O fi­ló­so­fo

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Galicia - Xo­sé Car­los Ca­nei­ro

Ono­so Luís é un fi­ló­so­fo. Os da cua­dri­lla hai anos que o co­ñe­ce­mos e, aín­da así, non dei­xa de sor­pren­der­nos. En agos­to, máis. É un mes te­rri­ble. Ten o bar cheo de xen­te, afo­ga­do po­la che­ga­da dos tu­ris­tas que con­quis­tan Ve­rín. Un non po­de to­mar un va­so tran­qui­lo. El, tam­pou­co. Pe­ro non cam­bia a súa calma por na­da. Xa po­de es­tar a te­rra­za a re­ben­tar, que o Luís non per­de o pa­so. Fa­la con es­te, co ou­tro, pa­ra aquí e alá. Se non o co­ñe­ce­ra, pen­sa­ría que é o úni­co hos­ta­lei­ro do mun­do que pre­fi­re o lo­cal ba­lei­ro an­tes que cheo. O ano pa­sa­do, ás dúas da tar­de dun día de agos­to abra­sa­dor, o Luís fa­lou cun clien­te: «Pe­ro ho­me, non es­ta­ría us­té me­llor na praia, co fres­co que se es­tá alí... e pre­fi­re sen­tar aquí, suan­do e co­men­do un­ha ham­bur­gue­sa». O tu­ris­ta riu. Cun­ha se­ño­ra dis­cu­tiu se­ria­men­te. Que­ría un ca­fé con lei­te des­na­ta­do e o Luís dí­xo­lle que só ser­vía o lei­te de to­da a vi­da: «O das va­cas, se­ño­ra, ¿ou aca­so cre que dan o lei­te des­na­ta­do?». El non po­de­ría ser­vir ese lei­te des­na­tu­ra­li­za­do. O Luís to­mouno un­ha vez e pa­sou dúas ho­ras no ba­ño, en­tran­do e saín­do, aper­ta­do po­los có­li­cos: «Es­ti­ven a pi­ques de de­nun­cia­los». «¿A quen, Luís?». «Aos do lei­te des­na­ta­do, é un ve­leno». Un vi­si­tan­te pre­gun­tou qué en­sa­la­das ti­ña e coa súa pa­cho­rra ha­bi­tual di­xo ta­xa­ti­va­men­te: «Gran­des e pe­que­nas». Es­tes días non ten tem­po nin pa­ra nós. Co­men­ta­mos que es­ta­ba o vi­ño pou­co frío e con­tes­tou, con par­si­mo­nia: «Non po­do es­tar en to­das par­tes». Ten ra­zón, agos­to é ma­ta­dor. Máis na súa ham­bur­gue­se­ría, un lo­cal de éxi­to. Tan­to que can­do o Juan Ra­món lle di «apu­ra, Luís, que es­tá a te­rra­za chea», el acen­de un ci­ga­rro. Mí­rao con dis­pli­cen­cia e res­pon­de: «Apu­rar, ¿pa­ra que?». O no­so Luís é un fi­ló­so­fo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.