Nin ven­to nin ma­rea po­den con ela

A pe­sar da com­ple­xi­da­de que en­tra­ña, a po­bren­se es­tá na­mo­ra­da do seu tra­ba­llo

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - CAR­MEN FER­NÁN­DEZ / M.X.B.

Ca­da pou­co tem­po apa­re­ce un­ha no­va for­ma de ga­ñar­se a vi­da. O tra­di­cio­nal vai dei­xan­do pa­so ao no­vo, co­ma os in­fluen­cers, os you­tu­bers ou os book­tu­bers. Coas no­vas tec­no­lo­xías e os no­vos há­bi­tos das per­soas van­se per­den­do e van­se aban­do­nan­do pou­co a pou­co ofi­cios de to­da a vi­da. Pe­ro hai al­gúns aos que non lles che­gou aín­da a ho­ra de xu­bi­lar­se, ben se­xa po­la de­man­da que se­guen ten­do ou po­la im­po­si­bi­li­da­de de in­tro­du­cir ele­men­tos alleos ao ser hu­mano pa­ra le­va­los a ca­bo. Ge­no­ve­va Ma­nei­ro é das que pre­fi­ren con­ti­nuar co tra­di­cio­nal. Ma­ris­ca­do­ra den­de fai dez anos, di que «es­tá na­mo­ra­da do seu tra­ba­llo», a pe­sar de que pou­ca xen­te co­ñe­za real­men­te to­do o que le­va con­si­go ese ofi­cio.

Den­de pe­que­ni­ña ía coa súa avoa, ta­mén ma­ris­ca­do­ra, e xa se lle me­teu o mar no cor­po, aín­da que non se de­di­cou a iso ata pa­sa­do un tem­po. «Ofer­ta­ron pra­zas na con­fra­ría e de­ci­din­me», con­ta. Den­de que em­pe­zou ata ago­ra, o nú­me­ro de ma­ris­ca­do­ras foi re­du­cín­do­se cos anos. «Can­do eu co­me­cei ha­bía 152 mu­lle­res ins­cri­tas na con­fra­ría, e es­te ano hai me­nos de 100, das ca­les tra­ba­llan ao re­dor de 70», co­men­ta Ma­nei­ro. Es­ta si­tua­ción ten vi­sos de per­ma­ne­cer, xa que «se con­vo­ca­ron pra­zas e ían en­trar 15 no­vas, pe­ro hou­bo xen­te que o re­xei­tou».

Non es­tán sen­do os me­llo­res tem­pos pa­ra ma­ris­car, pois hai moi­tas es­pe­cies que es­tán afec­ta­das po­lo pa­ra­si­to mar­tei­lia.O ber­be­re­cho mo­rreu en to­da a ría de Arousa por ese mo­ti­vo, e a amei­xa fi­na ta­mén es­tá afec­ta­da. A is­to sú­ma­se­lle a ac­ción dos fur­ti­vos. Pa­ra Ma­nei­ro, «non se fai o su­fi­cien­te pa­ra de­te­los. Co no­vo pro­to­co­lo cría­mos que as cou­sas ían a me­llo­rar, pe­ro non foi así. Ade­mais ago­ra os fur­ti­vos son moi agre­si­vos. Non pen­san que hai xen­te que vi­ve dese ma­ris­co que eles co­llen ile­gal­men­te».

O seu tra­ba­llo

As ma­ris­ca­do­ras de­pen­den de dous ele­men­tos que se es­ca­pan ao seu con­trol: o mar e o tem­po. Por iso non te­ñen un­ha xor­na­da fi­xa e po­de­ría di­cir­se que ca­da día é un­ha no­va aven­tu­ra. «Te­mos que es­tar dúas ho­ras an­tes da bai­xa­mar e botamos alí pre­to de ca­tro, ou ata que re­co­lle­mos a can­ti­da­de to­pe», ex­pli­ca Ge­no­ve­va. Na épo­ca es­ti­val, o ma­ris­co abun­da, e co­mo hai máis ho­ras de luz po­den tra­ba­llar máis que en in­verno. Na épo­ca dos tem­po­rais é can­do «máis du­ro se fai. Non é na­da agra­da­ble, so­bre to­do can­do hai ven­to e nos em­pu­rra e ti­ra o que re­co­lle­mos», apun­ta.

É un ofi­cio moi an­ti­go. As for­mas de re­co­ller o ma­ris­co se­guen

Re­co­lec­ción. Pa­ra re­co­ller o ma­ris­co ha­bi­túa a usar o ras­tro. O sa­cho úsa­se en te­rreo pe­dre­go­so e o an­ci­ño en zo­nas on­de o ma­ris­co es­tá pou­co en­te­rra­do.

Es­ca­se­za. Po­los pro­ble­mas que hai coas bac­te­rias e coa con­ta­mi­na­ción, hai ca­ren­cia dal­gun­has es­pe­cies, co­ma o ber­be­re­cho ou a amei­xa fi­na.

per­ma­ne­cen­do, pe­ro con al­gun­has adap­ta­cións que rea­li­zan elas mes­mas: «Nós in­ven­tá­mo­nos cou­sas. Por exem­plo, pa­ra que non se me afun­da o ca­pa­cho uso un sal­va­vi­das de plás­ti­co», en­ga­de a ma­ris­ca­do­ra.

Ao fa­lar so­bre o va­lor que se lle da ao seu tra­ba­llo, afir­ma que «non es­tá su­fi­cien­te­men­te re­co­ñe­ci­do. Moi­ta xen­te non sa­be moi ben o que fa­ce­mos. Por iso eu que­ro que nos co­ñe­zan, que co­ñe­zan o no­so tra­ba­llo e to­do o que nos apor­ta». Non é a úni­ca que que­re que se dea a co­ñe­cer o seu la­bor. Sa­ra Sán­chez, téc­ni­co de tu­ris­mo da Po­bra do Ca­ra­mi­ñal, pu­xo en mar­cha un­ha ini­cia­ti­va pa­ra que os tu­ris­tas ve­xan en que con­sis­te o ma­ris­queo. «O mér­co­res vi­ñe­ron aos Ra­po­si­ños un gru­po de 22 tu­ris­tas e es­tí­ven­lles ex­pli­can­do o que fa­go tó­do­los días. Fi­xé­ron­me moi­tas pre­gun­tas e ata es­ti­ve­ron bus­can­do eles. Fó­ron­se en­can­ta­dos. Creo que is­to é moi bo por­que é ou­tra ma­nei­ra de dar­nos a co­ñe­cer», con­ta Ma­nei­ro.

Hai moi­tos tra­ba­llos po­si­bles, pe­ro pa­ra Ge­no­ve­va Ma­nei­ro non hai un me­llor que o seu: «Aín­da que ás ve­ces se­xa du­ro é o máis bo­ni­to que hai. Es li­bre á ho­ra de tra­ba­llar. Es­tás en con­tac­to cons­tan­te coa na­tu­re­za e sem­pre apren­des cou­sas no­vas». Xa o di ela: «Co­mo non vou que­rer ó meu tra­ba­llo?».

CAR­ME­LA QUEIJEIRO

Ge­no­ve­va Ma­nei­ro le­va un­ha dé­ca­da tra­ba­llan­do co­mo ma­ris­ca­do­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.