Alz­héi­mer

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Galicia - Cristina Pa­to

Oe­qui­po do neu­ro­cien­tí­fi­co Ken Ko­sik des­cu­briu o xe­ne que dis­pa­ra o ini­cio pre­coz de alz­héi­mer nun­ha re­xión de An­tio­quía, Co­lom­bia. Des­pois de anos de in­ves­ti­ga­ción por par­te do neu­ró­lo­go lo­cal Francisco Lo­pe­ra, o pro­fe­sor Ko­sik pú­xo­se en con­tac­to con el pa­ra com­pro­bar que o fei­to de que a mei­ran­de par­te da po­boa­ción de­sa zo­na su­fri­ra alz­héi­mer tem­pe­rán era por un­ha mu­ta­ción xe­né­ti­ca que se po­de tra­zar a un de­van­cei­ro co­mún de hai máis de 375 anos (pro­ba­ble­men­te un con­quis­ta­dor es­pa­ñol). Es­te des­cu­bri­men­to, que deu a vol­ta ao mun­do e que con­ver­teu esa re­xión na ca­pi­tal da in­ves­ti­ga­ción do alz­héi­mer, mos­tra un­ha reali­da­de des­ga­rra­do­ra: en An­tio­quía máis de 5.000 per­soas por­tan esa mu­ta­ción xe­né­ti­ca, e sa­ben con cer­te­za que, an­tes da súa quin­ta dé­ca­da de vi­da, o alz­héi­mer le­va­ráos rá­pi­do e sen pre­gun­tar.

Co­me­cei a tra­ba­llar con Ko­sik hai dous anos, no deseño dun­ha cla­se pi­lo­to que ini­cia­re­mos a pró­xi­ma se­ma­na na Uni­ver­si­da­de de Ca­li­for­nia en San­ta Bar­ba­ra. Cen­tra­ré­mo­nos na edu­ca­ción in­ter­dis­ci­pli­nar uti­li­zan­do a per­da da me­mo­ria co­mo me­tá­fo­ra da reali­da­de na que vi­vi­mos: per­da da me­mo­ria cul­tu­ral e per­soal a tra­vés da neu­ro­cien­cia, da an­tro­po­lo­xía e das ar­tes. Ver a súa cu­rio­si­da­de po­lo meu xei­to de en­ten­der o po­der das ar­tes na edu­ca­ción e o po­ten­cial das ar­tes na di­vul­ga­ción dun­ha en­fer­mi­da­de que é xa un­ha reali­da­de co­tiá foi to­do un aci­ca­te nun mo­men­to crí­ti­co da mi­ña ca­rrei­ra.

Pe­ro é a fi­lan­tro­pía a que fai po­si­ble es­te pro­xec­to, e tris­te­men­te a fal­ta de in­cen­ti­vos pa­ra a fi­lan­tro­pía des­te la­do do Atlán­ti­co é o que non nos dei­xa go­zar do ver­da­dei­ro po­der dos no­sos in­ves­ti­ga­do­res e crea­do­res, dei­xan­do así un oco de so­ños im­po­si­bles de ser so­ña­dos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.