La Se­ma­na Gan­dei­ra ha­rá hin­ca­pié en el com­po­nen­te más útil y di­dác­ti­co

Ase­gu­ra que a ubre e as pa­tas son as par­tes máis va­lo­ra­das nun­ha pro­du­to­ra de lei­te

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Portada - XOÁN R. AL­VI­TE MAZARICOS / CORRESPONSAL

Le­va máis de me­dia vi­da me­ti­do en­tre va­cas de lei­te. Sem­pre den­de Afri­cor-Co­ru­ña, a Aso­cia­ción de Cria­do­res de Fri­són pa­ra o Con­trol Ofi­cial de Ren­de­men­tos, co­mun­men­te co­ñe­ci­da co­mo Con­trol Lei­tei­ro, on­de vai pre­to de cum­prir os 25 anos exer­cen­do o car­go de di­rec­tor téc­ni­co. Tem­po o su­fi­cien­te­men­te lon­go co­mo pa­ra con­ver­ter­se nun dos prin­ci­pais co­ñe­ce­do­res da reali­da­de lác­tea da Ga­li­cia na que se­gue a ser un ac­tor prin­ci­pal, apor­tan­do o seu tra­ba­llo no ei­do da for­ma­ción e da me­llo­ra xe­né­ti­ca da ca­ba­na gan­dei­ra. As­pec­tos es­tes dous que, pre­ci­sa­men­te, se xun­ta­ron na vi­xé­si­mo se­gun­da edi­ción da Es­co­la de Xuí­ces Gan­dei­ros, or­ga­ni­za­da po­la Fe­de­ra­ción Fri­so­na Ga­le­ga (Fe­fri­ga), e coor­di­na­da po­lo pro­pio Jo­sé Mo­rei­ra. Un­ha ini­cia­ti­va moi es­pe­ra­da den­tro do sec­tor da­do que, por dis­tin­tas ra­zóns, le­va­ba ca­se un­ha dé­ca­da sen ce­le­brar­se.

«Den­de o pun­to de vis­ta per­soal, te­ño que re­co­ñe­cer que es­ta ac­ti­vi­da­de foi al­ta­men­te en­ri­que­ce­do­ra e, nes­te sen­ti­do, te­ño que agra­de­cer aos dis­tin­tos afri­co­res, as gran­xas par­ti­ci­pan­tes, e a pro­pia Con­se­lle­ría do Me­dio Ru­ral to­do o apoio que me pres­ta­ron pa­ra que to­do saí­se ben. Só es­pe­ro que os alum­nos que asis­ti­ron a apro­vei­ta­ran ao má­xi­mo», re­co­ñe­ce es­te pro­fe­sio­nal que, coa ex­ce­len­te didáctica que o ca­rac­te­ri­za, ten­ta ex­pli­car en que con­sis­te, a ni­vel xe­ral, un­ha es­co­la de xuí­ces gan­dei­ros.

«Trá­ta­se dun­ha ac­ti­vi­da­de for­ma­ti­va na que se in­ten­ta trans­mi­tir ao alumno asis­ten­te cal se­ría a mor­fo­lo­xía ideal pa­ra un­ha va­ca pro­du­to­ra de lei­te. Des­de a ubre, a par­te máis im­por­tan­te do ani­mal e que re­pre­sen­ta o 40 % da va­lo­ra­ción to­tal, ata o cos­te­lar, pa­san­do po­las pa­tas ou po­la for- ma do pes­co­zo. Va­ló­ra­se ab­so­lu­ta­men­te to­do», ex­pli­ca. Ao mes­to tem­po, re­co­ñe­ce que a es­pec­ta­cu­lar mo­der­ni­za­ción que su­friu o sec­tor lác­teo nos úl­ti­mos anos fi­xo in­clu­so que, co paso dos anos, cam­bia­se o pro­to­ti­po do que de­be ser a «va­ca ideal» que bus­can con­se­guir a maioría das gran­xas. «An­tes va­lo­rá­ban­se un­has cou­sas e ago­ra ou­tras to­tal­men­te dis­tin­tas. Por exem­plo, an­tes que­rían­se va­cas moi gran­des, con moi­ta ca­pa­ci­da­de pa­ra in­xe­rir ali­men­to e ago­ra mí­ran­se máis ou­tros as­pec­tos co­mo a ubre ou as pa­tas. Fac­to­res que in­ci­dan po­si­ti­va­men­te na pro­du­ción do ani­mal pe­ro ta­mén na súa lon­xe­vi­da­de», en­ga­de.

