Azú­car

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Galicia - Xosé Car­los Ca­nei­ro

Adou­to­ra Lui­sa Va­lla­da­res dí­xo­lle ao no­so Pa­co Ma­ri­ló que ti­ña o azú­car un pou­co al­to. A ma­la ho­ra. Den­de ese día fu­nes­to to­do cam­biou na cua­dri­lla. É un ago­bio constante. Se imos a un bar e nos po­ñen un pin­cho de deseño, o Ma­ri­ló pre­gun­ta: «¿Non le­va­rá moi­to azú­car?». Os que non o co­ñe­cen mi­ran con ollos per­di­dos. Os co­ñe­ci­dos bo­tan a rir. Pe­ro Pa­co non ri. Se­rio, nun­ca es­ti­vo tan­to. El, aman­te da ca­lor e dos me­ses cá­li­dos (que ca­san cun bran­co ben frío), an­da ape­sa­dum­bra­do po­las rúas de Ve­rín. El, que se bur­lou to­da a vi­da das mi­ñas múl­ti­ples e fic­ti­cias en­fer­mi­da­des, xa non me cha­ma «hi­po­con­dría­co». El, o maior de­fen­sor dos vi­ños bran­cos de Mon­te­rrei, em­pe­zou a be­ber tin­to. Nin­gún da cua­dri­lla po­de com­pren­de­lo. Can­do eu pe­día tin­to, o Ma­ri­ló bo­ta­ba a rir: «Ou­tro que pen­sa que o tin­to bai­xa o co­les­te­rol, ja ja ja», di­cía­me con sor­na. Se en­tra­mos a un bar e so­mos seis, el adián­ta­se e di: «Cin­co bran­cos de Mon­te­rrei e un tin­to pa­ra o poe­ta, ja ja ja, que ten an-tio-xi-dan-tes». Eu sem­pre o to­mei a bro­ma. Pa­co ri, eu río. Pe­ro ago­ra non ri o no­so Ma­ri­ló. Ata com­prou un apa­re­llo di­mi­nu­to co que se pin­cha can­do vai ao baño. Des­cu­brino de ca­sua­li­da­de es­te luns. Coin­ci­di­mos no ser­vi­zo e vin que es­ta­ba a mi­rar un ar­ti­lu­xio. «Que fas, Pa­co?». Non me con­tes­tou e saíu co­rren­do do baño. Na terraza, sen que­rer, caeu o apa­re­llo do seu pe­to. Eu se­guía sen sa­ber qué era aquel dis­po­si­ti­vo. Ja­vier Ochoa, an­tes de que eu pre­gun­ta­se, in­te­rro­gou: «Pa­co, ¿es­te mo­ni­tor de glu­co­sa es tu­yo?». ¡Que pa­la­bras ra­ras pro­nun­cia o no­so Ja­vier! ¿Mo­ni­tor de glu­co­sa? Non son o úni­co hi­po­con­dría­co da cua­dri­lla, pen­sei. E ta­mén pen­sei que al­gun­ha vez al­guén nos di­xo que o bran­co ti­ña máis azú­car có tin­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.