La so­prano y ar­pis­ta noie­sa Es­pe­ran­za Ma­ra pla­nea re­cu­pe­rar nanas an­ti­guas en un li­bro-ce­dé

Tras ac­tuar en lu­ga­res co­ma Fran­cia e Pra­ga, es­ta­rá no Fes­ti­val de Ar­pa da vi­la

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - Pág. L8

A cuar­ta edi­ción do Fes­ti­val In­ter­na­cio­nal de Ar­pa Vi­la de Noia co­me­za ma­ñá e un­ha das ac­tua­cións do pro­gra­ma da pri­mei­ra xor­na­da se­rá a da noie­sa Es­pe­ran­za Ma­ra, que es­ti­vo an­te os mi­cró­fo­nos de Ra­dio Voz. Lo­go dun ano no que subiu a es­ce­na­rios de diversos pun­tos da xeo­gra­fía eu­ro­pea, vol­ve ás súas ori­xes acom­pa­ña­da de Lau­ra Puer­to.

—Vai ac­tuar en Noia de no­vo pe­ro nun no­vo re­xis­tro, con no­vi­da­des.

—Si, é a pri­mei­ra vez que es­tou no Fes­ti­val de Ar­pa, pe­ro xa ac­tuei en Noia, so­bre todo vin­cu­la­da á Co­ral Po­li­fó­ni­ca. Te­ño par­ti­ci­pa­do na se­ma­na mu­si­cal e en con­cer­tos be­né­fi­cos. Pe­ro a no­vi­da­de é que por pri­mei­ra vez en Noia vou in­ter­pre­tar mú­si­ca an­ti­ga, mú­si­ca ba­rro­ca, que é no que me ve­ño es­pe­cia­li­zan­do nos úl­ti­mos anos e a reali­da­de é que aquí sem­pre can­tei lí­ri­co ou ópe­ra, un es­ti­lo máis mo­derno.

—¿Co­mo co­me­za nes­te mun­do?

—Pois foi en­tre mi­ña avoa, que que­ría ir con al­guén á co­ral, e eu. Xa den­de pe­que­ni­ña gus­tá­ba­me que me ob­ser­va­ran, gus­tá­ba­me bai­lar. Em­pe­cei coa mú­si­ca po­pu­lar aos 5 anos, bai­lan­do e to­can­do a pan­dei­re­ta. O mun­do do ar­tis­teo sem­pre me gus­tou. Aos 8 anos o di­rec­tor xa me dei­xou en­trar na co­ral e un­ha vez que en­trei xa foi todo ro­dan­do, co­me­cei no con­ser­va­to­rio...

—¿On­de se for­mou? Ti­vo moi­tas ex­pe­rien­cias no es­tran­xei­ro se­gun­do pui­de­mos ver.

—Lo­go de en­trar no con­ser­va­to­rio de Noia fun­me for­man­do apar­te en or­ques­tras ou en cursos de ve­rán. Un­ha vez que de­ci­dín es­tu­dar mú­si­ca, por­que ini­cial­men­te em­pe­cei tra­du­ción en Fi­lo­lo­xía en San­tia­go, xa que non ti­ña na­da cla­ro que a mú­si­ca se­ría o meu camiño, en­trei ta­mén no con­ser­va­to­rio su­pe­rior en Opor­to. Xa me de­cli­nei po­la mú­si­ca por­que a esi­xen­cia que im­pli­ca un es­tu­do su­pe­rior non era com­pa­ti­ble coa Fi­lo­lo­xía. En Opor­to es­pe­cia­li­cei­me en vio­lon­che­lo ba­rro­co. Lo­go con­ce­dé­ron­me un­ha be­ca Eras­mus en Lión. Co­ñe­cín a máis xen­te, to­quei con máis or­ques­tras, o que me per­mi­tiu ir a ou­tros países. No can­to sem­pre fun en pa­ra­le­lo ao vio­lon­che­lo e ago­ra mes­mo es­tou re­ma­tan­do o mes­tra­do en can­to en Opor­to.

—¿Can­do na­ce es­te in­tere­se po­la mú­si­ca an­ti­ga, po­la mú­si­ca ba­rro­ca?

—Can­do es­ta­ba na or­ques­tra, no con­ser­va­to­rio con 10 ou 12 anos, e to­cá­ba­mos Vi­val­di e ese ti­po de mú­si­ca. En­can­tá­ba­me e go­za­ba moi­tí­si­mo. Era un­ha mú­si­ca to­tal­men­te na­tu­ral, moi or­gá­ni­ca. A raíz de aí co­me­cei a fa­cer al­gún cur­so de mú­si­ca an­ti­ga no ve­rán e xa de­ci­dín que iso era o que me gus­ta­ba in­ter­pre­tar.

—¿E co­mo vai a ser a súa ac­tua­ción no Fes­ti­val de Ar­pa?

—É un fes­ti­val de ar­pa, po­lo que a voz se­ría un acom­pa­ña­men­to da ar­pa, pe­ro nor­mal­men­te a voz é a can­tan­te e a ar­pa o acom­pa­ña­men­to. Nes­ta oca­sión es­ta­rei con Lau­ra Puer­to, que é un­ha ar­tis­ta que ago­ra mes­mo vi­ve en Madrid e que ta­mén é cla­ve­ci­nis­ta. Pa­ra min é moi im­por­tan­te ato­par a mú­si­cos que son mul­ti­dis­ci­pli­na­res por­que se crea ou­tra ma­xia, ou­tra aper­tu­ra de men­te.

—Com­pa­xi­na o can­to con moi­tas ou­tras cou­sas, ade­mais de co vio­lon­che­lo.

—Si. A ver­da­de é que me de­fino un pou­co co­mo ar­tis­ta por­que me gus­ta o gra­va­do, es­cri­bir, di­ri­xir co­ros, con­tac­tar coas per­soas... Eu creo que ao fi­nal a ar­te po­de ter moi­tos ca­mi­ños, pe­ro un­ha per­soa que é ar­tis­ta pó­de­se es­pre­mer con cal­que­ra ver­ten­te xa se­xa a pin­tu­ra, a mú­si­ca...

—Ade­mais da ac­tua­ción de ma­ñá en Noia, ¿co­mo ten a axen­da pa­ra as vin­dei­ras se­ma­nas de ve­rán?

—O día 4 xa te­ño ou­tra ac­tua­ción en Tui. É den­tro do mar­co dun cur­so de di­rec­ción co­ral no que fan con­cer­tos ta­mén. Aca­bo de vir de Pra­ga, hai pou­co fun a Fran­cia, e vol­ve­rei alí co En­sem­ble Li­ma en de­cem­bro. Adoi­to es­tar bas­tan­te ocu­pa­da.

—¿No­vos pro­xec­tos es­tán en camiño?

—Ago­ra mes­mo o que me ape­te­ce é bus­car e fa­cer un­ha re­co­lla de nanas an­ti­gas, de mu­lle­res que aín­da se lem­bren da le­tra, e con elas fa­cer un li­bro-CD pe­da­gó­xi­co co que se poi­dan en­si­nar ás no­vas xe­ra­cións esas can­ti­gas an­ti­gas. A trans­mi­sión oral pa­re­ce que se es­tá cor­tan­do e se­ría un­ha boa for­ma de trans­mi­ti­las.

PA­RA­DA

Es­pe­ran­za Ma­ra com­pa­xi­na o can­to con ou­tras ac­ti­vi­da­des, co­ma es­cri­bir ou di­ri­xir.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.