A xen­te do mar fes­te­xa o seu gran día hon­ran­do á pa­troa

A mi­sa na lon­xa e a pro­ce­sión ma­rí­ti­ma, na que se lem­bra­rá aos fa­le­ci­dos, son os ac­tos cen­trais

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Programa -

Ri­bei­ra é un­ha lo­ca­li­da­de li­ga­da ao mar e, pre­ci­sa­men­te, o apro­vei­ta­men­to dos re­cur­sos pes­quei­ros foi o que pro­pi­ciou o crecemento do mu­ni­ci­pio, no que se ato­pa un dos por­tos de bai­xu­ra máis im­por­tan­tes de Eu­ro­pa. Por iso, que a xor­na­da máis im­por­tan­te dos fes­te­xos se­xa a de­di­ca­da á Vir­xe do Car­me e o ló­xi­co.

As 21 bom­bas de pa­len­que anun­cia­rán o ini­cio do día.

Va­rias ac­ti­vi­da­des de­por­ti­vas te­rán lu­gar na xor­na­da Na ca­sa da xu­ven­tu­de te­rá lu­gar o Cam­pio­na­to de Xa­drez or­ga­ni­za­do po­lo Circu­lo Mer- can­til, con en­tre­ga de premios ás 13.00 ho­ras. Ta­mén se ce­le­bra­rá un tro­feo de pá­del pa­ra a ca­te­go­ría mas­cu­li­na ab­so­lu­ta no Cen­tro de Ra­que­ta de Co­ro­so.

O gru­po Tahú­me en­car­ga­ra­se das dia­nas e al­bo­ra­das e a Ban­da de Mú­si­ca de Lou­sa­me, do pa­sa­rrúas, que re­ma­ta­rá cun con­cer­to xun­to a re­si­den­cia.

No au­di­to­rio ac­tua­rá Po­lo Co­rreo do Ven­to, co es­pec­tácu­lo Os xo­gue­tes de Clío.

Xa­bier Fer­nán­dez Cam­po Ri­coy inau­gu­ra­rá na sa­la O Ga­ra­xe-O Faia­do a ex­po­si­ción Tri­lo­xía da pai­sa­xe e al­gun­ha ce­le­bra­ción.

A lon­xa aco­lle­rá a mi­sa na hon­ra da Vir­xe do Car­me, can­ta­da po­la Co­ral Po­li­fó­ni­ca do Círcu­lo Mer­can­til. Pos­te­rior­men­te te­rá lu­gar a pro­ce­sión ma­rí­ti­ma, con saí­da den­de a fá­bri­ca do xeo. Ao seu re­ma­te, a ima­xe se­rá con­du­ci­da ata a igre­xa pa­rro­quial, nun des­fi­le no que in­ter­vi­rán a Ban­da de Mú­si­ca de Ne­grei­ra e Tahú­me.

Na Fiei­tei­ra ce­le­bra­ran­se os en­con­tros do Tro­feo de Fút­bol das Fes­tas do Ve­rán.

Ve­ci­ños e vi­si­tan­tes po­de­rán asis­tir a un­ha cla­se aber­ta de zum­ba a car­go de Ca­mi­la Cam­pos e Luís Gon­zá­lez.

Mer­che pre­sen­ta­rá o seu dis­co na pra­za de Es­pa­ña.

VA­RE­LA

A mi­sa con­gre­ga ca­da ano a nu­me­ro­sas per­soas FO­TO

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.