Olla­da ao pa­sa­do das fes­tas

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión -

As fes­tas do no­so mu­ni­ci­pio fo­ron su­frin­do a evo­lu­ción co­mún a to­dos os fes­te­xos po­pu­la­res e tra­di­cio­nais de cal­que­ra vi­la ou ci­da­de, che­gan­do á ac­tua­li­da­de que co­ñe­ce­mos cun­ha mes­tu­ra de ac­ti­vi­da­des re­li­xio­sas e pro­fa­nas que in­ten­tan sa­tis­fa­cer as ne­ce­si­da­des de pú­bli­co de to­das as ida­des. Con nos­tal­xia e tras un­ha con­sul­ta ao ar­qui­vo mu­ni­ci­pal, per­mi­tí­de­me re­tro­traer­me ao pa­sa­do pa­ra lem­brar co­mo os no­sos de­van­cei­ros ce­le­bra­ban as fes­tas do ve­rán co fin de que es­te re­la­to vos axu­de a go­zar con maior in­ten­si­da­de do pro­gra­ma que te­rá lu­gar nes­tes días.

Fai un sécu­lo, du­ran­te o rei­na­do de Al­fon­so XIII, o mo­nar­ca que o 23 de mar­zo de 1906 nos ou­tor­gou o tí­tu­lo de ci­da­de, es­te mu­ni­ci­pio es­per­tou so­cial e eco­no­mi­ca­men­te pa­ra be­ne­fi­cio dos 14.835 ha­bi­tan­tes em­pa­droa­dos en 1913. Fei­ras, fes­tas do en­troi­do en 1911 e da ár­bo­re a par­tir de 1918, in­clu­so a visita dun mem­bro da Ca­sa Real, a in­fan­ta Isa­bel de Bor­bón, A Cha­ta, en 1914, que foi re­ci­bi­da po­lo al­cal­de Andrés del Río e a cor­po­ra­ción mu­ni­ci­pal nun gran­de día de ce­le­bra­ción na súa hon­ra; as fes­tas de agos­to or­ga­ni­za­das por Die­go De­li­ca­do, que ten un­ha rúa nes­ta ci­da­de, de­no­mi­ná­ban­se «tra­di­cio­nais» e en 1915, 1916 e 1917 des­ta­ca­ron por mag­ní­fi­cos con­xun­tos mu­si­cais e ins­tru­men­tais, co­mo os Re­xe­men­tos de Mur­cia e Za­ra­go­za, com­ba­te naval e fogos de artificio que com­pe­tían coas gran­des ci­da­des ga­le­gas, co­mo Com­pos­te­la ou Pon­te­ve­dra. Ti­ve­ron ta­mén lu­gar as pri­mei­ras co­rri­das de tou­ros nun­ha pra­za de ma­dei­ra ins­ta­la­da no Ca­ra­me­chei­ro. Com­ple­ta­ban o pro­gra­ma os exer­ci­cios acro­bá­ti­cos aé­reos a car­go do pi­lo­to Gon­zá­lez na Agra do Es­pi­ñal, bra­ñas ao ca­rón do Cam­po do Fra­de —ac­tual pra­za do Con­ce­llo—. Foi un­ha épo­ca na que os fes­te­xos du­ra­ban ca­tro días sen fal­tar ac­ti­vi­da­des de­por­ti­vas ou xo­gos po­pu­la­res e, por su­pos­to, as rua­das do Ba­ta­llón In­fan­til Mu­ni­ci­pal, que des­fi­la­ba to­do o ano ame­ni­zan­do as ma­ñás dos do­min­gos «pa­ra de­lei­te e fa­chen­da dos ve­ci­ños des­ta ci­da­de».

