A eco­no­mía co­la­bo­ra­ti­va

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - Jo­sé Rodríguez Ca­be­za

No ar­ti­go da se­ma­na pa­sa­da re­ma­ta­ba eu ape­lan­do á eco­no­mía co­la­bo­ra­ti­va pa­ra arran­xar al­gúns dos pro­ble­mas que te­mos en Ga­li­cia, pe­ro ho­xe mó­la­me fa­cer un re­la­to do que sig­ni­fi­ca ese con­cep­to que ca­da vez se es­tá po­pu­la­ri­zan­do máis. En reali­da­de non se tra­ta dun­ha no­vi­da­de pa­ra os ga­le­gos de fai cin­cuen­ta anos pa­ra atrás can­do de fa­cer as ma­llas do tri­go ou das fa­bas se tra­ta­ba, na re­co­llei­ta das pa­ta­cas, nas se­men­tei­ras ou na es­fo­lla do mi­llo, ta­re­fa es­ta na que un ser­vi­dor se apli­ca­ba ten­do en­tre os tre­ce e os de­zaoi­to anos en­chen­do dous ces­tos de es­pi­gas can­do a me­dia dos de­mais era de un, así que can­do das no­sas lei­ras se tra­ta­ba vi­ñan dous pa­ra com­pen­sar. Na­tu­ral­men­te que se iso acon­te­ce­se ho­xe en día non fal­ta­ría un ins­pec­tor de tra­ba­llo que lles me­te­ría un cra­vo á mi­ña nai e ao ve­ci­ño que non le­van­ta­rían ca­be­za de por vi­da.

Pe­ro es­ta­mos no sécu­lo XXI e, lo­xi­ca­men­te, tan­to a eco­no­mía co­mo, fun­da­men­tal­men­te, o con­su­mo co­la­bo­ra­ti­vo te­ñen ou­tras con­no­ta­cións co­mo se re­flic­ten a co­tío nos me­dios, pe­ro ve­xan o que en 2014 di­cía a UE: «O con­su­mo co­la­bo­ra­ti­vo re­pre­sen­ta o com­ple­men­to avan­ta­xa­do den­de o pun­to de vis­ta in­no­va­dor, eco­nó­mi­co e eco­ló­xi­co da eco­no­mía da pro­du­ción po­la eco­no­mía do con­su­mo. Ade­mais su­pón un­ha so­lu­ción á cri­se eco­nó­mi­ca e fi­nan­cei­ra na me­di­da que po­si­bi­li­ta o in­ter­cam­bio en ca­so de ne­ce­si­da­de».

¿On­de es­tá o pro­ble­ma pa­ra que ha­xa tan­ta per­se­cu­ción den­de os po­de­res pú­bli­cos? Por ese in­dis­cri­mi­na­do afán fis­cal de­pre­da­dor, ata cos máis fe­bles, ao mes­mo tem­po que se coar­ta a li­ber­da­de das per­soas pa­ra pen­sar e fa­cer.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.