Mú­si­cas cel­tas

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Galicia - Biei­to Ro­me­ro Mú­si­co

Amú­si­ca cel­ta, ou mellor di­to, o xei­to de fa­cer mú­si­ca de­no­mi­na­do así, che­gou a Ga­li­cia a me­dia­dos dos anos se­ten­ta can­do as obras de xen­te co­mo o bre­tón Alan Sti­vell, os ir­lan­de­ses The Bothy Band e The Chief­tains ou os es­co­ce­ses The Battle­field Band, por po­ñer al­gúns exem­plos, co­me­za­ron a ser co­ñe­ci­das por es­tas te­rras, ao tem­po que re­co­ñe­ci­das co­mo mú­si­cas ir­más po­lo ven­ce­llo in­ter­cél­ti­co que nos xun­gue. Es­te fei­to xe­rou un­ha im­por­tan­te co­rren­te de mú­si­cos que acep­tou es­te xei­to de fa­cer, e axi­ña co­me­za­ron a mo­ver­se un­ha im­por­tan­te can­ti­da­de de pro­pos­tas que tra­ba­lla­ban a mú­si­ca ga­le­ga des­de a pers­pec­ti­va cel­ta, con to­da a po­lé­mi­ca que xe­rou ata día de ho­xe. A in­cor­po­ra­ción á mú­si­ca folk ga­le­ga de ins­tru­men­tos co­mo o tin whistle (frau­tas ir­lan­de­sas), o bodh­ran (pan­dei­ro re­don­do que se to­ca cun­ha pe­queno ba­que­ta de ma­dei­ra ou oso), a ar­pa cél­ti­ca ou o bou­zou­ki (ins­tru­men­to de cor­da de ori­xe gre­ga mo­di­fi­ca­do por ir­lan­de­ses pa­ra es­tas mú­si­cas), xun­to cos ele­men­tos pro­pia­men­te ga­le­gos co­mo as gai­tas, a zan­fo­na, o bi­rim­bao e os di­fe­ren­tes ti­pos de per­cu­sión au­tóc­to­nos (pan­dei­re­ta, pan­dei­ro, ta­rra­ño­las, cun­chas…) fo­ron de­ci­si­vos á ho­ra de con­for­mar un­ha so­no­ri­da­de, e fi­xe­ron que a mú­si­ca ga­le­ga se su­ma­se á an­dai­na do cel­tis­mo mu­si­cal ini­cia­do po­los ir­máns do nor­te (es­co­ce­ses, ga­le­ses, bre­tóns, ir­lan­de­ses…) e des­te xei­to ga­ñar en­ti­da­de e re­co­ñe­ce­men­to en gran­des even­tos co­mo o Fes­ti­val In­ter­cél­ti­co de Lo­rient na Bre­ta­ña ou o Cel­tic Con­nec­tions en Glas­gow, Es­co­cia, en­tre ou­tros. Sem­pre é bo apren­der de quen sa­be máis. Esa apren­di­za­xe axu­dou e axu­da a que, en boa me­di­da, te­ña­mos a xe­ra­ción de mú­si­cos e de pro­pos­tas máis im­por­tan­te da his­to­ria. Ago­ra só fal­ta in­fra­es­tru­tu­ra que a fa­ga sos­ti­ble, via­ble e ex­por­ta­ble ao mun­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.