«A min o que me gus­ta de ver­da­de é sen­tir o con­tac­to da pel coa au­ga»

Bus­ca sen­tir­se in­te­gra­do coa na­tu­re­za da praia. Es­te ve­rán fes­te­xa o 25 º aniver­sa­rio do gru­po He­re­dei­ros da Crus

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Al Sol - ÁLEX G. CHOUCIÑO, J. B.

Comenta que na ca­ra gas­ta­da das pe­dras é on­de re­si­den as ver­da­des de co­mo so­mos. A súa con­fe­sión é que lle gus­ta­ría vi­vir co­mo Pe­mán, pe­ro os com­pro­mi­sos im­pí­den­llo. A pai­xón po­lo mar le­vouno a es­tu­dar pa­ra Pa­trón de Al­tu­ra. Fi­nal­men­te op­tou po­la gui­ta­rra e a mú­si­ca.

—Co­mo te sen­tes máis có­mo­do na praia?

—Non son na­da de to­rrar­me ao sol. Pre­fi­ro es­tar nas pe­dras. Eu criei­me en­tre a praia e o mon­te.

—Que sen­tes can­do ves o mar?

—O mar! Can­to máis sei del, máis me fas­ci­na! É in­cri­ble! Eu can­do ve­xo o mar vé­xoo todo [ri­sas].

—Que é o que máis che mo­les­ta na praia?

—Por su­pos­to a con­ta­mi­na­ción. Dóe­me na alma ver os plás­ti­cos ti­ra­dos.

—Es dos que se pa­sa o día to­man­do o sol ou me­ti­do no mar?

—Eu na­do moi­tí­si­mo. Todos os anos fa­go a tra­ve­sía Cíes. Son so­bre 10 km. E ta­mén bu­ceo. Eu can­do che­go a praia xa vou di­rec­to ás pe­dras e a me­ter­me na au­ga.

—Gus­tas de prac­ti­car al­gún de­por­te acuá­ti­co?

—Du­ran­te un tem­po es­ti­ven co te­ma do wind­surf. Pe­ro nun­ca mer­quei na­da. Pe­ro pre­fi­ro na­dar e mer­gu­llar­me. A min o que me gus­ta de ver­da­de é sen­tir o con­tac­to da pel coa au­ga.

—Al­gún amor de ve­rán que te­ñas sem­pre en men­te?

—A ver­da­de é que nun­ca ti­ven nin­gún amor de ve­rán des­tes fu­ga­ces. Eu son clá­si­co. Eu na­mó­ro­me do pro­pio ve­rán. O amor nun­ca o en­ca­si­llo nun­ha es­ta­ción [Ri­sas].

—Qué cou­sas pre­ci­sas pa­ra un ve­rán ideal?

—Pa­ra ter un ve­rán ideal so pre­ci­so que ha­xa mo­ras, au­ga fres­ca nas fon­tes e que o mar si­ga aí. Eu non pre­ci­so na­da.

—Gús­tan­che as praias con ani­mais ou pre­fi­res sen eles?

—Máis ani­mais dos que so­mos nós non hai! [ri­sas]. Eu pen­so que non mo­les­tan. Creo que se po­de­ría con­vi­vir per­fec­ta­men­te. Non creo que ha­xa que dei­xar aos po­bres ani­mais cas­ti­ga­dos na ca­sa can­do nós imos á praia.

—Cal é o teu recuncho pre­fe­ri­do?

—Te­ño tres. Un­ha é a praia dos Mos­quei­ros, esa praia en­si­nou­me a na­dar. A praia de Es­pi­ñei­ri­do, que é on­de vou me­di­tar, te­ño pa­sa­do noi­tes alí. E un­ha a que lle te­ño moi­to ca­ri­ño: a praia da La­dei­ra. Alí es­ti­ven eu de so­co­rris­ta un ve­rán. A can­ción an­dar de chin­clán com­pú­xe­ña alí.

—Al­gún plan que vaias fa­cer es­te ve­rán?

—To­car. Aca­ba­mos de fa­cer un­ha cou­sa épi­ca: to­car na fes­ta da Dor­na cos 25 anos. O no­so pri­mei­ro con­cer­to foi ne­sa fes­ta. En­tón es­te ve­rán vai ser: en­saiar, to­car e na­dar. Ó fes­te­xar o 25 aniver­sa­rio de He­re­dei­ros da Crus, es­te ve­rán vai ser máis in­ten­so ca ou­tros.

CAR­ME­LA QUEIJEIRO

Tonhito de Poi, en con­tac­to coa au­ga na praia de Cas­ti­ñei­ras.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.