«A Ga­li­cia fál­ta­lle un pro­xec­to po­lí­ti­co pro­pio que ca­na­li­ce o seu po­ten­cial»

O es­cri­tor re­cu­pe­ra «Un­ha du­cia de ga­le­gos», un li­bro de con­ver­sas que tes­te­mu­ña un tem­po que ho­xe é historia

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - XESÚS FRA­GA

O que hai co­ren­ta anos po­día ser con­xun­tu­ra ho­xe é historia. En 1976 un mo­zo xor­na­lis­ta en­tre­ga­ba un li­bro de con­ver­sas que cap­tou as in­quie­tu­des dun­ha Ga­li­cia que se aso­ma­ba á no­va xei­ra de­mo­crá­ti­ca e, ao tem­po que re­cu­pe­ra­ba un­ha historia si­len­cia­da, a do ga­le­guis­mo, dei­xa­ba pai­rar un­ha pre­gun­ta: ¿quen so­mos e ca­ra a on­de que­re­mos ir? Ho­xe o seu au­tor ten 65 anos e nes­te tem­po pu­bli­cou literatura e xor­na­lis­mo, foi pro­fe­sor e edi­tor e ago­ra é o pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga. Víc­tor F. Freixanes re­cu­pe­ra ese li­bro, Un­ha du­cia de ga­le­gos (Ga­la­xia), pa­ra un­ha no­va xe­ra­ción e un novo tem­po. Pre­sen­ta­ra­se na Fei­ra do Li­bro da Co­ru­ña o día 4 (20.30 ho­ras).

—¿Co­mo na­ceu es­te li­bro?

—Na­ceu dun­ha cu­rio­si­da­de per­soal e de gru­po, no en­torno aquel do Bur­go das Na­cións, en San­tia­go, on­de es­ta­ba­mos un gru­po de ami­gos e xen­tes moi va­ria­das, preo­cu­pa­dos por Ga­li­cia e o fu­tu­ro do país. Apa­re­ce­ran uns li­bros de con­ver­sas de Pá­ni­ker e Bal­ta­sar Por­cel e em­pe­za­mos a pre­gun­tar­nos, que pa­sa, ¿Ga­li­cia non exis­te? Is­to que cha­ma­mos nós o ga­le­guis­mo, Ga­li­cia, a na­ción, a lin­gua e a cul­tu­ra, Cas­te­lao e os exi­lia­dos, ¿is­to non exis­te? Pen­sei que po­día fa­cer un li­bro de xor­na­lis­mo, no que a tra­vés dun diá­lo­go ca­se so­crá­ti­co pre­gun­ta­se quen so­mos, de on­de vi­mos e a on­de que­re­mos ir, or­de­nan­do cro­no­lo­xi­ca­men­te o re­la­to a tra­vés de di­ver­sas fi­gu­ras, do máis ve­llo, Ote­ro Pe­dra­yo —a me­mo­ria do sécu­lo XIX e os ve­llos fi­dal­gos—, ata a xe­ra­ción an­te­rior á no­sa, a do 68. Que­ría via­xar a tra­vés da lin­gua e a cul­tu­ra, por­que en­ten­día que po­dían ser un de­no­mi­na­dor co­mún que aglu­ti­na­se re­xis­tros di­fe­ren­tes: eu pro­cu­ra­ba un­ha po­li­fo­nía, que to­do o mun­do non emi­ti­se no mes­mo re­xis­tro ideo­ló­xi­co ou vi­ven­cial, pe­ro que pui­de­sen ser re­pre­sen­ta­ti­vos do que es­ta­ba pa­san­do ni­so que cha­ma­mos o ga­le­guis­mo, que era o que nos in­tere­sa­ba na­quel mo­men­to.

—E ago­ra, ¿que se aca­dou e que que­dou po­lo ca­mi­ño?

—Te­ño a sen­sa­ción de que non con­se­gui­mos o so­ño que que­ría­mos. Non o con­se­gui­mos. Uns, por­que con­fun­di­mos os desexos coas reali­da­des, e ou­tros, por­que non sou­be­mos fa­cer po­lí­ti­ca. Por­que hai xen­te que con­fun­de a po­lí­ti­ca coa re­li­xión, que cren que a po­lí­ti­ca é crer o que non ve­mos, can­do a po­lí­ti­ca é un­ha fe­rra­men­ta pa­ra ir trans­for­man­do pou­co a pou­co a so­cie­da­de, coa so­cie­da­de ao la­do, con­ti­go, non ti a co­ren­ta qui­ló­me­tros alá arri­ba e que nin­guén sa­be quen es. Hai moi­tas per­soas, nas que nós, a no­sa xe­ra­ción, ti­ña­mos moi­ta ilu­sión ne­las e que non fo­ron arri­ba. Pe­ro non se tra­ta de re­pro­char na­da, por­que to­dos so­mos res­pon­sa­bles do mes­mo bar­co.

—Eduardo Blan­co Amor fa­la­ba dos seus pro­ble­mas eco­nó­mi­cos, por exem­plo. Ma­lia as ilu­sións que non se con­cre­ta­ron, hai ei­dos nos que se cam­biou moi­to...

—Moi­to, si. Pe­ro creo que a es­te país lle fal­ta un pro­xec­to po­lí­ti­co pro­pio, que ca­na­li­ce, es­tru­tu­re e po­ña en va­lor a enor­me ener­xía, o po­ten­cial enor­me do país, en to­dos os ám­bi­tos. Non só na literatura e no mun­do das ar­tes, da crea­ción cul­tu­ral, se­nón ta­mén a eco­no­mía, os re­cur­sos na­tu­rais, do sec­tor agro­pe­cua­rio, do vi­ño, tu­ris­mo. Es­te é un país cun­has po­si­bi­li­da­des ob­xec­ti­vas enor­mes. A to­do iso fál­ta­lle un dis­cur­so que nos ver­te­bre po­li­ti­ca­men­te e nos po­ña en va­lor fron­te a ou­tros. Aquí per­dé­mo­nos en dis­cu­sións, que se Eu­ro­pa si, Eu­ro­pa non, que se xo­gar den­tro do mar­co da Cons­ti­tu­ción es­pa­ño­la ou fó­ra, a or­to­gra­fía, a nor­ma­li­za­ción lin­güís­ti­ca... es­tas cou­sas fi­xé­ro­nos per­der moi­ta ener­xía. Pe­ro to­do é re­cu­pe­ra­ble, por­que un cre que o mun­do avan­za, as no­vas xe­ra­cións es­tán aí. Iso si, len­do o li­bro hai nel un­ha cer­ta me­lan­co­lía.

MAR­COS MÍ­GUEZ

Freixanes pu­bli­cou a pri­mei­ra edi­ción de «Un­ha du­cia de ga­le­gos» en 1976.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.