¿Por que en­tre­gar­lle ao po­bo un signo pro­pio da cla­se do­mi­nan­te?

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia -

O aca­dé­mi­co da RAG Xosé Luis Axei­tos ana­li­zou os fac­to­res que pui­de­ron le­var a Cas­te­lao a adop­tar a he­rál­di­ca das dúas gran­des fa­mi­lias se­ño­riais da ría de Arou­sa como un sím­bo­lo que re­pre­sen­ta­se a Ga­li­cia. Pa­ra el pri­ma a in­fluen­cia da na­tu­re­za ma­ri­ñei­ra do seu Rian­xo na­tal, un piar que, xun­to á re­pre­sen­ta­ción da fou­ce que lle en­ga­de, to­ca as dúas ac­ti­vi­da­des eco­nó­mi­cas prin­ci­pais da te­rra: a pes­ca e a agri­cul­tu­ra.

«A pro­cu­ra da cons­tru­ción po­lí­ti­ca es­tá en­ce­rra­da na me­tá­fo­ra dese sim­bo­lis­mo, do mis­te­rio da fi­gu­ra e das len­das en torno a ela», in­di­ca Axei­tos pa­ra afon­dar no que des­cri­be como «a in­ter­na­li­za­ción da se­rea dos Ma­ri­ño». En re­su­mo, Cas­te­lao re­co­lleu un sím­bo­lo que se re­pe­tía con fre­cuen­cia pa­ra con­ver­te­lo nun ele­men­to de uni­da­de.

O pa­zo ur­bano de Ote­ro Go­ya­nes en Ri­bei­ra ta­mén re­co­lle a sim­bo­lo­xía.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.