Abun­dan­cia e pa­rá­bo­la

Terry Ber­ko­witz e Fran­cesc To­rres re­fle­xio­nan nun­ha mos­tra no Mu­seo do Po­bo so­bre o ma­ris­queo en Ga­li­cia

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - FRAN­CIS­CO X. FER­NÁN­DEZ NA­VAL

O 6 de xu­llo, no Mu­seo do Po­bo Ga­le­go, inau­gu­rou­se a ex­po­si­ción Pa­rá­bo­la da abun­dan­cia, ins­ta­la­ción dos ar­tis­tas Terry Ber­ko­witz e Fran­cesc To­rres que re­fle­xio­na so­bre a ac­ti­vi­da­de ma­ris­quei­ra. Tí­tu­lo fe­liz, que en­tra­ña un­ha su­til con­tra­di­ción: a fér­til abun­dan­cia de par­te dos no­sos areais e o ris­co real que os amea­za, o que esi­xe coida­do e aten­ción; ve­laí a pa­rá­bo­la, en­ten­di­da no sen­ti­do di­dác­ti­co e ta­mén mo­ral.

Con­ta Terry que, tras fil­mar e fo­to­gra­far as ma­ris­ca­do­ras e fa­lar con elas, lo­go de pa­sear as co­rre­doi­ras, de ad­ver­tir que ha­bía lei­ras nas que na­cían cul­ti­vos que nin­guén re­co­llía, re­gre­sou a No­va York. Alá che­gou­lle a no­va dun­ha to­xi­na que cau­sa­ba a mor­te dos bi­val­vos e amea­za­ba o ma­ris­queo. Mar e te­rra vi­zo­sos pe­ro frá­xi­les, pen­sou, so­me­ti­dos á pre­sión do des­po­boa­men­to e da con­ta­mi­na­ción. De aí xur­diu co­mo me­tá­fo­ra o tí­tu­lo da ex­po­si­ción.

Terry Ber­ko­witz na­ceu en Brooklyn, aín­da que me­drou en No­va Jer­sey. De an­te­pa­sa­dos xu­deus, pro­ce­den­tes do les­te de Eu­ro­pa, é pro­fe­so­ra de Ar­te na Uni­ver­si­da­de da Ci­da­de de No­va York. Ar­tis­ta re­co­ñe­ci­da, apre­cia tres li­ñas na súa obra: o com­pro­mi­so so­cial co­mo ba­se, a reali­da­de da mu­ller e a in­xus­ti­za ex­cluín­te. Es­cul­tu­ra, fo­to­gra­fía, ví­deo, mú­si­ca, en­tre­vis­tas, ora­li­da­de, son al­gúns dos ma­te­riais que nu­tren as súas ins­ta­la­cións. Sa­lien­tar os tra­ba­llos coas mu­lle­res saha­rauis e pa­les­ti­nas, cos re­fu­xia­dos do Me­di­te­rrá­neo, a vi­si­bi­li­da­de que deu ás fi­li­pi­nas es­cra­vas do exér­ci­to xa­po­nés na Se­gun­da Gue­rra Mun­dial, ou a pe­ga­da dos xu­deus se­far­dís. Ac­tual­men­te preocú­pa­lle co­mo en­fron­tar o que acon­te­ce no seu país, e te­me por­que se per­dan os de­rei­tos con­se­gui­dos.

A Cos­ta da Mor­te

O 27 de se­tem­bro do 2008, co ga­llo dun­ha ex­po­si­ción re­tros­pec­ti­va pro­gra­ma­da po­lo Mu­seu d’Art Con­tem­po­ra­ni de Bar­ce­lo­na, La Voz de Ga­li­cia pu­bli­ca­ba un­ha en­tre­vis­ta co ar­tis­ta ca­ta­lán Fran­cesc To­rres. Fa­la­ba el de in­te­gris­mo, de gue­rra, de me­mo­ria his­tó­ri­ca e, ta­mén, da súa re­la­ción con Ga­li­cia, en par­ti­cu­lar coa Cos­ta da Mor­te: «Hai lu­ga­res e pai­sa­xes que te cha­man e ou­tros que non. Con eles pro­dú­ce­se un­ha reac­ción quí­mi­ca moi for­te. Iso pá­sa­me coa Cos­ta da Mor­te... Aquí man­dan a pai­sa­xe, o mar; é a na­tu­re­za quen di o que se po­de fa­cer, vol­vo á ori­xe e tra­ba­llo coa chu­via e co ven­to».

