Dis­pos­to a con­quis­tar Eu­ro­pa coa trom­pe­ta

O rian­xei­ro foi se­lec­cio­na­do pa­ra re­pre­sen­tar a Es­pa­ña no Fó­rum de Mú­si­ca Eu­ro­peo en Suí­za

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - PAU­LA RI­VEI­RO

Rian­xo é co­ñe­ci­do por ser te­rra de gran­des mú­si­cos. Un exem­plo dis­to é Ro­ber­to Bo­la­ño (1993), que le­va den­de ben pe­queno afi­nan­do me­lo­días coa súa trom­pe­ta. Ago­ra vén de ga­ñar un con­cur­so que se ce­le­brou na Con­ven­ción Na­cio­nal da Fe­de­ra­ción de Clubs de Leóns de Es­pa­ña, gra­zas ao que via­xa­rá en se­tem­bro á ci­da­de en Mon­treux, en Suí­za, pa­ra re­pre­sen­tar a Es­pa­ña no Fó­rum de Mú­si­ca Eu­ro­peo.

Trom­pe­ta ou piragüismo? Esa foi a pre­gun­ta que lle fi­xo seu pai con oi­to anos e que mar­cou o ini­cio pa­ra che­gar a on­de es­tá ho­xe en día. «Co­mo mi­ña ir­má e ou­tros ami­gos to­ca­ban al­gún ins­tru­men­to, de­ci­dín de­can­tar­me po­la mú­si­ca», re­co­ñe­ce. Os seus co­me­zos es­tán, co­mo os de ca­se to­dos os in­tér­pre­tes rian­xei­ros, pri­mei­ro, na Es­co­la de Mú­si­ca de Rian­xo e, máis tar­de, xa to­can­do coa ban­da. Foi gra­zas aos seus mes­tres de trom­pe­ta e ta­mén ao pro­pio di­rec­tor da agru­pa­ción, Ra­fael Co­lla­zo, po­los que a súa afec­ción se foi fa­cen­do máis gran­de día a día.

Es­tu­dos su­pe­rio­res

Men­tres es­tu­da­ba no ins­ti­tu­to de­ci­diu me­ter­se de cheo no mun­do da me­lo­día e co­me­zou a súa for­ma­ción no Con­ser­va­to­rio Pro­fe­sio­nal de Mú­si­ca de San­tia­go, que máis tar­de com­pa­xi­nou coa ca­rrei­ra uni­ver­si­ta­ria de edu­ca­ción in­fan­til. Can­do re­ma­tou o gra­do pro­fe­sio­nal de mú­si­ca en Com­pos­te­la foi­se a Sa­la­man­ca pa­ra dar un pa­so máis e es­tu­dar no con­ser­va­to­rio os ca­tro anos do grao su­pe­rior. «In­ten­tei com­pa­xi­nar a ca­rrei­ra de edu­ca­ción in­fan­til coa de mú­si­ca, pe­ro che­gou un mo­men­to que me dei de con­ta que me tiña que cen­trar nun­ha», co­men­ta. E Bo­la­ño op­tou por se­guir a súa fa­ce­ta máis

ar­tís­ti­ca por­que, co­mo ben afir­ma, pa­ra ser o me­llor, ou un dos me­llo­res, re­quí­ren­se moi­tas ho­ras de de­di­ca­ción.

Na súa tra­xec­to­ria pro­fe­sio­nal no mun­do da in­ter­pre­ta­ción xa ti­vo tem­po a per­co­rrer moi­tos lu­ga­res e to­car con di­fe­ren­tes ban­das, agru­pa­cións e or­ques­tras. Na ac­tua­li­da­de es­tá coa Jo- ven Or­ques­ta de la Co­mu­ni­dad de Madrid e coa Or­ques­ta Jo­ven de la Sin­fó­ni­ca de Ga­li­cia. Co­la­bo­rou ta­mén coa Real Fil­har­mo­nía de Ga­li­cia e coa Or­ques­ta Sin­fó­ni­ca de Cas­ti­lla y León, en­tre ou­tras. O ano pa­sa­do es­ti­vo ta­mén de re­ser­va na Gus­tav Mah­ler Ju­gen­dor­ches­ter, en Vien­na. Un­ha am­pla tra­xec­to­ria na que ti­vo oca­sión de com­par­tir es­ce­na­rio con gran­des pro­fe­sio­nais e ami­gos. «Pa­ra min foi moi emo­cio­nan­te po­der to­car en Rian­xo co meu pro­fe­sor, Jo­sé Ro­drí­guez, o meu ami­go, An­tón Al­cal­de, e o gran pia­nis­ta Ale­jo Amoe­do», re­co­ñe­ce Ro­ber­to.

