«É moi difícil a pre­ven­ción can­do te­mos a ca­se to­da a so­cie­da­de en con­tra»

MA­RÍA IGLE­SIAS PSI­CÓ­LO­GA

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza -

Apsi­có­lo­ga Ma­ría Igle­sias é a en­car­ga­da na aso­cia­ción an­ti­dro­ga Re­na­cer de ser o en­la­ce coa xen­te mo­za. Ela ocú­pa­se das xor­na­das de pre­ven­ción que se rea­li­zan en ins­ti­tu­tos e co­le­xios da co­mar­ca bar­ban­ce­sa. Ex­per­ta en can­na­bis, fa­la das di­fi­cul­ta­des que se ato­pa no seu tra­ba­llo. —¿Co­me­zan an­tes a con­su­mir os ado­les­cen­tes? —Si, pe­ro hai que ter en con­ta que non son un­ha maio­ría. O que pa­sa é que ten un­ha re­per­cu­sión maior, xa que non é o mes­mo ver fu­mar can­na­bis a un ra­paz de 20 anos que a ou­tro de 13. O se­gun­do cha­ma máis á aten­ción. —¿A que aso­cia es­ta pre­co­ci­da­de? —Fa­ce­mos que os ne­nos cre­zan de­ma­sia­do rá­pi­do, non res­pec­ta­mos a in­fan­cia. Os mo­zos pre­ci­san dun­has nor­mas e lí­mi­tes, cues­tión que moi­tos pais non apli­can. Pre­ci­san dun ma­pa que lles in­di­que que po­den fa­cer. Des­pois exis­ten pais que con­su­men na pro­pia ca­sa e, aín­da que non o pen­se­mos, os ado­les­cen­tes dan­se de con­ta sen pro­ble­ma. —¿Ca­les son os ris­cos? —Ao ser tan mo­zos os pro­ble­mas son máis de­mo­le­do­res. É máis sin­xe­lo que pa­se de ser un con­su­mo es­po­rá­di­co a un­ha de­pen­den­cia. O can­na­bis mul­ti­pli­ca por cin­co o ris­co de pa­de­cer es­qui­zo­fre­nia e as po­si­bi­li­da­des de su­frir un bro­te psi­có­ti­co. Ade­mais, afecta ao hi­po­cam­po, po­lo que te­ñen pro­ble­mas de con­cen­tra­ción e aten­ción. —Nes­ta loi­ta, ¿cal é o maior pro­ble­ma ao que se en­fron­ta a en­ti­da­de á que per­ten­ce? —É moi difícil a pre­ven­ción can­do te­mos a ca­se to­da a so­cie­da­de en con­tra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.