Os no­sos ma­dri­le­ños

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia - Mar­ta Gómez

Non sei que pa­sa­ba nou­tros po­bos, pe­ro hai anos en Rian­xo — na vi­la, cla­ro, os que so­mos das pa­rro­quias non che­gá­ba­mos a tan­to— ca­da fa­mi­lia ti­ña aos seus pro­pios ma­dri­le­ños. Si, eran seus e de nin­guén máis. E eu, que nun­ca tal oí­ra, es­coi­ta­ba pas­ma­da as (pa­ra min) sim­pá­ti­cas con­ver­sas en­tre as mi­ñas ami­gas in­tere­sán­do­se po­los seus res­pec­ti­vos ma­dri­le­ños, por can­do vi­ñan, que tal a via­xe e can­do mar­cha­ban. Na­que­les tem­pos a cou­sa era así: ha­bía fa­mi­lias da Me­se­ta que ano tras ano pa­sa­ban as va­ca­cións en Rian­xo e, in­va­ria­ble­men­te, hos­pe­dá­ban­se na mes­ma ca­sa. Sem­pre. E a re­la­ción aca­ba­ba por ser tan es­trei­ta que os de aquí e os de alá se tra­ta­ban coa mes­ma fa­mi­lia­ri­da­de ca se es­ti­ve­ran uni­dos por la­zos de sangue.

Pe­ro esa épo­ca, que non es­tá tan afas­ta­da no tem­po co­mo po­de­ría pa­re­cer, aca­bou. De fei­to, hou­bo un mo­men­to no que os ma­dri­le­ños dei­xa­ron de acu­dir á vi­la coa mes­ma fre­cuen­cia e as es­ta­días ví­ron­se acur­ta­das. Du­ran­te uns can­tos ve­ráns a cri­se fi­xo que o acen­to cas­te­lán es­ti­ve­ra moi­to me­nos pre­sen­te nas te­rra­zas dos lo­cais hos­ta­lei­ros do que es­ta­ba­mos afei­tos. A es­tas al­tu­ras pa­re­ce que a cou­sa se es­tá re­cu­pe­ran­do e nas úl­ti­mas se­ma­nas ven­se po­la vi­la moi­tas ca­ras des­co­ñe­ci­das, non obs­tan­te, os «no­sos» ma­dri­le­ños non vol­ve­rán. Ago­ra non che­ga con es­tar aí coas portas aber­tas pa­ra fa­cer o agos­to á con­ta dos turistas sen ofre­cer na­da a cambio e agar­dar que a co­mar­ca se ven­da soa.

Por for­tu­na, pa­re­ce que os con­ce­llos da bis­ba­rra es­tán co­me­zan­do a ser cons­cien­tes di­so e es­tán to­man­do me­di­das ao res­pec­to, pro­gra­man­do ac­ti­vi­da­des a dia­rio pa­ra que ve­ci­ños e vi­si­tan­tes te­ñan es­cu­sas de so­bra pa­ra saír á rúa —por­que, ao fin e ao ca­bo, a xen­te é vi­da pa­ra un po­bo— e to­man­do en se­rio iso que cha­man pro­mo­ción tu­rís­ti­ca.

O úl­ti­mo exem­plo é o do xeo­des­tino Ría da Es­tre­la. Se ben en Arou­sa nor­te hai tem­po que os con­ce­llos uni­ron os seus ca­mi­ños pa­ra ir po­la man na pro­mo­ción da zona, en Mu­ros-Noia non oco­rría o mes­mo ata hai ben pou­co. E cóm­pre se­guir me­llo­ran­do.

Igual al­gún deses ma­dri­le­ños que nos vi­si­ta­ban de ca­ti­vos e que hai anos que non pi­san es­tas la­ti­tu­des vol­ven na­mo­rar da co­mar­ca.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.