Dous lo­gros

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - Víctor Barbeito

Nos úl­ti­mos anos fi­xe­mos dous avan­ces sig­ni­fi­ca­ti­vos en re­la­ción ao co­ñe­ce­men­to ar­queo­ló­xi­co ga­le­go. Un, os xa­ce­men­tos da se­rra do Bar­ban­za, que a co­mu­ni­da­de cien­tí­fi­ca in­cor­po­ra­rá á súa ba­ga­xe o pró­xi­mo lus­tro; cu­brin­do ou­tra das eta­pas his­tó­ri­cas on­de ape­nas ti­ña­mos de­tec­ta­da a pre­sen­za de xa­ce­men­tos no no­roes­te pe­nin­su­lar, un pe­río­do de mil anos dos que non sa­bía­mos on­de es­ta­ba a xen­te, on­de vi­vían. O ou­tro, Chan do Cer­quei­ro, que vai per­mi­tir co­ñe­cer as­pec­tos ex­tra­or­di­na­ria­men­te im­por­tan­tes pa­ra o avan­ce do co­ñe­ce­men­to dos xa­ce­men­tos do ter­cei­ro mi­le­nio, dos que prac­ti­ca­men­te es­ta­mos afei­tos a cer­ti­fi­car a súa des­tru­ción nas obras pú­bli­cas, sen que a co­mu­ni­da­de cien­tí­fi­ca e a Administración fo­sen ca­pa­ces de xe­rar co­ñe­ce­men­to coa súa in­ves­ti­ga­ción. Sín­to­me afor­tu­na­do, por­que can­do no 2001 se de­tec­tou a pri­mei­ra ca­ba­na prehis­tó­ri­ca en Ga­li­cia, ti­ven a in­men­sa sor­te de for­mar par­te dese equi­po. Ago­ra, nos es­ter­to­res da mi­ña de­di­ca­ción pro­fe­sio­nal en Boi­ro, con­si­go que par­te da eli­te ar­queo­ló­xi­ca ga­le­ga apou­sen­te aquí pa­ra pe­char un ci­clo de co­ñe­ce­men­to.

Nos dous lo­gros acom­pa­ñou­me un nu­tri­do gru­po de per­soas. Per­co­rre­mos un ca­mi­ño tor­tuo­so pe­ro pra­cen­tei­ro; e, ne­se gru­po pui­den des­cu­brir a per­soas cun­ha ta­lla hu­ma­na e pro­fe­sio­nal pro­di­xio­sa. En­tre elas, un­ha xor­na­lis­ta da que tar­dei anos en ato­par­me ca­ra a ca­ra; se­ría na­da me­nos que na ce­le­bra­ción da des­apa­ri­ción do Faia­do 2. A ar­queo­lo­xía é im­por­tan­te, pe­ro as vi­ven­cias e as per­soas ta­mén, po­lo que che tras­la­do o meu máis que­ri­do e fran­co agra­de­ce­men­to por acom­pa­ñar­me a min e a ar­queo­lo­xía por esa fer­mo­sa co­rre­doi­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.