Ato­par un te­sou­ro

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - Car­los F. Co­to

Moi­tas ve­ces le­mos ti­tu­la­res xor­na­lís­ti­cos que cul­pan a un xa­ce­men­to ar­queo­ló­xi­co dos re­tra­sos na cons­tru­ción de in­fraes­tru­tu­ras, ou de ter que des­viar un­ha au­to­vía por culpa dun cas­tro ou dun­ha má­moa. Moi­tas ve­ces le­mos que un­ha obra le­va me­ses de re­tra­so por­que apa­re­ceu un trei­to de mu­ra­lla, ali­cer­ces an­ti­gos ou cal­que­ra ti­po de ves­ti­xios. Ca­se sem­pre se culpa a Pa­tri­mo­nio de­sas di­la­cións, por­que pa­ra­li­zan as obras na­men­tres in­ves­ti­gan a súa ori­xe, a pro­ce­den­cia no tem­po. Moi­tas ve­ces te­mos oí­do que fan obras sen li­cen­za ou ás ago­cha­das por me­do aos de Pa­tri­mo­nio. Os de Pa­tri­mo­nio non son ogros que uni­ca­men­te po­ñen pe­gas ás obras so­bre xa­ce­men­tos ou na súa pro­xi­mi­da­de, son os res­pon­sa­bles de ve­lar po­la res­pon­sa­bi­li­da­de dos ci­da­dáns co le­ga­do de épo­cas pa­sa­das, que mi­ran por des­cu­brir esas pe­dras so­te­rra­das tras xe­ra­cións.

Esas pe­dras le­van cen­tos de anos sen que nin­guén se preo­cu­pe por elas, pe­ro re­pre­sen­tan a no­sa me­mo­ria, o no­so pa­sa­do, e un po­bo que ig­no­ra o pa­sa­do é un po­bo que ca­mi­ña sen rumbo ca­ra ao fu­tu­ro, un po­bo sen iden­ti­da­de pro­pia. Cal­que­ra in­fraes­tru­tu­ra ou equi­pa­men­to po­de ser cons­truí­do nou­tro lu­gar, pó­de­se mo­di­fi­car o tra­za­do pa­ra sal­va­gar­dar ese le­ga­do his­tó­ri­co, e as pré­sas por le­va­lo a ca­bo non de­ben es­tar por ri­ba da in­ves­ti­ga­ción so­bre as no­sas ori­xes.

An­tes de planificar cal­que­ra no­va obra hai que in­ves­ti­gar so­bre o te­rreo, e se des­cu­bri­mos al­go cons­truí­do po­los no­vos de­van­cei­ros, de­be­mos ale­grar­nos, por­que ato­pa­mos un te­sou­ro. Hai que dei­xar de ver o pa­tri­mo­nio co­mo un pro­ble­ma pa­ra ve­lo co­mo un­ha opor­tu­ni­da­de. É a no­sa cul­tu­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.