Son moi­tas as ho­ras dia­rias que de­di­ca ao es­tu­do du­ran­te o cur­so. Ás cla­ses prác­ti­cas de trom­pe­ta ou de or­ques­tra hai que su­mar­lle as ca­se ca­tro ho­ras que de­di­ca á par­te máis teó­ri­ca. Por­que non che­ga con sa­ber as no­tas ou ler a par­ti­tu­ra, hai que co­ñe­cer ta­mén ao com­po­si­tor, o es­ti­lo e ter un con­tex­to do que se to­ca pa­ra po­der in­ter­pre­tar a me­lo­día. A mú­si­ca re­qui­re con­cen­tra­ción pa­ra sa­ber trans­mi­tir sen­ti­men­tos ao pú­bli­co en­ri­ba dun es­ce­na­rio. «Dis­fru­tar e fa­cer dis­fru­tar», esa é a má­xi­ma que Bo­la­ño per­se­gue en ca­da un­ha das súas actuacións, por­que se á xen­te non lle gus­ta­se o que in­ter­pre­ta, se­ría im­po­si­ble po­der vi­vir da mú­si­ca ou de cal­que­ra ou­tra ar­te.

Mú­si­ca clá­si­ca e jazz

Aín­da que ta­mén lle in­tere­sa o jazz, de eli­xir un es­ti­lo qué­da­se co clá­si­co. Pa­ra el o ideal se­ría po­der xun­tar os dous, sa­ber to­ca­los á per­fec­ción e mu­dar dun re­xis­tro a ou­tro sen di­fi­cul­ta­de. Co­mo ben afir­ma, aín­da lle que­da moi­to por apren­der e se­guir for­mán­do­se na mú­si­ca. En se­tem­bro ten que vol­ver a Sa­la­man­ca pa­ra re­ma­tar o úl­ti­mo ano no con­ser­va­to­rio, pe­ro xa ten plans pa­ra o fu­tu­ro: «En ou­tu­bro es­ta­mos pla­nean­do un­ha via­xe a Ber­lín pa­ra co­ñe­cer mes­tres de ca­ra a fa­cer un más­ter», afir­ma. Por­que Bo­la­ño que­re es­pe­cia­li­zar­se pa­ra to­car nun­ha or­ques­tra.

Po­lo mo­men­to es­tá cen­tra­do na pró­xi­ma via­xe a Suí­za pa­ra dar o me­llor de si mes­mo no Fó­rum de Mú­si­ca Eu­ro­peo, pa­sa­lo ben e, so­bre to­do, go­zar coa ex­pe­rien­cia. En can­to ao fu­tu­ro, con­si­de­ra que a súa ca­rrei­ra pro­fe­sio­nal es­tá fo­ra, xa que nou­tros paí­ses hai máis opor­tu­ni­da­des pa­ra po­der vi­vir da mú­si­ca que aquí. Pe­ro, se ti­ve­ra que eli­xir un so­ño pa­ra a pos­te­ri­da­de, Bo­la­ño teno cla­ro: «Po­der tra­ba­llar nun­ha or­ques­tra aquí en Ga­li­cia, por­que se­ría es­tar na ca­sa fa­cen­do o que máis me gus­ta».

CAR­ME­LA QUEIJEIRO

O que máis lle gus­ta­ría a Bo­la­ño se­ría po­der tra­ba­llar co­mo mú­si­co na súa te­rra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.