Un ho­me ale­gre cun asu­bío que che­ga­ba a to­dos os re­cun­chos

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza -

Sen­do moi no­vo, o rian­xei­ro Jo­sé Mí­guez Ro­drí­guez apren­deu a ca­par ani­mais e esa foi un­ha das ac­ti­vi­da­des que desen­vol­veu ao lon­go da súa vi­da pro­fe­sio­nal. De ca­rác­ter ale­gre, era moi co­ñe­ci­do por­que, de for­ma pe­rió­di­ca, des­pra­zá­ba­se a al­deas de Do­dro, Lousame, Boi­ro ou Rian­xo. Anun­cia­ba a súa che­ga­da cun asu­bío e, ao es­coi­ta­lo, os ve­ci­ños sa­bían que che­ga­ra o ca­pa­dor e que po­dían dei­xar os ani­mais nas súas mans.

A Jo­sé Mí­guez Ro­drí­guez, que fa­le­ceu on­te aos 84 anos e se­rá en­te­rra­do ás seis da tar­de na igre­xa do Di­vino Sal­va­dor de Ta­ra­go­ña, gus­tá­ba­lle mon­tar a ca­ba­lo e, de fei­to, sem­pre ti­ña un par de ani­mais, que du­ran­te moi­tos anos fo­ron o seu me­dio de trans­por­te. Ou­tra das súas afec­cións eran as mo­tos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.