O avó

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Relatos De Verán -

O cu­rral da ve­lla ca­sa da al­dea co­me­za­ba a tin­guir­se de ma­rrón ou­to­nal. As fo­llas bu­lían das ár­bo­res pa­ra aco­mo­dar­se con si­xi­lo ao chan em­pe­dra­do. O avó con­ta­ba his­to­rias de can­do era mo­zo e ía ven­der quei­xos á fei­ra do Car­ba­lli­ño.

Eu es­prei­ta­bao men­tres de­bu­lla­ba ver­bas pau­sa­das que lle fu­xían dos bei­zos al­go cre­ba­dos po­lo frío.

A mi­ña nai bo­tou un be­rro pa­ra avi­sar­nos de que a cea es­ta­ba pre­pa­ra­da. An­tes de en­trar no in­te­rior da vi­ven­da, o avó fi­cou de so­ca­te cra­va­do no chan co­mo se as so­las dos za­pa­tos es­ti­ve­ran subita­men­te im­preg­na­das de pe­ga­men­to. Di­ri­xiu a mo­do o de­do ín­di­ce ca­ra a un pun­to que se dei­ta­ba no ho­ri­zon­te. O ceo em­par­de­ce­ra fa­cen­do que a cor da fa­cia­na do avó des­ta­ca­se en maior me­di­da, pois pa­li­de­ce­ra de sú­pe­to.

—Quen é aquel ho­me que es­tá na por­ta­da, es­cri­bin­do PA­BLO NO­GUEI­RA CAM­PO 30 anos. Mestre de edu­ca­ción pri­ma­ria. al­go nun ca­derno? —pre­gun­tou con es­tra­ñe­za.

Fi­quei abraia­do po­lo que es­ta­ba a es­coi­tar.

—Aquel ho­me de tra­xe azul es­cu­ro e som­brei­ro gris… non o ves? —in­qui­riu de no­vo.

A mi­ña nai, ató­ni­ta, ache­gou­se a nós. Tras un­ha bre­ve char­la co seu pai con­se­guiu que en­tra­se en ra­zón, pois alí non ha­bía nin­guén máis. Aque­lou­tra­da, bo­tou­lle a cul­pa das alu­ci­na­cións á no­va me­di­ca­ción que lle re­cei­ta­ra o mé­di­co. A noi­te caeu de­fi­ni­ti­va­men­te, a lúa dis­pu­xo o seu rei­na­do no ceo e as es­tre­las des­pre­ga­ron o seu lu­mi­no­so man­to. Os tres mar­cha­mos dur­mir.

Ao día se­guin­te, espertei aler­ta­do po­los sa­lou­cos da mi­ña nai. Ato­pa­ra ao avó mor­to na ca­ma po­la ma­ñá ben ce­do. To­do foi moi rá­pi­do. Can­do che­ga­ron os da fu­ne­ra­ria vin a un ho­me en­ta­la­do nun tra­xe azul es­cu­ro e cun som­brei­ro gris dian­te da por­ta­da. Es­ta­ba apun­tan­do nun ca­derno o pa­sa­men­to do meu avó pa­ra anun­ciar nun­ha es­que­la.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.