A tos­ta e o «re­vuel­to»

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - Ma­nuel Ga­go

Si, hai un­ha ar­queo­lo­xía das car­tas de res­tau­ran­tes, de­tec­ta­ble po­los pra­tos de mo­da. A prin­ci­pios dos 80 des­apa­re­ce­ron a tor­ti­lla ao ron, e o cóc­tel de gam­bas só uns anos máis tar­de. E aín­da foi nos 70 can­do os no­sos ar­xen­ti­nos re­tor­na­dos ins­tau­ra­ron a pai­xón po­lo chu­rras­co nos seus fla­man­tes ne­go­cios hos­ta­lei­ros. As mo­das gas­tro­nó­mi­cas van e ve­ñen, aín­da que ao seu rit­mo. O ou­tro día pu­xé­ron­me pa­ra xan­tar un bu­rri­to de po­lo, que no canto de tor­ta em­pre­ga­ba un­ha fi­lloa. O pro­pie­ta­rio da ca­sa de xan­tar ex­pli­cou­me que iso de em­pre­gar fi­lloas pa­ra pra­tos sal­ga­dos era un­ha «mo­der­ni­da­de» que se lle oco­rre­ra á mu­ller.

Do mes­mo xei­to, po­de­mos di­cir que o «re­vuel­to» (ollo, hai que di­ci­lo en cas­te­lán, por al­gún mo­ti­vo non se de­be en­ten­der re­vol­to) en­trou nas ca­sas de xan­tar da no­sa cos­ta pro­ce­den­te de Com­pos­te­la a me­dia­dos dos anos 90, e as ago­ra om­ni­pre­sen­tes tos­tas des­de prin­ci­pios do 2000. Os dous pra­tos te­ñen tres cou­sas en co­mún: cus­te de pro­du­ción irri­so­rio, tem­po de ela­bo­ra­ción aín­da máis cur­to e un di­la­ta­do beneficio. ¿Quen non as vai ofre­cer?.

O sor­pren­den­te é que lo­cais no­vos con cer­tas as­pi­ra­cións si­gan a fa­cer tos­tas un­ta­das de quei­xo cre­ma in­dus­trial e re­vol­tos con co­gu­me­los en con­ser­va.

Así que o ou­tro día pro­pú­xen­lle rea­li­zar un­ha in­no­va­ción cu­li­na­ria a un ca­ma­rei­ro: «¿Por que non fa­ce­des un­ha tos­ta de ‘re­vuel­to’?». O ca­ma­rei­ro mi­rou­me in­có­mo­do e mar­chou.

Es­tou con­ven­ci­do de que po­lo ca­mi­ño ía pen­san­do: «Xa ve­ñen es­tes mo­der­nos a to­car­nos os fu­ci­ños».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.