Un­ha via­xe po­los mun­dos do escritor Car­los Ca­sa­res

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza -

Pa­neis, do­cu­men­tos, fo­to­gra­fías e ob­xec­tos per­soais do au­tor in­te­gran a mos­tra que es­ta­rá en Ri­bei­ra ata o 3 de se­tem­bro Ofre­cer­lle ao pú­bli­co a po­si­bi­li­da­de de mer­gu­llar­se na obra e na vi­da de Car­los Ca­sa­res, así co­mo na épo­ca na que vi­viu é o ob­xec­ti­vo da ex­po­si­ción que a noi­te do ven­res des­em­bar­cou no au­di­to­rio de Ri­bei­ra, on­de per­ma­ne­ce­rá ata o 3 de se­tem­bro. Trá­ta­se da mos­tra prin­ci­pal or­ga­ni­za­da po­la fun­da­ción en­car­ga­da de per­pe­tuar a me­mo­ria do au­tor no ano no que foi ho­me­na­xea­do po­la Real Aca­de­mia Ga­le­ga co Día das Le­tras Ga­le­gas. Es­tá in­te­gra­da por ob­xec­tos per­soais, ima­xes iné­di­tas, do­cu­men­tos his­tó­ri­cos, pa­neis ex­pli­ca­ti­vos e so­por­te au­dio­vi­sual.

Co­mi­sa­ria­da por Gus­ta­vo Adol­fo Ga­rri­do, se­cre­ta­rio da Fun­da­ción Car­los Ca­sa­res, e Chus Mar­tí­nez Do­mín­guez, es­ta ex­po­si­ción su­pón a re­es­tru­tu­ra­ción e a am­plia­ción dun­ha an­te­rior que xa se pui­de­ra ver en di­fe­ren­tes pun­tos de Ga­li­cia en­tre os anos 2003 e 2012. A no­va pro­pos­ta con­ta cun deseño fei­to po­lo es­tu­do co­ru­ñés Creus e Ca­rras­co, es­pe­cia­li­za­do nes­te ti­po de ex­po­si­cións de gran for­ma­to. Co­mo no­vi­da­de, apro­vei­ta os tra­ba­llos de ca­ta­lo­ga­ción do ar­qui­vo per­soal, rea­li­za­dos do 201 ao 2012, e da in­ves­ti­ga­ción de­ri­va­da de­les, con­si­de­ra­da un­ha

ri­quí­si­ma fon­te pa­ra co­ñe­cer ao escritor.

Máis alá da in­ten­ción re­tros­pec­ti­va, a mos­tra pre­sen­ta di­fe­ren­tes mar­cos nos que se desen­vol­ven Os mun­dos de Car­los Ca­sa­res, tí­tu­lo que re­ci­be a ini­cia­ti­va. Pai­sa­xes, Lu­za­das, A via­xe, Con­vi­ña e O Re­don­del son as di­fe­ren­tes eta­pas nas que es­tá dis­tri­buí­do o ma­te­rial e que van ex­pli­can­do as cues­tións fun­da­men­tais da vi­da do escritor, da súa pro­du­ción li­te­ra­ria e do seu com­pro­mi­so co país e coas súas xen­tes.

O ac­to de inau­gu­ra­ción con­tou coas in­ter­ven­cións do fi­llo do escritor ho­me­na­xea­do Ha­kam Ca­sa­res; do se­cre­ta­rio xe­ral de Cul­tu­ra, An­xo Lo­ren­zo; da vi­ce­pre­si­den­ta da Depu­tación co­ru­ñe­sa, Go­ret­ti San­mar­tín; e do re­xe­dor lo­cal, Ma­nuel Ruiz. En­tre o pú­bli­co es­ta­ban ve­ci­ños co­ñe­ci­dos co­ma Ma­nuel Aya­so, An­tón Ri­vei­ro Coe­llo, Ma­nuel Car­tea e o al­cal­de de Rian­xo, Adol­fo Muí­ños.

Con­tos e un­ha char­la

Os mun­dos de

Car­los Ca­sa­res re­ca­la en Ri­bei­ra des­pois de ter pa­sa­do por San­tia­go, A Co­ru­ña e Ou­ren­se, en­tre ou­tras ci­da­des, xun­to cun pro­gra­ma de ac­ti­vi­da­des com­ple­men­ta­rias, con­sis­ten­te en ca­tro se­sións de con­tos e un­ha char­la. Es­ta úl­ti­ma co­rre­rá a car­go de Si­ro Ló­pez o vin­dei­ro día 11, que fa­la­rá so­bre as vi­ven­cias compartidas co escritor.

En can­to ás se­sións de re­la­tos, a pri­mei­ra se­rá o sá­ba­do. Po­lo Co­rreo do Ven­to ofre­ce­rá, no mes­mo au­di­to­rio, un­ha se­rie de con­tos bai­xo o tí­tu­lo Os xo­gue­tes de Clío. O día 12 co­lle­rá o re­le­vo Ma­ría Es­té­vez, que ten pre­pa­ra­da a mon­ta­xe Os con­tos da tía Ma­ría; men­tres que o 25 re­pe­ti­rá Po­lo Co­rreo do Ven­to, esa vez con Cle­sa­con­tos. Pau­la Car­ba­llei­ra en­car­ga­ra­se do co­lo­fón, con Vol­cán, o ca­ba­lo sal­va­xe de Sál­vo­ra, o 26.

QUEIJEIRO

Ruiz, An­xo Lo­ren­zo, Ha­kam Ca­sa­res e Go­ret­ti San­mar­tín fa­la­ron na inau­gu­ra­ción. A ex­po­si­ción

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.