O ci­ne to­ma o pul­so do fu­tu­ro do mun­do ru­ral

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - BOR­JA CA­SAL, X. F.

En­tre o mér­co­res e o ven­res des­ta se­ma­na terá lu­gar en En­tri­mo os pri­mei­ros En­con­tros Arraia­nos de Ci­ne­ma Ru­ral, que se­guen a li­ña dou­tros fes­ti­vais co­mo o Car­los Ve­lo ou o Fil­mes do Ho­men de Mel­gaço. Es­tes cer­ta­mes te­ñen un ob­xec­ti­vo co­mún: axu­dar a di­vul­gar no­vos pro­xec­tos nos dous la­dos da raia. Un­ha raia —a fron­tei­ra en­tre Ga­li­cia e Por­tu­gal— que pre­ten­den des­de­bu­xar pa­ra te­cer un­ha re­de de co­la­bo­ra­ción. Xe­rar un cli­ma de des­fron­tei­ri­za­ción que per­mi­ta le­var a ca­bo pro­xec­tos con­xun­tos, tan­to au­dio­vi­suais co­mo li­te­ra­rios.

Aser Ál­va­rez, que par­ti­ci­pa na or­ga­ni­za­ción des­tes fes­ti­vais, ase­gu­ra que co ci­ne­ma ru­ral o que se bus­ca é «crear un de­ba­te con­tem­po­rá­neo so­bre o mun­do ru­ral, que es­tá a su­frir un im­por­tan­te des­po­boa­men­to». Na súa opi­nión, é fun­da­men­tal es­ta­ble­cer un diá­lo­go con «ou­tras iden­ti­da­des», coas que se co­nec­ta a tra­vés dun­ha re­de de fes­ti­vais ru­rais a ni­vel es­pa­ñol e in­ter­na­cio­nal, xa que, se­gun­do di, «ou hai fu­tu­ro pa­ra o ru­ral, ou non hai fu­tu­ro pa­ra o país». Ese é o de­ba­te.

Nes­tes En­con­tros Arraia­nos de Ci­ne­ma Ru­ral de En­tri­mo vai­se pro­xec­tar o docu­men­tal 100% Cel­so Emi­lio Fe­rrei­ro, di­ri­xi­do po­lo pro­pio Ál­va­rez, un fil­me «vi­bran­te, rít­mi­co e agra­da­ble de ver, que se bus­ca di­fe­ren­ciar dos do­cu­men­tais máis con­ven­cio­nais». En pa­la­bras do seu crea­dor, a cin­ta amo­sa un poe­ta «máis po­pu­lar, cun­ha poe­sía que aín­da che­ga aos no­sos días gra­zas a xé­ne­ros co­mo o rap». Ta­mén ha­be­rá cur­ta­me­tra­xes, co­mo Fron­tei­ras de ener­xía ani­mal, que su­pón un­ha re­fle­xión so­bre o mun­do da trac­ción ani­mal, ou Car­los Ve­lo en Mé­xi­co, am­bas de Arraia­nos Pro­du­cións.

Ade­mais des­tas ac­ti­vi­da­des, o es­cri­tor Mén­dez Fe­rrín pre­sen­ta­rá o li­bro Arraiano en­tre Arraia­nos. Por ou­tro la­do se lle ou­tor­ga­rá o pre­mio de Arraino Maior 2017 a Pau­la Go­din­ho, ex­per­ta nas re­la­cións da raia, es­pe­cial­men­te du­ran­te as di­ta­du­ras de Fran­co e Sa­la­zar. Ta­mén se­rá pre­mia­do o co­lec­ti­vo Ao Nor­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.