Des­de Lou­ro ata o cu­mio do folk

A for­ma­ción par­ti­ci­pa­rá a se­ma­na que vén no pres­ti­xio­so Fes­ti­val In­ter­cél­ti­co de Lo­rient

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - M. X. BLAN­CO

O gran nú­me­ro de gru­pos que tra­tan de abrir­se ca­mi­ño con­fir­ma que Bar­ban­za é te­rra de mú­si­cos. De en­tre to­dos os pro­fe­sio­nais des­te sec­tor exis­ten­tes, hai un im­por­tan­te ba­ta­llón que loi­ta por man­ter as raí­ces fol­cló­ri­cas de Ga­li­cia. Nes­ta guerra es­tá mer­gu­lla­da des­de hai ca­se tres dé­ca­das Xi­mie­la, una agru­pa­ción xur­di­da en Lou­ro (Mu­ros). E no seu seo, ini­cia­ba a súa an­dai­na hai só un lus­tro un­ha ban­da de gai­tas que en breve to­ca­rá o ceo do folk, pois par­ti­ci­pa­rá no Fes­ti­val In­ter­cél­ti­co de Lo­rient.

A ci­ta que des­de hai 47 anos se ce­le­bra na ci­da­de fran­ce­sa de Lo­rient es­tá con­si­de­ra­da o fes­ti­val máis im­por­tan­te do mun­do no seu ei­do. Cal­cú­la­se, de fei­to, que en­tre os es­pec­ta­do­res que o se­guen en di­rec­to, po­la te­le­vi­sión e vía In­ter­net su­man pre­to dos se­te mi­llóns. O seu ob­xec­ti­vo é unir aos prin­ci­pais ex­po­ñen­tes da mú­si­ca fol­cló­ri­ca das de­no­mi­na­das na­cións cel­tas: Es­co­cia, Bre­ta­ña, Ir­lan­da, País de Ga­les, Illa de Man, Cor­nua­lles, As­tu­rias e Ga­li­cia. Com­ple­tan a re­la­ción a zo­na fran­có­fo­na de Ca­na­dá, Aus­tra­lia e No­va Ze­lan­da.

A ban­da de gai­tas de Xi­mie­la es­ta­rá re­pre­sen­tan­do a Ga­li­cia xun­to cun­ha for­ma­ción com­pos­te­lá, Can­ti­gas e Aga­ri­mos. Ao lon­go da in­ten­sa se­ma­na que a expedición de Lou­ro pa­sa­rá en Lo­rient es­tá pre­vis­to que con­tri­búa a ani­mar ca­tro des­fi­les, que par­ti­ci­pe en cin­co gran­des es­pec­tácu­los de­no­mi­na­dos Noi­tes In­ter­cél­ti­cas e que ofre­za dous con­cer­tos. Nin que di­cir ten que os mu­ra­dáns le­van xa un tem­po en­saian­do e te­ñen o seu re­per­to­rio ca­se lis­to: «To­do o que nós in­ter­pre­ta­mos é mú­si­ca tra­di­cio­nal de au­to­res ga­le­gos. Pa­ra es­ta oca­sión, pre­pa­ra­mos un te­ma da mú­si­ca bre­to­na, que se­rá o que pe­cha­rá os con­cer­tos», ex­pli­cou o di­rec­tor da for­ma­ción, Pa­blo Seoa­ne.

O res­pon­sa­ble da ban­da xa ten ex­pe­rien­cia na ma­te­ria, pois le­va na­da me­nos que 17 anos par­ti­ci­pan­do na gran ci­ta mu­si­cal, pri­mei­ro con­co­rren­do no cer­ta­me de gai­tei­ros e lo­go, co­mo in­te­gran­te dun gru­po folk: «Le­vo to­do es­te tem­po fa­lán­do­lles aos ra­pa­ces do fes­ti­val, do am­bien­te que se vi­ve e da im­por­tan­cia que ten. Por iso, to­do co­lle­ron a no­ti­cia da no­sa se­lec­ción con moi­ta ilu­sión», si­na­la.

Dous an­te­ce­den­tes

Non se­rá a pri­mei­ra vez que boa par­te dos co­ren­ta mú­si­cos que se des­pra­za­rán á ci­da­de fran­ce­sa vi­van un­ha ex­pe­rien­cia de ca­rác­ter in­ter­na­cio­nal. As gai­tas de Lou­ro xa soa­ron no 2014 e no 2016 en No­va York, con mo­ti­vo dos des­fi­les da His­pa­ni­da­de e de San Pa­tri­cio. Fo­ron pre­ci­sa­men­te os con­vi­tes que Xi­mie­la re­ci­bía os que mo­ti­va­ron a crea­ción da ban­da: «Mon­ta­mos a for­ma­ción hai cin­co anos pa­ra acu­dir ao fes­ti­val de Or­ti­guei­ra. Da­que­la era­mos 25 mú­si­cos, pe­ro o pro­xec­to foi in­do a máis», co­men­ta Pa­blo Seoa­ne.

Es­ta ban­da de gai­tas é un­ha pe­za máis do gran que­bra­ca­be­zas que con­for­ma Xi­mie­la, un­ha en­ti­da­de que agru­pa a un cen­to de per­soas cun ne­xo co­mún: a pai­xón po­lo fol­clo­re tra­di­cio­nal. Pa­blo Seoa­ne vo­ta a vis­ta atrás, ao pa­sa­do re­cen­te da agru­pa­ción, e non po­de evi­tar sen­tir­se or­gu­llo­so dos froi­tos re­co­lli­dos: «Sem­pre fo­mos a máis. Gra­va­mos un dis­co, edi­ta­mos un li­bro, sa­ca­mos á luz un DVD e mon­ta­mos o es­pec­tácu­lo A ru­ta do sal, que ti­vo moi boa aco­lli­da. Non po­do es­tar máis sa­tis­fei­to».

El e to­do o equi­po de Xi­mie­la an­sían se­guir su­man­do éxi­tos. Te­ñen, de fei­to, va­rios pro­xec­tos en men­te, pe­ro es­ta­rán en es­pe­ra ata que re­ma­te o ve­rán, xa que a se­lec­ción da ban­da de gai­tas pa­ra o Fes­ti­val de Lo­raint pro­pi­ciou un in­cre­men­to dos con­tra­tos pa­ra ac­tuar por to­da Ga­li­cia. Can­do o te­rre­mo­to es­ti­val quede atrás, a agru­pa­ción em­pe­za­rá a tra­ba­llar nun no­vo es­pec­tácu­lo, que es­trea­rá o vin­dei­ro ano.

CEDIDA

A for­ma­ción fol­cló­ri­ca de Lou­ro via­xou en dúas oca­sións á ci­da­de de No­va York.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.