Pe­dra á vis­ta, non gra­zas

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - Car­los F. Co­to

Mroi­ta xen­te re­pi­ca as fa­cha­das de pe­dra das casas ve­llas e déi­xa­na á vis­ta, per­fi­lán­doa con mor­tei­ros e bo­tán­do­lle un pro­du­to «má­xi­co» de pro­tec­ción. Non é máis que un­ha mo­da, un­ha ma­la prác­ti­ca cons­tru­ti­va si­mi­lar á de qui­tar­nos a pel do cor­po e dei­xar os múscu­los á vis­ta. Pen­san que un­ha casa tra­di­cio­nal coa pe­dra pe­que­na á vis­ta é máis co­ol que o que real­men­te é tra­di­cio­nal: dei­xar a can­te­ría que arro­dea as por­tas e xa­ne­las e re­cu­brir o res­to con mor­tei­ro de cal. Real­men­te, as fa­cha­das nas que se po­de dei­xar a pe­dra á vis­ta son as igre­xas ou os pa­zos, que te­ñen as súas fa­cha­das de can­te­ría.

Pe­ro non é un­ha cues­tión es­té­ti­ca, se­nón cons­tru­ti­va. O mor­tei­ro que se in­tro­du­ce en­tre as pe­dras é in­com­pa­ti­ble coas pro­pias pe­dras, o ce­men­to e a pe­dra xun­tos son di­vor­cio se­gu­ro por­que te­ñen dis­tin­to coe­fi­cien­te de di­la­ta­ción e aca­ba rom­pen­do un dos dous, nor­mal­men­te o ce­men­to, e esas fen­das son un­ha vía per­fec­ta de en­tra­da de au­ga ao in­te­rior do mu­ro.

Un­ha fa­cha­da re­ves­ti­da de cal é un­ha pel que des­vía a au­ga da chu­via, pre­ser­van­do a súa su­per­vi­ven­cia. O cal, ade­mais, ab­sor­be a hu­mi­da­de e ex­púl­saa can­do dei­xa de cho­ver. O ce­men­to ab­sor­be a au­ga e man­tén o grao de hu­mi­da­de. Moi­tos cons­tru­to­res te­ñen moi­ta fe no «pro­du­to má­xi­co» que lle bo­tan por fó­ra, que non du­ra máis alá de ca­tro anos, e que ade­mais é un im­permea­ble que fa­vo­re­ce a con­den­sa­ción in­te­rior e o de­te­rio­ro pro­gre­si­vo do mu­ro. Os mu­ros de ca­cho­ta­ría —os das casas que non son pa­zos nin igre­xas nin edi­fi­cios pú­bli­cos— é pa­ra re­ves­tir e pin­tar —de bran­co, por tra­di­ción—. Que non nos en­ga­nen, as mo­das es­tán ben pa­ra a rou­pa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.