­ti­ga que era de ca­rác­ter lés­bi­co. Os edi­to­res, un tras ou­tro, mu­dá­ran­lle os pro­no­mes pa­ra fa­ce­la he­te­ro­se­xual e on­de ha­bía un «a», apa­re­cía un «o».

Non é un ca­so úni­co. Fala Car­los Ca­llón de que Nuno Por­co com­pu­xo un­ha can­ti­ga de ami­go na que a pa­la­bra na­mo­ra­do se mu­dou por na­mo­ra­da. Pe­ro da Ponte fa­la­ba na súa com­po­si­ción sa­tí­ri­ca das quei­xas dun ho­me po­la in­sis­ten­cia dun pre­ten­den­te e usa­ba a pa­la­bra guar­da­do. Que lo­go mu­dou en guar­da­da.

De es­car­nio é a can­ti­ga de Pe­ro da Ponte, como de es­car­nio son a mei­ran­de par­te das can­ti­gas me­die­vais con te­má­ti­ca ho­mo­se­xual. Ago­ra ben, ta­mén acon­te­ce que as len­tes do pre­xuí­zo actual ás ve­ces fan ler cou­sas que, en reali­da­de, non es­tán nos tex­tos, como crí­ti­cas ao les­bia­nis­mo que poi­da que non o se­xan, ou as que se to­ma­ron como crí­ti­cas á ho­mo­se­xua­li­da­de que só afean o rol se­xual pa­si­vo, xa que «mes­mo hai un­ha vi­sión po­si­ti­va nal­gúns ca­sos de ho­mes que man­te­ñen un rol ac­ti­vo, pois a súa vi­ri­li­da­de non se po­ría en cues­tión». E a crítica, de to­dos os xei­tos, «non é como a que se for­mu­la nos tex­tos re­li­xio­sos e le­xis­la­ti­vos, que na mes­ma épo­ca pe­dían o asa­si­na­to», men­tres as can­ti­gas se po­den con­si­de­rar «un­ha crítica en­tre co­le­gas».

Pre­xuí­zo, po­rén, hai. Moi­tos que se te­ñen man­ti­do du­ran­te mil anos. Os mes­mos que hai ho­xe: eles non son vi­rís. Elas son un­has vi­cio­sas. Por­que «can­san dos ho­mes e aín­da non es­tán sa­cia­das».

As can­ti­gas que fa­lan de re­la­cións in­ter­mas­cu­li­nas úsan­se como ar­ma po­lí­ti­ca. «Un dos máis cri­ti­ca­dos é un­ha fi­gu­ra que os in­ves­ti­ga­do­res iden­ti­fi­ca­ron como o lí­der dos no­bres ga­le­gos que se es­ta­ban re­be­lan­do con­tra Al­fon­so X, Es­te­ban Fer­nán­dez de Cas­tro. Di­cían que non po­día go­ber­nar por­que era so­do­mi­ta». Era un pe­ca­do que non ha­bía que pro­bar. E usou­se con­tra os cá­ta­ros, con­tra a or­de do Tem­ple. E ata con­tra Xoa­na, a Bel­tra­ne­xa.

«DI­zia la ben-tal­ha­da» é un­ha can­ti­ga de Pe­dro Ea­nes So­laz á que se lle mu­da­ron os pro­no­mes pa­ra ago­char o seu ca­rác­ter lés­bi­co.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.