Vin­te pe­se­tas en go­ma de mas­car

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Relatos De Verán -

Loi­ta­ba en te­rri­to­rio hos­til. Mi­ra­ba ca­ra a un e ou­tro lado. Es­ta­ba en ten­sión, ti­ña me­do. Ca­mi­ña­ba con coida­do ten­tan­do non po­ñer os pés en­ri­ba de al­go que es­tou­pa­se ou que me pui­de­se dei­xar ao al­can­ce do inimi­go. Le­va­ba a mi­ña ar­ma car­ga­da, que olla­ba ao que eu olla­ba. De sú­pe­to soou un pe­queno ruí­do. Sen saber moi ben co­mo, no me­dio do meu camiño apa­re­ceu un­ha pe­dri­ña que o meu pé le­vou por dian­te. E ago­ra que? Un xe­ne­ral con­tra­rio apa­re­ceu po­la mi­ña de­rei­ta. Qui­xen es­ca­par, mais can­do o in­ten­tei, xa es­ta­ba acu­rra­la­do. Tres sol­da­dos máis ce­rrá­ran­me o pa­so. Non ti­ña es­ca­pa­to­ria, ía mo­rrer. A suor es­va­ra­ba po­la mi­ña tes­ta len­ta­men­te, ata che­gar á cun­ca dos ollos e con­ti­nuar o seu tra­xec­to po­las mei­xe­las, dei­xan­do o seu sa­bor nos bei­zos, ata caer no chan. Sa­bía salgado, di­so ben me acor­do. O meu co­ra­zón ba­tía for­te­men­te, sen­tíao co­ma se o ti­ve­se na man. Men­tres o xe­ne­ral inimi­go fa­la­ba e os seus ache­ga­dos rían; eu re­cor­dei a mi­ña vi­da, e só me lem­bra­ba de que lle de­bía vin­te pe­se­tas a Lou­ren­zo po­las gomas de mas­car. Ca­da vez sua­ba máis. Non era quen de pa­sar a mi­ña man po­la fron­te pa­ra re­ti­rar a suor, tre­mía. Eles ca­tro mi­rá­ban­me rin­do, co­ma o ra­po­so lam­be os bei­zos can­do con­se­gue á súa pre­sa. Xu­ra­ría que os seus ollos re­lu­cían dun­ha ma­nei­ra es­pe­cial. Por que alon­ga­ban o meu su­fri­men­to? Dun mo­men­to a ou­tro as súas fa­cia­nas tor­na­ron o seu as­pec­to, era a ho­ra, ía mo­rrer. Non era moi cren­te, mais bo­tei­lle un pa­dre­nues­tro. Ne­se mes­mo in­tre, un­ha voz fe­mi­ni­na fa­lou, al­te­ran­do a es­ce­na: «Ne­nos, a cea es­tá lis­ta!». Os ou­tros ca­ti­vos ti­ra­ron os paus que uti­li­za­ban co­mo pis­to­las e mar­cha­ron a co­rrer po­la ei­ra arri­ba. Eu dei­xei a mi­ña ar­ma no chan, se­quei a suor e subín ca­ra á ca­sa. A ma­má sa­cá­ra­me do en­re­do, mais a pró­xi­ma vez ían­mas pa­gar... DA­VID MA­NUEL NEI­RA SIEIRA 17 anos. Noia. Es­tu­dan­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.