Nos anos da di­ta­du­ra de Pri­mo de Ri­ve­ra ato­pa­mos in­for­ma­ción das fes­tas ce­le­bra­das en 1927, on­de se co­mu­ni­ca á alcaldía que os fes­te­xos tra­di­cio­nais «te­rán me­nos es­plen­dor de­bi­do á ma­la si­tua­ción po­la que pa­san as fa­mi­lias ri­bei­ren­ses, de­ri­va­da da es­ca­se­za do pei­xe» du­ran­do es­ta cir­cuns­tan­cia ata a dé­ca­da dos anos 30. Na Se­gun­da República, máis con­cre­ta­men­te en 1932, apa­re­ce un gas­to de mil pe­se­tas co­mo sub­ven­ción pa­ra as Fes­tas Po­pu­la­res. Son es­ca­sas as re­fe­ren­cias a ou­tros fes­te­xos, des­ta­can­do a su­pre­sión do ca­rác­ter re­li­xio­so dos mes­mos, sen es­que­cer os bai­les e ver­be­nas no Cam­po do Fra­de.

Du­ran­te a Gue­rra Ci­vil só ti­ve­ron lu­gar as ce­le­bra­cións con mo­ti­vo dos aniver­sa­rios do al­za­men­to na­cio­nal. Un exem­plo ato­pá­mo­lo no Li­bro de pa­gos de 1938, on­de apa­re­ce un gas­to pa­ra con­tra­tar un­ha ban­da de mú­si­ca di­ri­xi­da por Egi­dio Mon­te­mui­ño por im­por­te de 75 pe­se­tas. Nes­tes anos de gue­rra su­cé­den­se os fes­ti­vais pa­trió­ti­cos e fes­tas da Vi­to­ria (1 de abril) e do Al­za­men­to (18 de xu­llo), on­de son ha­bi­tuais os des­fi­les de ban­das e des­ta­ca­men­tos mi­li­ta­res, fogos de artificio e in­clu­so mi­sas po­la al­ma de José Cal­vo So­te­lo. Se­guen a ter lu­gar im­por­tan­tes fes­te­xos con mo­ti­vo da fes­ti­vi­da­de na hon­ra de No­sa Se­ño­ra, que se ce­le­bran en agos­to.

A pos­gue­rra non foi un­ha épo­ca de va­cas fra­cas a ni­vel fes­ti­vo; o ca­rác­ter re­li­xio­so da­ba lu­gar á ce­le­bra­ción de mi­sas con rua­das de ban­das mi­li­ta­res, bai­les no Círcu­lo Mer­can­til e nas pra­zas de Otero Go­ya­nes e Cal­vo So­te­lo.

No 1943, o Con­ce­llo con­ce­de un­ha sub­ven­ción de 5.000 pe­se­tas pa­ra as fes­tas ce­le­bra­das do 12 ao 16 de agos­to e cu­xa co­mi­sión es­ta­ba pre­si­di­da por Ra­món Martínez del Río, a quen con­ce­den «vo­to de gra­za» por­que a súa ac­ti­vi­da­de e xes­tión re­ves­ti­ron nun­has fes­tas de «ex­traor­di­na­ria bri­llan­tez». No 1945 a co­mi­sión es­ta­ba pre­si­di­da por José Be­llo Vi­las e a fes­ta con­ta cun or­za­men­to de 48.977,95 pe­se­tas pa­ra un pro­gra­ma que foi pro­ta­go­ni­za­do por ban­das de mú­si­ca, gru­pos de gai­tas, co­rais, fogos de artificio e ver­be­nas; a ins­ta­la­ción do alu­mea­do ar­tís­ti­co ad­xu­di­cou­se a Luis San­tos, mer­can­do os ador­nos pa­ra de­co­rar rúas e sa­las de bai­le á firma Del­fín Horns de Barcelona, or­ga­ni­zá­ron­se re­ga­tas de dor­nas a re­mo, a ve­la e con­cur­so de cu­ca­ñas con 1.335 pe­se­tas en premios. Nes­ta dé­ca­da e ata os anos 50 os fes­te­xos tra­di­cio­nais de agos­to e pa­tro­nais de se­tem­bro se­gui­ron si­mi­lar pro­gra­ma­ción. Saú­de e boa fes­ta!

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.