A cha­que­ta do es­pan­ta­llo

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Relatos De Verán - M.ª FRAN­CIS­CA RO­DRÍ­GUEZ CABANAS 87 anos. Fe­rrol. Xu­bi­la­da agra­ria.

Esta é un­ha his­to­ria con­ta­da por un­ha ami­ga que xa ten moi­tos anos.

Des­pois da gue­rra, na­que­les tem­pos, non ha­bía ca­se na­da pa­ra ven­der; tam­pou­co ha­bía di­ñei­ro pa­ra com­prar. Ca­sou e ti­ve­ron un neno. Tra­ba­lla­ban un­has te­rras pa­ra axu­dar a vi­vir. O ho­me ía tra­ba­llar a on­de o cha­ma­ban.

Un día ela foi sa­char co neno e dei­xá­bao no arre­dor. O arre­dor era un ca­chi­ño de campo que que­da­ba po­los la­dos das te­rras, pa­ra apa­cen­tar as va­cas; ta­mén pa­ra dar vol­ta can­do se ara­ban as lei­ras. Tra­ba­lla­ba e coida­ba ao neno. Ía frío. Ao la­do, ha­bía un­ha lei­ra cun es­pan­ta­llo pa­ra tor­nar os pa­xa­ros. A nai foi on­de o es­pan­ta­llo; sa­cou­lle a cha­que­ta e en­vol­veu o neno. O neno, coa ca­lor da cha­que­ta, que­dou dur­mi­do.

¡Que con­ten­to que­da­ría o es­pan­ta­llo ao ver aquel neno dur­min­do! El non te­ría frío. Cum­pri­ría igual­men­te o seu tra­ba­llo (es­pan­tar os pa­xa­ros). Pe­ro, o seu co­ra­zón, aín­da que era de pa­lla, es­ta­ría ale­gre por dar­lle ca­lor a aquel ne­ni­ño que ti­ña frío.

¡Can­to ca­lor ten a cha­que­ta dun es­pan­ta­llo! Can­do es­ta­mos ben abri­ga­dos, ben far­tos, que pou­co nos acor­da­mos dos que non te­ñen na­da. Apren­da­mos do es­pan­ta­llo. Dar al­go do que ou­tros ne­ce­si­tan. Can­do cha­man á por­ta pe­din­do axu­da, de­be­ría­mos po­ñer­nos por fó­ra, pa­ra apren­der o du­ro que é e co­mo nos gus­ta­ría que nos tra­ta­sen.

Imi­te­mos ao es­pan­ta­llo. Sa­que­mos o frío do cor­po, e ta­mén da al­ma, axu­dan­do a quen o ne­ce­si­ta.

Esta é un­ha his­to­ria que ten no­mes, a nai e o neno. Un­ha his­to­ria que eu que­ría dei­xar con­ta­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.