Antón Cas­tro re­gre­sa ao mar ga­le­go na edi­ción de­fi­ni­ti­va de «Gol­pes de mar»

O no­vo li­bro in­clúe ca­tro re­la­tos iné­di­tos e re­cu­pe­ra ou­tro da ver­sión ori­xi­nal de 1997

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - XESÚS FRA­GA

Es­te ve­rán fan­se trin­ta anos den­de que Antón Cas­tro (Ar­tei­xo, 1959) se de­di­ca ao xor­na­lis­mo, un­ha pro­fe­sión que desen­vol­veu prac­ti­ca­men­te en­tei­ra en Za­ra­go­za —a súa ci­da­de de adop­ción a par­tir de 1978— e na que ob­ti­vo re­co­ñe­ce­men­tos co­mo o Pre­mio Na­cio­nal de Pe­rio­dis­mo Cul­tu­ral no 2013. Un tem­po no que ta­mén cul­ti­vou a li­te­ra­tu­ra nos eidos da poe­sía, a no­ve­la e o re­la­to.

A es­te úl­ti­mo xé­ne­ro per­ten­ce o seu li­bro Gol­pes de mar, cu­xa ver­sión de­fi­ni­ti­va, pu­bli­ca­da por Ediciones del Vien­to, se pre­sen­ta ma­ñá na Fei­ra do Li­bro da Co­ru­ña ás 20.30 ho­ras. É un li­bro con his­to­ria. A súa es­cri­ta ini­ciou­se en 1986, can­do o seu au­tor tra­ba­lla­ba de cai­xei­ro nun sa­lón de xo­gos e bos­que­xa­ba os re­la­tos no pa­pel ma­rrón que en­vol­vía os car­tóns do bin­go. «Era un tem­po no que non sa­bía que que­ría fa­cer», lem­bra ago­ra Cas­tro, quen a tra­vés duns re­la­tos de cor­te mí­ti­co re­gre­sa­ba ao mar len­da­rio da Cos­ta da Mor­te da súa in­fan­cia. Son eses con­tos ini­ciais os que de­ron for­ma á pri­mei­ra ver­sión do vo­lu­me, pu­bli­ca­do por Es­pi­ral Maior en 1997 co tí­tu­lo de Vi­da e mor­te das ba­leas. Aí es­tá o mar «du­ro, da vi­da ás­pe­ra e di­fí­cil dos seus tra­ba­lla­do­res, pe­ro ta­mén o das apa­ri­cións, os nau­fra­xios».

Deses tex­tos ori­xi­nais, Cas­tro re­cu­pe­ra ago­ra un, re­for­mu­la­do, Ur­co, el perro del mar, que non apa­re­ce­ra na ver­sión en cas­te­lán, xa co tí­tu­lo de Gol­pes de mar que edi­tou Des­tino no 2006 e es­go­ta­da des­de en­tón. Ade­mais, vén de su­mar­lle ca­tro pe­zas iné­di­tas coas que es­pe­ra pe­char un li­bro que na­ceu hai trin­ta anos e un ci­clo que na­ce da súa ob­se­sión co mar. De fei­to, es­tes días que via­xou a Ga­li­cia a pre­sen­za do océano ins­pi­rou­lle no­vas ideas li­te­ra­rias, pe­ro «xa non te­rán ca­bi­da en Gol­pes de mar. De apa­re­cer nun li­bro, se­rá nou­tro», ase­gu­ra.

¿Por que, en­tón, dá por con­cluí­da es­ta xei­ra? «Creo que nes­te tem­po a mi­ña olla­da cam­biou. No 78, en Za­ra­go­za, o mar re­pre­sen­ta­ba os so­ños que se van per­den­do. Pe­ro ta­mén asu­mín o mar co­mo un fei­to co­tián, aín­da que si­gue a re­pre­sen­tar os so­ños, a per­da, a me­lan­co­lía. Na­quel tem­po es­cri­bín ade­mais un poe­ma­rio que se per­deu, ti­tu­la­do A praia dos afo­ga­dos. Creo que ago­ra es­cri­bi­ría dun xei­to máis so­se­ga­do, se­reno. E, aín­da que é cer­to que o meu es­ti­lo ten un­ha in­cli­na­ción ao li­ris­mo, ta­mén creo que me fun des­po­xan­do dos ba­rro­quis­mos», ar­gu­men­ta o es­cri­tor.

Tes­te­mu­ño deses anos lon­xe do mar ga­le­go son os con­tos que evo­can a in­fan­cia e a des­cu­ber­ta da mo­ci­da­de en Ar­tei­xo e na Co­ru­ña, cun inequí­vo­co ai­re de re­la­to de ini­cia­ción. Dos tar­des con Bea­triz de Sou­sa, por exem­plo, re­su­me to­da a súa vi­da ata en­tón, «así co­mo un­ha ma­nei­ra con­cre­ta de mi­rar o mar».

Co­mo ini­ciá­ti­cas fo­ron ta­mén as lec­tu­ras, de clá­si­cos —Cun­quei­ro, Dies­te, Bor­ges, Poe— ou con­tem­po­rá­neos —Ma­nuel Ri­vas, pre­sen­te en El her­mano que le in­ven­té a mi her­mano—, que agro­man nas pá­xi­nas de Gol­pes de mar. Por­que o océano, ade­mais de con­tem­pla­do e vi­vi­do, ta­mén é un­ha ex­pe­rien­cia de lec­tu­ra e es­cri­tu­ra. Co­mo os pro­ta­go­nis­tas de Car­tas de do­min­go al más allá, a fa­mi­lia dun per­ce­bei­ro mor­to que ca­da se­ma­na re­dac­tan un­ha carta na que lle ex­pli­can ao pai e es­po­so des­apa­re­ci­do co­mo é a súa vi­da sen el: lán­za­nas ao mar nun­ha bo­te­lla, un­ha men­sa­xe ao fu­tu­ro des­co­ñe­ci­do. Co­mo os con­tos des­te li­bro.

PIPPI TETLEY

Antón Cas­tro, re­tra­ta­do na praia de Val­co­bo, an­te o mar que ins­pi­ra os re­la­tos do seu li­bro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.