Un­ha par­te prác­ti­ca

Nes­te sen­ti­do, os 85 alum­nos que par­ti­ci­pa­ron na es­co­la de xuí­ces gan­dei­ros, pro­ce­den­tes das prin­ci­pais co­mar­cas lei­tei­ras de Ga­li­cia e in­clu­so dou­tras re­xións pro­du­to­ras co­mo Ca­ta­lu­ña ou o cen­tro de Por­tu­gal, ti­ve­ron a oca­sión de vi­si­tar e va­lo­rar o gan­do de va­rias ex­plo­ta­cións pun­tei­ras de Lu­go, A Co­ru­ña e Pon­te­ve­dra. Ne­las, des­pois das ex­pli­ca­cións do xuíz, pro­ce­dían a cua­li­fi­car mor­fo­lo­xi­ca­men­te aos dis­tin­tos ani­mais ex­pli­can­do os que, ao seu en­ten­der, eran os seus pun­tos for­tes e as ca­ren­cias máis sig­ni­fi­ca­ti­vas.

«Es­ta é un­ha ac­ti­vi­da­de moi prác­ti­ca que, ha­bi­tual­men­te, lle gus­ta moi­to aos gan­dei­ros, por­que exis­te un con­tac­to cons­tan­te e di­rec­to cos ani­mais. De to­dos xei­tos, tan im­por­tan­te co­mo é o fei­to de apren­der so­bre mor­fo­lo­xía fri­so­na creo que é a con­vi­ven­cia de to­dos os gan­dei­ros du­ran­te a se­ma­na que du­ra a es­co­la», apun­ta Jo­sé Mo­rei­ra. O di­rec­tor téc­ni­co de Afri­cor-Co­ru­ña si­na­la que a re­la­ción a ni­vel so­cial que se es­ta­ble­ce en­tre os pro­fe­sio­nais pro­ce­den­tes de dis­tin­tas zo­nas con sis­te­mas de pro­du­cións di­fe­ren­tes re­sul­ta moi en­ri­que­ce­do­ra pa­ra to­dos os par­ti­ci­pan­tes.

Co­mo o é ta­mén to­do o vin­cu­la­do á Se­ma­na Gan­dei­ra que se ce­le­bra en Mazaricos, na que Mo­rei­ra Par­di­ñas, co­mo res­pon­sa­ble de Afri­cor-Co­ru­ña, fi­gu­ra co­mo co-or­ga­ni­za­dor. Ex­pli­ca con res­pec­to a es­ta ini­cia­ti­va, pa­ra a cal xa se tra­ba­lla na súa pre­pa­ra­ción. «Es­te ano terá lu­gar en­tre o 27 de no­vem­bro e o 3 de de­cem­bro, e ha­be­rá no­vi­da­des im­por­tan­tes con res­pec­to a edi­cións an­te­rio­res, en­ca­mi­ña­das a que as ac­ti­vi­da­des se­xan aín­da máis di­dác­ti­cas e prác­ti­cas pa­ra os gan­dei­ros da zo­na», re­co­ñe­ce o es­pe­cia­lis­ta.

AL­VI­TE

Mo­rei­ra coor­di­nou a Es­co­la de Xuí­ces Gan­dei­ros, que le­va­ba un­ha dé­ca­da sen ce­le­brar­se.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.