Un per­co­rri­do de 30 anos co­mo es­ti­lis­ta

La Pe­lu con­me­mo­ra o seu aniver­sa­rio cun­ha mos­tra fo­to­grá­fi­ca das súas co­lec­cións

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - PAU­LA RIVEIRO / A.G.

Pa­sa­ron moi­tos anos den­de que Am­pa­ro Fer­nán­dez vi­si­tou por pri­mei­ra vez un­ha pe­rru­que­ría con súa nai, can­do non era máis que un­ha ne­na. En­can­tá­ba­lle es­tar alí e tí­ñao moi cla­ro: que­ría en­ca­mi­ñar a súa vi­da la­bo­ral por esa rama. Non se saíu do rumbo tra­za­do e, cun­ha ca­rrei­ra chea de éxitos, aca­ba de inau­gu­rar no cen­tro so­cial de Ca­bo de Cruz a mos­tra 30 años de arte e iden­ti­dad. Un­ha ex­po­si­ción que con­me­mo­ra a tra­xec­to­ria de La Pe­lu, o sa­lón de be­le­za que re­xen­ta nes­ta lo­ca­li­da­de boi­ren­se. A co­lec­ción é un per­co­rri­do po­la súa ac­ti­vi­da­de, cos tra­ba­llos que a le­va­ron a ser por­ta­da de pres­ti­xio­sas re­vis­tas, tan­to a ni­vel na­cio­nal co­mo internacional, e ta­mén a re­ci­bir nu­me­ro­sos re­co­ñe­ce­men­tos.

For­mou­se na Co­ru­ña e, no ano 1987, abriu o seu es­ta­ble­ce­men­to. Den­de aque­la non dei­xou de for­mar­se e apren­der. Via­xou por to­do o mun­do pa­ra asis­tir a cur­sos e char­las, así co­mo pa­ra ins­pi­rar­se pa­ra pro­du­cir as súas pro­pias co­lec­cións. «A crea­ti­vi­da­de é al­go que to­dos le­va­mos den­tro, pe­ro eu sa­quei­na pa­ra fó­ra», afir­ma Fer­nán­dez. Ao pou­co de abrir a pe­rru­que­ría pre­sen­to­use ao con­cur­so Nue­va Ima­gen, or­ga­ni­za­do por Lo­real. Foi un­ha ami­ga quen lle sa­cou as fo­tos a un­has clien­tas que se pres­ta­ron co­mo mo­de­los e re­sul­tou fi­na­lis­ta coa súa pri­mei­ra co­lec­ción.

«Nun­ca bus­quei por­ta­das nin ser pro­ta­go­nis­ta, sem­pre fun crean­do co corazón», re­co­ñe­ce. Ese gus­to po­lo seu tra­ba­llo foi o que a le­vou a ob­ter nu­me­ro­sos re­co­ñe­ce­men­tos e che­gar a on­de es­tá ho­xe en día. O seu sa­lón con­ta coa Q de ca­li­dad, a Es­tre­lla Global Sa­lon e a Es­tre­lla a la Crea­ti­vi­dad. Am­pa­ro Fer­nán­dez é ase­so­ra ar­tís­ti­ca dos Pre­mios Ima­xe que se ce­le­bra­rán en no­vem­bro e, es­te ano, es­ti­vo por ter­cei­ra vez pre­no­mi­na­da co­mo pe­rru­quei­ra es­pa­ño­la do ano po­lo Club Fí­ga­ro, que ten co­mo ob­xec­ti­vo o re­co­ñe­ce­men­to pro­fe­sio­nal e so­cial do ofi­cio. Tra­ba­llou ta­mén pa­ra o ci­ne e o tea­tro e as súas crea­cións che­ga­ron a ser por­ta­da das re­vis­tas máis re­co­ñe­ci­das do sec­tor.

Os seus tra­ba­llos

Ro­dio, Pas­tel glam, Re­tros­pec­ti­ve, Back to school ou Rock and glam son os no­mes dal­gun­has das súas co­lec­cións que se po­den ver en Ca­bo de Cruz. «Ca­da un­ha de­las é moi im­por­tan­te pa­ra min, por­que sim­bo­li­za al­go». Non se­ría ca­paz de de­can­tar­se por nin­gun­ha en con­cre­to, ca­da un­ha é di­fe­ren­te á an­te­rior. Pas­tel glam é es­pe­cial, por­que foi a pri­mei­ra que pre­sen­tou pa­ra op­tar a ser a es­ti­lis­ta do ano. Ta­mén

po­den ver­se ima­xes iné­di­tas, co­mo as que fi­xo pa­ra a os pre­mios do Club Fí­ga­ro des­te ano. Un­ha com­pi­la­ción que ten de­trás un im­por­tan­te la­bor de es­co­lla, xa que se­ría moi difícil mos­trar to­do o es­for­zo des­tes anos.

Ade­mais dos seus tra­ba­llos pro­fe­sio­nais, po­de ver­se un­ha par­te súa máis per­soal, co­mo re­cor­dos das súas via­xes po­lo mun­do, que son a súa prin­ci­pal fon­te de ins­pi­ra­ción. «Mar­cou­me moi­to Ru­sia pa­ra crear a co­lec­ción Ro­dio», co­men­ta. Pa­ra ofre­cer un­ha aten­ción máis per­so­na­li­za­da vai es­tar to­dos os mér­co­res po­la ma­ñá na sa­la de ex­po­si­cións pa­ra res­pon­der ás preguntas dos cu­rio­sos que se ache­guen a vi­si­tar a mos­tra, que es­ta­rá dis­po­ñi­ble ata o 15 de se­tem­bro.

Sem­pre foi un­ha apai­xo­na­da da pren­sa pro­fe­sio­nal. «Can­do a mi­ña fi­lla era pe­que­na e vía a me­sa do co­me­dor chea de re­vis­tas pre­gun­tá­ba­me por­que eu non saía ne­las. E mi­ra, to­do che­gou». Un­ha com­pi­la­ción de 30 anos de tra­ba­llo que pre­ten­den ser un­ha ho­me­na­xe aos ami­gos, clien­tes e equi­pos de pro­fe­sio­nais que a apoia­ron nes­te tem­po, tan­to no sa­lón co­mo na súa fa­ce­ta máis crea­ti­va. Is­to non é mais que un pa­so no ca­mi­ño, por­que a Am­pa­ro Fer­nán­dez aín­da lle que­dan moi­tos so­ños por cum­prir.

MARCOS CREO

Am­pa­ro Fer­nán­dez di que nun­ca bus­cou ser pro­ta­go­nis­ta e que «sem­pre creou co corazón».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.