«Te­mos que abrir­nos máis á so­cie­da­de»

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Galicia -

Juan Ma­nuel Díaz Vi­llos­la­da (Ou­ren­se, 1965) é avo­ga­do e vi­ce­por­ta­voz dos so­cia­lis­tas no Par­la­men­to ga­le­go:

1. San­chis­ta den­de un­ha acep­ción per­so­na­lis­ta non o son. Pe­ro si na me­di­da en que a vi­to­ria de Pe­dro Sán­chez sig­ni­fi­cou un mo­ve­men­to de re­no­va­ción e de aper­tu­ra. Aí si me sin­to iden­ti­fi­ca­do. 2. De saí­da, evi­den­te­men­te, non te­ño ese pen­sa­men­to. Ve­ño de for­mu­lar a mi­ña can­di­da­tu­ra e imos ver todo o per­co­rri­do que po­der ter, que creo que vai ser moi­to. Non é mo­men­to de fa­lar de es­tra­te­xias de fusión por­que non se­ría un sin­ce­ro coa mi­li­tan­cia se de saí­da ten esas pers­pec­ti­vas. 3. Por su­pos­to. É ab­so­lu­ta­men­te ne­ce­sa­rio, non só cos can­di­da­tos, se­nón so­bre todo coa mi­li­tan­cia. É o me­llor xei­to que te­mos pa­ra tras­la­dar as pro­pos­tas aos que te­ñen que de­ci­dir o fu­tu­ro do par­ti­do. 4. A ver­da­de é que non te­ño noticias, e po­lo tan­to non o es­pe­ro. Se hou­be­ra al­gun­ha ou­tra, ben­vi­da se­xa por­que é o mo­men­to de que as per­soas que te­ñen ese áni­mo de di­ri­xir o PS­deG se poi­dan postular. O ca­len­da­rio es­tá aber­to e a pri­mei­ros de se­tem­bro son os días que hai que for­mu­lar as pre­can­di­da­tu­ras pa­ra a pos­te­rior re­co­lli­da de avais. 5. Eu máis que de re­xe­ne­rar fa­la­ría de abrir un­ha no­va eta­pa, un­ha no­va pá­xi­na, na que todos os so­cia­lis­tas ga­le­gos re­me­mos xun­tos, cun no­vo rum­bo, e cun­ha ne­ce­sa­ria e ló­xi­ca re­no­va­ción, que é ab­so­lu­ta­men­te ne­ce­sa­ria en cal­que­ra or­ga­ni­za­ción e en cal­que­ra ser vi­vo. Hai que in­xec­tar osí­xeno: o zu­me das plan­tas ne­ce­si­ta co­ller cons­tan­te­men­te luz so­lar pa­ra man­ter­se vi­vo e cre­cer. Eu creo que te­mos que fa­lar dun­ha no­va eta­pa, co­mo es­tá su­ce­den­do no Par­ti­do So­cia­lis­ta li­de­ra­do por Pe­dro Sán­chez. Hai que xe­rar un­ha no­va ilu­sión na mi­li­tan­cia e na so­cie­da­de. Os va­lo­res do cam­bio li­de­ra­do por Pe­dro Sán­chez son a apos­ta que eu real­men­te fa­ría, e que te­ñen o res­pal­do da mi­li­tan­cia, que foi a que apos­tou por esa op­ción. 6. Esta é un­ha cues­tión im­por­tan­te en ter­mos de es­tra­te­xias elec­to­rais. O PS­deG ten un perfil pro­pio, un­ha his­to­ria e un fu­tu­ro pro­pio, pe­ro co­mo te­ño dito nou­tras oca­sións, os es­pa­zos que con­flúen na es­quer­da te­ñen que che­gar a acor­dos dian­te do PP. 7. Hai que re­cu­pe­rar aos que mar­cha­ron as mareas e aos que ou que­da­ron na ca­sa ou vo­ta­ron ou­tros par­ti­dos. Hai que xe­rar un­ha no­va ilu­sión con pro­pos­tas pro­gre­sis­tas e ser cohe­ren­tes pa­ra trans­mi­tir cre­di­bi­li­da­de. 8. O PS­deG es­tá nun­ha si­tua­ción de pro­vi­sio­na­li­da­de e iso se­rá así até que non su­pe­re­mos as pri­ma­rias e o con­gre­so. Hai ilu­sión an­te o cam­bio, pe­ro te­mos que re­or­ga­ni­zar­nos e abrir­nos máis á so­cie­da­de. Os pro­ble­mas da xen­te non son os pro­ble­mas or­gá­ni­cos dos par­ti­dos. 9. En ab­so­lu­to. Máis ben es­tá an­te un­ha opor­tu­ni­da­de de re­no­var­se e vol­ver a ser a for­za pro­gre­sis­ta prin­ci­pal en Ga­li­cia.

X. A. SO­LER

Vi­llos­la­da cha­ma a abrir un­ha no­va eta­pa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.