24 ho­ras de sol e de cien­cia con­ti­nua

O cien­tí­fi­co po­bren­se Xur­xo Gago re­gre­sa á ca­sa, tra­lo fin da cam­pa­ña no po­lo nor­te

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - XUR­XO GAGO

Creo que o co­me­zo des­ta cam­pa­ña cien­tí­fi­ca no Ártico foi das peo­res tec­ni­ca­men­te fa­lan­do. Es­ta es­tá cen­tra­da no es­tu­do eco­fi­sio­ló­xi­co das plan­tas in­va­so­ras ver­sus as plan­tas na­ti­vas do Al­to Ártico, no mar­co do cam­bio cli­má­ti­co nas Illas Sval­bard (78ºN, No­rue­ga), fi­nan­cia­do prin­ci­pal­men­te po­lo Fondo de Pro­tec­ción Me­dioam­bien­tal das illas. O equi­po con­for­má­mo­lo 7 per­soas, in­cluín­do o no­so co­le­ga bo­tá­ni­co Stein-Ru­ne do Ins­ti­tu­to No­rue­go do Nor­te.

Che­ga­mos a Long­yearb­yen, a cai­xa co ma­te­rial de la­bo­ra­to­rio que en­via­ra­mos un mes an­tes den­de Pal­ma aín­da non che­ga­ra, o no­so co­le­ga bo­tá­ni­co no­rue­go non se po­día in­cor­po­rar ao prin­ci­pio da cam­pa­ña por pro­ble­mas fa­mi­lia­res e aín­da por ri­ba eu de­tec­tei un erro cos equi­pos que uti­li­za­mos pa­ra me­dir a fo­to­sín­te­se, que que­da­ron inu­ti­li­za­dos ata no­vo avi­so. Así que aí es­tá­ba­mos dous maior­quíns, dous vas­cos, un­ha mur­cia­na e un ga­le­go —is­to pa­re­ce un chis­te— sen equi­pos e sen plan­tas pa­ra me­dir.

Ao se­gun­do día de che­gar tiña que dar un­ha char­la no Cen­tro Uni­ver­si­ta­rio, e si, é a uni­ver­si­da­de máis ao nor­te do mun­do. Pa­ra que vos fa­ga­des un­ha idea, es­ta fa­cul­ta­de pa­re­ce deseña­da po­los donos de Ikea, to­do en ma­dei­ra es­ti­lo es­can­di­na­vo, on­de os za­pa­tos déi­xan­se na por­ta, así que to­do o mun­do no cen­tro an­da­ba con cal­ce­tíns gor­dos de co­lo­res, co­ma se aqui­lo fo­se a al­dea de Da­vid O Gno­mo.

Ru­ti­na de fo­ler­pas

Den­de Trom­so, Stein-Ru­ne co­me­zou a man­dar­nos ma­pas cas coor­de­na­das GPS. A cues­tión é que moi­tos de­les eran bas­tan­te ve­llos, aín­da que mar­ca­ban que a maior par­te de in­va­so­ras que en­tra­ron nas Sval­bard foron po­lo tu­ris­mo (se­men­tes na rou­pa e nas bo­tas) e so­bre to­do po­las gran­xas de ani­mais e os pas­tos pa­ra ali­men­ta­los. Das tan só 180 es­pe­cies de plan­tas su­pe­rio­res das Sval­bard, nos po­bos máis gran­des po­de ha­ber máis de 30 es­pe­cies alóc­to­nas. E aquí ven a preo­cu­pa­ción xe­ne­ra­li­za­da: os eco­sis­te­mas dos po­los man­ti­vé­ron­se a sal­vo de es­pe­cies in­va­so­ras por­que ba­si­ca­men­te son de­ser­tos fríos e se­cos, con chans po­bres e re­du­ci­da ac­ti­vi­da­de hu­ma­na.

Aquí non se po­de cul­ti­var na­da, to­do hai que trae­lo de fó­ra, se vas ao su­per­mer­ca­do —dei­xas o ri­fle nun ar­mei­ro xa que non po­des en­trar con el—, mi­ra­de os pre­zos dos pro­du­tos: po­lo a 20 eu­ros o qui­lo, un pe­men­to mo­rrón 3 eu­ros, agua­ca­te a 12 eu­ros o qui­lo e un­ha bo­te­lli­ña de au­ga gla­ciar, uns 40 eu­ros. Os osos po­la­res tam­pou­co o te­ñen fá­cil nes­te lu­gar ex­tre­mo, de fei­to, nas rúas de Long­yearb­yen ven­se un­ha es­pe­cie de con­te­ne­do­res de fe­rro cun­has aber­tu­ras con di­fe­ren­tes no­mes. Cu­bos de li­xo an­ti-osos!

Cos ma­pas da zo­na e a po­si­ción GPS das es­pe­cies ob­xec­ti­vo, os com­pa­ñei­ros do País Vas­co Bea­triz Fer­nán­dez-Ma­rín e Na­cho Gar­cía-Pla­zao­la, e máis Ma­ría Jo­sé Cle­men­te e Ja­vier Gu­lías po­la no­sa uni­ver­si­da­de ba­lear, sa­can bri­llo dos seus co­ñe­ce­men­tos bo­tá­ni­cos e, a quen­das, Jau­me e máis eu de acom­pa­ñan­tes con ri­fles de vi­xía-osos fi­xe­mos que a cou­sa co­me­za­ra a ro­dar.

