Bea Le­ma, pri­mei­ra mu­ller en ga­ñar o premio Cas­te­lao de ban­da deseña­da

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura -

Bea Le­ma (A Co­ru­ña, 1985) con­ver­teu­se on­te na pri­mei­ra mu­ller en ga­ñar o premio Cas­te­lao de ban­da deseña­da que con­vo­ca a Depu­tación da Co­ru­ña na súas do­ce edi­cións. Foi ta­mén o ano que máis obras se pre­sen­ta­ron ao cer­ta­me, un to­tal de de­za­seis. O xu­ra­do, for­ma­do por Emi­lio Fonseca, Xo­sé To­más, Na­ta­cha Bus­to, Pa­blo Au­la­dell e Go­ret­ti San­mar­tín, eli­xiu co­mo ven­ce­do­ra a obra O cor­po de Cris­to, de Le­ma.

O xu­ra­do va­lo­rou «a in­ten­si­da­de dra­má­ti­ca sen caer no sen­ti­men­ta­lis­mo» do ori­xi­nal ga­ña­dor, do que ta­mén des­ta­cou a súa vi­sión pa­ra re­la­tar pa­to­lo­xías men­tais den­de un­ha pers­pec­ti­va in­fan­til. O premio dis­tin­gue co­mo O cor­po de Cris­to mos­tra «a re­si­lien­cia dun­ha ne­na fron­te aos pro­ble­mas adul­tos», cun­ha apos­ta vi­sual ba­sea­da nun­ha «li­ña ele­gan­te e de­li­ca­da que trans­mi­te at­mos­fe­ras emo­cio­nais moi com­ple­xas, apoián­do­se en me­tá­fo­ras vi­suais moi in­ten­sas e po­ten­tes».

Le­ma for­mou­se co­mo deseña­do­ra de pro­du­to e ini­ciou a súa tra­xec­to­ria pro­fe­sio­nal no 2010 en Sar­ga­de­los. Con Xoán To­rres creou o pro­xec­to Le­lé­da­cu­ca pa­ra rea­li­zar ob­xec­tos que mes­tu­ren o de­se­ño con­tem­po­rá­neo e a ar­te­sa­nía tra­di­cio­nal. En­tre os seus tra­ba­llos co­mo au­to­ra e ilus­tra­do­ra fi­gu­ran libros co­mo Pa­sa­do ou fu­tu­ro? ou O dia­rio de Ra­quel. Na ac­tua­li­da­de é so­cia da coope­ra­ti­va 7H.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.