O mon­te co­mu­nal de Pos­mar­cos per­de un ca­cho

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia -

«O mon­te non é no­so, nós so­mos par­te do mon­te». A ci­ta per­ten­ce a Al­ber­to Pe­go, ata on­te pre­si­den­te dos co­mu­nei­ros de Pos­mar­cos, e re­su­me á per­fec­ción a fi­lo­so­fía que el e a di­rec­ti­va que en­ca­be­za­ba apli­ca­ban á xes­tión do te­rreo ve­ci­ñal. Pe­ro on­te o mon­te de Pos­mar­cos per­deu un dos seus ca­chos no mo­men­to no que se apa­gou a vi­da de Al­ber­to Pe­go con ape­nas 41 anos.

«Un co­mu­nei­ro non ten na­da, for­ma par­te do mon­te e to­do é de to­dos», di­cía, por iso des­de que pa­sou a pre­si­dir a en­ti­da­de po­bren­se avo­gou por ca­mi­ñar ca­ra un mo­de­lo de xes­tión or­de­na­do e ca­ra un mon­te sos­ti­ble e aber­to a to­do mun­do. Hai pou­co máis de ca­tro anos que Al­ber­to Pe­go se me­teu de cheo nun mun­do que lle era alleo, pe­ro non tar­dou en po­ñer­se ao día e asu­mir res­pon­sa­bi­li­da­des en en­ti­da­des co­mar­cais, co­mo a Man­co­mu­ni­da­de Serra do Bar­ban­za, e in­clu­so na Or­ga­ni­za­ción Galega de Co­mu­ni­da­des de Mon­tes.

«Era a per­soa máis im­pli­ca­da e in­tere­sa­da en me­llo­rar a xes­tión do ben co­mún, era un­ha per­soa moi preo­cu­pa­da po­lo mon­te. Ti­ña un­has ideas moi cla­ras do que de­bía fa­cer­se», in­di­ca­ban on­te des­de a co­mu­ni­da­de de San Pe­dro de Mu­ro: «Era das per­soas que me­llor es­ta­ba fa­cen­do as cou­sas no mon­te ve­ci­ñal, e de for­ma to­tal­men­te al­truís­ta».

Ta­mén lle de­di­ca­ron pa­la­bras de lem­bran­za den­de Serra do Bar­ban­za. Máis alá do tra­ba­llo de Al­ber­to a prol do mon­te ve­ci­ñal, San­tia­go Suá­rez des­ta­ca­ba as súas ca­li­da­des per­soais: «Era dos bos, un ti­po dos que non de­be­rían mo­rrer nun­ca, dos que non abun­dan. Era un ra­paz ex­tra­or­di­na­rio, cun­ha ca­pa­ci­da­de de tra­ba­llo e de en­tu­sias­mo es­pec­ta­cu­lar».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.