Un­ha noi­te sen min

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Relatos De Verán -

O pri­mei­ro que vin foi o ceo, azul e sen nu­bes. Era un día fer­mo­so e cá­li­do. Non sa­bía on­de me ato­pa­ba, es­ta­ba tom­ba­da no chan, non lem­bra­ba na­da. Nin co­mo che­ga­ra ata alí, nin o que fi­xe­ra a noi­te an­te­rior: na­da. Ten­tei le­van­tar­me, mais un­ha dor moi for­te de ca­be­za fí­xo­me que­dar­me sen­ta­da. Es­ta­ba ma­rea­da e ato­pá­ba­me mal.

Obri­guei­me a lem­brar al­go, es­for­cei­me ata que o con­se­guín. O día an­te­rior que­da­ra cun­has ami­gas nun bar, lem­bra­ba ben quen eran, o que to­ma­ra, do que fa­la­ra­mos; pe­ro ata un cer­to mo­men­to, des­pois non me acor­da­ba de na­da máis. Le­vei a man ao pe­to, non ato­pa­ba o meu mó­bil, tam­pou­co a mi­ña car­tei­ra: rou­bá­ran­me. Ne­se in­tre acor­dei­me que co­ñe­ce­ra a un­ha mo­za, pa­re­cía moi sim­pá­ti­ca e co­me­za­ra­mos a fa­lar. Con­vi­da­ra­me a un­ha co­pa, be­bé­raa e des­pois xa non fun quen de de­ci­dir o que fa­cía.

O ruí­do dun­has si­re­nas fi­xé­ron­me vol­ver á reali­da­de. Vin ache­gar­se uns co­ches de po­li­cía e dun de­les saí­ron os meus pais, preocupados e cos ollos ver­me­llos de es­tar a cho­rar. Pe­chei os meus ollos, aín­da me doía a ca­be­za e, en­tón can­do xa es­ta­ban ao meu ca­rón, co­me­cei a cho­rar. MA­RÍA CAL­VAR GIRÁLDEZ 12 anos. Mos. Es­tu­dan­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.