«A me­mo­ria non ten que ver co pa­sa­do, ten que ver co co­ñe­ce­men­to»

Ri­vas re­gre­sa ao te­rri­to­rio da súa mo­nu­men­tal no­ve­la cun fa­la­doi­ro ma­ñá na Fei­ra do Li­bro da Co­ru­ña

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - BOR­JA CA­SAL, XESÚS FRA­GA

On­ce anos des­pois da súa pu­bli­ca­ción no 2006, Os li­bros ar­den mal, de Ma­nuel Ri­vas, é o pro­ta­go­nis­ta dun ac­to que te­rá lu­gar ma­ñá (20.30 ho­ras) na Fei­ra do Li­bro da Co­ru­ña. In­ter­vi­rá o pro­pio es­cri­tor xun­to con Ma­nuel Bra­ga­do, edi­tor de Xe­rais. A quei­ma de li­bros de 1936 na dár­se­na co­ru­ñe­sa é o des­en­ca­de­nan­te da no­ve­la, que ao lon­go das súas máis de 700 pá­xi­nas tra­za­rá un ma­pa do tem­po e da me­mo­ria.

—Moi­tos dos seus li­bros fa­lan do pa­sa­do. ¿Co­mo de im­por­tan­te é a me­mo­ria?

—A me­mo­ria hai que en­ten­de­la. Gús­ta­me fa­lar da me­mo­ria ac­ti­va ou do ac­ti­vis­mo da me­mo­ria. Es­te li­bro, por exem­plo, co­me­za cun epi­so­dio de me­dia­dos do sécu­lo XIX, pe­ro re­ma­ta nos no­sos días. A me­mo­ria non ten que ver co pa­sa­do, ten que ver co co­ñe­ce­men­to. A me­mo­ria é co­ñe­ce­men­to. É di­cir, aso­cia­se nor­mal­men­te coa lem­bran­za do pa­sa­do, pe­ro real­men­te a me­mo­ria ac­ti­va ten que ver co co­ñe­ce­men­to. Es­te non po­der exis­tir sen me­mo­ria. So­mos o que lem­bra­mos, que di­cía Ita­lo Cal­vino.

—¿Co­mo se ar­te­lla un­ha no­ve­la co­mo es­ta?

—Eu creo moi­to no que po­de­ría­mos cha­mar «o an­dar da li­te­ra­tu­ra». Ca­da obra pi­de un xei­to de an­dar. Nes­te ca­so, o pro­pio li­bro su­xi­re co­mo es­tá es­cri­to, xa que nel apa­re­ce moi­tas ve­ces o an­dar de Char­lot a tra­vés da imi­ta­ción dal­gúns per­so­na­xes. O an­dar da li­te­ra­tu­ra é moi se­me­llan­te a es­te an­dar. Pi­sa ao tem­po nun­ha cou­sa e na con­tra­ria. Ese an­dar da li­te­ra­tu­ra pi­sa na vi­da e na mor­te ao mes­mo tem­po. Es­te li­bro es­tá fei­to con­ti­nua­men­te a par­tir di­so. A xen­te mo­rre e re­na­ce, loi­ta pa­ra so­bre­vi­vir. Pi­sa no día e na noi­te; na luz e na es­cu­ri­da­de.

—¿Cal foi a mo­ti­va­ción que lle fi­xo tra­zar ese ma­pa da me­mo­ria que é Os li­bros ar­den mal?

—Nun li­bro co­mo es­te pa­sas un pou­co por to­do. É un tra­ba­llo de ris­co. Hai quen fa­la de mo­ti­va­cións mo­rais ou his­tó­ri­cas can­do es­cri­be, pe­ro eu qué­do­me cun­ha cou­sa que non sa­be­ría ex­pli­car. Po­de­ría­mos fa­lar dun­ha es­tra­ña obri­ga que fai que po­ñas en mar­cha esa his­to­ria. Non es­tás a pen­sar nos efec­tos, por­que nin se­que­ra sa­bes se vas po­der na­ve­gar. Non sa­bes se iso vai ser útil ou non, pe­ro que­res fa­ce­lo. Tes ese chis­co de es­pe­ran­za e ta­mén esa obri­ga. O que me gus­ta da li­te­ra­tu­ra é sa­ber que pa­sa coa xen­te, por que se odian, por que loi­tan ou que sen­ten. Eu es­ta­ba desexan­do es­tar cos per­so­na­xes. Che­ga­ba a ca­sa e os bus­ca­ba, ía co­rren­do po­las noi­tes por se es­ca­pa­ban. Quería es­tar no ven­tre da ba­lea.

—¿Co­mo foi o pro­ce­so crea­ti­vo?

—Can­do ía po­la me­ta­de do li­bro es­ti­ven a pun­to de dei­xa­lo. Non ti­vo que ver coa in­ca­pa­ci­da­de de se­guir, xa que ti­ña his­to­rias que con­tar. Che­guei a un pun­to no que me doía de­ma­sia­do ata on­de che­gar. Foi co­mo se me sen­ti­ra de­rro­ta­do. Is­to é un­ha sen­sa­ción de ba­lei­ro, de desacou­go. A cou­sa é ter un pou­co de es­pe­ran­za. É un­ha cues­tión de es­ti­lo. Non po­des ir por aí re­par­tin­do som­bra. Hai que ter un pou­qui­ño de es­pe­ran­za que per­mi­ta se­guir á des­cu­ber­ta. Hai moi­to que ver. Tam­pou­co me gus­tan eses optimistas pro­fe­sio­nais, que din que non pa­sa na­da. Se caes hai que le­van­tar­se. Os per­so­na­xes do li­bro fo­ron os que me di­xe­ron se os ía dei­xar aí, des­pois de to­do o que vi­vi­ran. Fo­ron os que me fi­xe­ron se­guir adian­te.

«Ca­da obra pi­de un xei­to de an­dar e nes­te ca­so o pro­pio li­bro su­xi­re co­mo es­tá es­cri­to» «O que me gus­ta da li­te­ra­tu­ra é sa­ber que pa­sa coa xen­te, por que se odian ou que sen­ten»

EDUAR­DO PÉ­REZ

Ri­vas con­fe­sa que es­ti­vo a pi­ques de dei­xar a es­cri­ta da no­ve­la can­do xa ía po­la me­ta­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.