Lo­ca­li­za­mos e iden­ti­fi­ca­mos as es­pe­cies na­ti­vas máis re­pre­sen­ta­ti­vas da flo­ra ár­ti­ca, co­ma a Sa­xi­fra­ga op­po­si­ti­fo­lia, a plan­ta que flo­re­ce máis ao nor­te do mun­do e que che­ga ata 83ºN! Pa­tea­mos os po­bos, a tun­dra, mo­rre­nas gla­cia­res abai­xo e arri­ba, as zo­nas pan­ta­no­sas do co­me­zo dos fior­dos e ta­mén as ba­ses dos gla­cia­res; nes­ta zo­na con moi­to ollo, xa que ago­ra os osos po­la­res apren­de­ron a que son un bo si­tio de ca­za, pois que­dan moi­tos tém­pa­nos de xeo que as fo­cas pre­fi­ren pa­ra des­can­sar.

Da­das as condicións ex­tre­mas de tem­pe­ra­tu­ra, se­ca e es­ca­se­za de nu­trien­tes, a ve­xe­ta­ción na­ti­va non é moi pro­du­ti­va que di­ga­mos. Arri­má­mo­nos a un­ha cor­te de ca­ba­los que nos in­di­ca­ran que era un punto quen­te de es­pe­cies fo­rá­neas. Efec­ti­va­men­te, alí ha­bía un cre­ce­men­to de ve­xe­ta­ción exu­be­ran­te, en com­pa­ra­ción co en­torno nor­mal, con her­bas de 30 cen­tí­me­tros. Pa­sou­nos o mes­mo no en­cla­ve ru­so de Ba­ren­ts­burg, un po­bo mi­nei­ro de deseño so­vié­ti­co.

Pé­ta­los xea­dos

Ao la­do da gran­xa das va­cas apa­re­ce­ron es­pe­cies de Ra­nun­cu­lus e Al­che­mi­lla da fa­mi­lia das ro­sá­ceas de máis de 50 cen­tí­me­tros de al­tu­ra! To­do un ex­ce­so de exu­be­ran­cia pa­ra o al­to Ártico gra­zas os ex­cre­men­tos dos ani­mais. Can­do co­me­za­mos a man­dar as fo­tos das plan­tas aos no­sos co­le­gas bo­tá­ni­cos no­rue­gos fi­ca­ron ben pam­pos po­lo ta­ma­ño das mes­mas, e mais por ou­tra es­pe­cie que ato­pa­mos que non sou­be­ron re­co­ñe­cer. Po­de­ría ser que lle de­mos a ma­la no­ti­cia de que ou­tra no­va es­pe­cie in­va­so­ra che­gou ao ar­qui­pé­la­go.

As plan­tas alóc­to­nas que pa­re­cen máis pe­ri­go­sas ago­ra mes­mo son as her­bas (gra­mí­neas) co­mo a Poa an­nua que ta­mén me­di­mos fai 5 me­ses na An­tár­ti­da. É pro­ba­ble que, ca subida da tem­pe­ra­tu­ra e un­ha maior ac­ti­vi­da­de mi­cro­bia­na no chan, fa­vo­re­za a mo­bi­li­za­ción de nu­trien­tes e as plan­tas alóc­to­nas poi­dan ex­pan­dir­se en maior me­di­da cam­bian­do as co­mu­ni­da­des ve­xe­tais.

Ade­mais, foron quen de adap­tar­se a un sol con­ti­núo, 24 ho­ras de luz ao día du­ran­te 3 me­ses ao ano fo­to­sin­te­ti­zan­do sen pa­rar, e nós de­trás de­las pa­ra se­guir­lles o rit­mo. A cam­pa­ña ár­ti­ca re­ma­ta ho­xe mes­mo, do­min­go 30 de Xu­llo 2017, vol­ve­mos pa­ra a ca­sa con moi­tos da­tos e pre­gun­tas pa­ra ana­li­zar e dis­cu­tir. Con­se­gui­mos me­dir 32 es­pe­cies (o 15 % das es­pe­cies to­tais das Sval­bard), 9 de­las alóc­to­nas e ou­tras 9 na­ti­vas, on­de ten­ta­mos ex­plo­rar a súa res­pos­ta ao que­ce­men­to cli­má­ti­co. En me­nos de 5 me­ses me­di­mos as plan­tas que vi­ven nos dous po­los, de­ser­tos xé­li­dos e se­cos: a An­tár­ti­da e o Ártico, que nos po­den ex­pli­car co­mo so­bre­vi­vir a am­bien­tes ex­tre­mos.

O equi­po che­gou a me­dir ata 32 es­pe­cies, un 15 % do to­tal da flo­ra que com­pón a zo­na

O cien­tí­fi­co po­bren­se, se­gun­do po­la de­rei­ta, co gru­po de in­ves­ti­ga­ción co que tra­ba­llou no Ártico.

A fau­na. A ex­pe­di­ción na que se ato­pa Xur­xo Gago reali­zou un­ha pe­que­na vi­si­ta a un gru­po de mor­sas que des­ca­sa­ban tran­qui­las so­bre a area. O cien­tí­fi­co po­bren­se ta­mén se cru­zou con fo­cas e al­gún que ou­tro oso po­lar, por for­tu­na, a cer­ta dis­tan­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.