Na ex­po­si­ción do Macba Fran­cesc in­cor­po­ra­ba, por pri­mei­ra vez, obra rea­li­za­da en Ga­li­cia por­que, co tem­po, apren­deu a man­ter un­ha re­la­ción ín­ti­ma e in­tros­pec­ti­va coa pai­sa­xe, des­cu­briu o ba­lei­ro do areal can­do o de­va­lo, o ca­pri­cho do ven­to, a fo­né­ti­ca e a pro­so­dia das fa­las. Nun pro­ce­so cons­tan­te, agro­mou nel un fondo víncu­lo emo­cio­nal co no­so mar. Ho­xe re­co­ñe­ce que na vi­da des­cu­briu lu­ga­res nos que vi­vir e uns pou­cos nos que mo­rrer, que son os im­por­tan­tes. En­tre es­tes a Cos­ta da Mor­te.

No 2014, Fran­cesc con­vo­ca a Terry pa­ra com­par­tir con ela esa emo­ción. De­ci­den ela­bo­rar xun­tos un pro­xec­to que re­co­lla, se­que­ra en par­te, a pai­xón que ne­les sus­ci­ta o li­to­ral ga­le­go e a re­la­ción cos seus ha­bi­tan­tes. A tei­ma de Fran­cesc co mar e a preo­cu­pa­ción de Terry po­los mun­dos da mu­ller, foron orien­tan­do a súa aten­ción ca­ra o ma­ris­queo a pé. Ve­laí o punto de con­fluen­cia. Así na­ce Pa­rá­bo­la da abun­dan­cia. Se­rá Lino Le­ma quen pen­se na po­si­bi­li­da­de de que dous ar­tis­tas da máis ra­dian­te con­tem­po­ra­nei­da­de, afas­ta­dos do xei­to tra­di­cio­nal de amo­sar os con­ti­dos et­no­grá­fi­cos, par­ti­ci­pen na ce­le­bra­ción do co­ren­ta aniver­sa­rio do Mu­seo do Po­bo Ga­le­go, on­de se po­de­rá ver a ex­po­si­ción ata o vin­dei­ro 24 de se­tem­bro.

Ca­tro di­men­sións

O resultado é es­ta pro­pos­ta ex­po­si­ti­va que, den­de a es­té­ti­ca das van­gar­das, ten­ta ollar dou­tro xei­to un­ha ac­ti­vi­da­de de tan­ta car­ga et­no­grá­fi­ca e tan im­por­tan­te den­de o punto de vis­ta so­cial e eco­nó­mi­co, co­mo é o ma­ris­queo. Obra úni­ca en ca­tro di­men­sións e tres es­pa­zos, li­bro vi­sual pro­ta­go­ni­za­do po­las ma­ris­ca­do­ras, que de­be ler­se en con­xun­to, xa que, co­mo di Fran­cesc, a na­rra­ción que emer­xe dun­ha ins­ta­la­ción é es­fé­ri­ca. A ex­pe­rien­cia e ca­pa­ci­da­de in­te­gra­do­ra per­mi­tiu­lles in­cor­po­rar un «sa­cho de pe­dra», que po­de ver­se tras o cris­tal que pe­cha un­ha es­trei­ta es­ca­lei­ra na Sa­la de Re­xe­do­res.

«Nes­ta in­ter­ven­ción... hai un­ha sen­sa­ción de in­cau­ta­ción de pen­sa­men­to, de dor po­la per­da, é un­ha per­cep­ción si­mi­lar a can­do se arra­sa cun­ha bi­blio­te­ca, se quei­man li­bros ou se des­trúe un­ha obra de ar­te», es­cri­be Mer­ce­des Ro­zas, co­mi­sa­ria da ex­po­si­ción. É cer­to. A pers­pec­ti­va que Terry e Fran­cesc nos ofre­cen, co­rres­pon­de á sen­si­bi­li­da­de de dous ar­tis­tas que se sa­ben par­te de­sa hu­ma­ni­da­de que ca­mi­ña des­con­cer­ta­da po­lo gu­me dun tem­po de cam­bio.

Da bei­ra­mar ao mu­seo.

MA­RI­BEL LONGUEIRA, MAR­GEN

Arri­ba, Fran­cesc To­rres e Terry Ber­ko­vitz, re­tra­ta­dos por Ma­ri­bel Longueira na Ber­be­re­chei­ra. O ma­ris­queo a pé, a re­la­ción do li­to­ral ga­le­go cos seus ha­bi­tan­tes, es­tá na ba­se da mos­tra Pa­rá­bo­la da abun­dan­cia, que se po­de ver ata o 24 de se­tem­bro no Mu­seo do Po­bo Ga­le­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.