Peregrina nas Ad­mi­nis­tra­cións

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión - MA­RÍA CANOSA

Re­ma­ta o mes e vol­vo á mi­ña pe­re­gri­na­ción par­ti­cu­lar po­las Ad­mi­nis­tra­cións. Sal­vo que, des­ta vez, en lu­gar de ir só a Fa­cen­da, ta­mén fa­go a vi­si­ta á Se­gu­ri­da­de So­cial.

Suei tin­ta ne­gra de lu­ra pa­ra con­se­guir fa­cer to­dos os trá­mi­tes te­le­ma­ti­ca­men­te, pe­ro... lo­greino, cun es­for­zo se­me­llan­te ao de Mi­reia Bel­mon­te. En fin.

O ma­lo é que... co­me­tín un erro. Co­mo non hai quen guíe, quen res­pon­da... pre­mín con­ti­nuar pen­san­do que to­do es­ta­ba ben can­do non era así e, ao che­gar á pan­ta­lla fi­nal, ca­chei o erro. Un día de di­fe­ren­za. To­do mal. Así que ago­ra ti­ven que ir ca­tro ve­ces de vi­si­ta ás Ad­mi­nis­tra­cións ne­sa mes­ma ma­ñá. To­tal, pa­ra non so­lu­cio­nar o pro­ble­ma. A ver se en 20 días es­tá e, da­que­la, non me co­bran de máis.

Me­nos mal que, can­do un vai avan­zan­do no pro­ce­so, apa­re­cen va­rias men­sa­xes que ad­vir­ten de que eu, co­mo usua­ria do ser­vi­zo elec­tró­ni­co, son úni­ca responsable do que po­ño (e nin­guén me ex­pli­ca) e ad­mi­to un­ha mul­ta en ca­so de que con­si­de­ren a mi­ña inep­ti­tu­de co seu idio­ma un delito gra­ve. Olé.

Pe­ro... sa­ben o me­llor de to­do? Que pa­ra Fa­cen­da eu non son Ma­ría. Son Ma­ria. Can­do es­cri­bo o meu no­me co­rrec­ta­men­te, con acento, sáen­me un­has men­sa­xes en ver­me­llo di­cin­do que no re­ca­dro non sei que hai un erro! Non en­ten­do na­da. Por­que, se imos po­lo le­gal e le­tra miú­da... eu pa­ra Fa­cen­da non exis­to. Ma­ria Canosa si, pe­ro Ma­ría Canosa, que son eu, non. E por cam­biar­me e iden­ti­da­de e cau­sar­me tras­tor­nos por iso, non me pen­san in­dem­ni­zar? Vaia!

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.