As or­ques­tras

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Galicia - Cris­ti­na Pa­to

Ía con­du­cin­do por un­ha des­tas es­tra­das se­cun­da­rias nas que po­do ir ao meu pa­so, nas que a pré­sa non exis­te. Nas que o gan­do fai as ve­ces de se­má­fo­ro, e hai pan­car­tas de vo­das nos pos­tes da luz; nas que as pa­ra­das do bus son readap­ta­das pa­ra a reunión do sol­por, e nas que apa­re­cen de se­gui­do os fos­fo­ri­tos car­teis das fes­tas de cen­tos de al­deas que de­fi­nen os gus­tos de ca­da zo­na.

E con eses car­teis en­trou­me a mo­rri­ña, pois aín­da que na mú­si­ca hai cen­tos de lin­gua­xes, eses car­teis só ce­le­bran un­ha. E pen­sei que pa­ra os que des­fru­ta­mos dos cuar­te­tos de gai­tei­ros fa­cen­do pa­sa­co­rre­doi­ras, ou de bai­lar e can­tar coa cha­ran­ga na praza da vi­la, es­tes car­teis os fan in­vi­si­bles.

A pa­sa­da se­ma­na lía un ar­ti­go de opi­nión no que, en­tre ou­tras cou­sas, pe­dían un plan de apoio pa­ra que as dúas or­ques­tras de clá­si­ca de Ga­li­cia co­la­bo­ren pa­ra así aca­dar «un­ha pro­gra­ma­ción mu­si­cal óp­ti­ma en Ga­li­cia». A co­lum­na, «En de­fen­sa da Real Fil­har­mo­nía de Ga­li­cia», fí­xo­me re­fle­xio­nar so­bre as múl­ti­ples reali­da­des mu­si­cais que se vi­ven na no­sa te­rra, e so­bre o va­lor en­ga­di­do e o com­pro­mi­so so­cial de ca­da un­ha de­las.

E é que hai mun­dos mu­si­cais pa­ra­le­los que ás ve­ces pa­re­ce que non re­si­den na mes­ma so­cie­da­de. Gru­pos de gai­tei­ros que le­van a no­sa mú­si­ca a cen­tros de día, ao co­ra­zón da so­cie­da­de que nos fi­xo co­mo so­mos, fron­te a or­ques­tras de clá­si­ca que loi­tan por ache­gar­se a pro­xec­tos so­ciais pa­ra ten­tar mos­trar así o seu im­pac­to na so­cie­da­de. E sen dar­nos con­ta, as ou­tras or­ques­tras, as dos car­teis re­cha­man­tes, mol­dean sen des­can­so o son e o es­pí­ri­to dun­ha so­cie­da­de que, in­clu­so nos peo­res tem­pos, fa­cían dos Trin­tas de Tri­ves ou de Áu­rea Rodríguez os pro­ta­go­nis­tas, con maiús­cu­las, do car­tel do seu even­to do ano...

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.