«Non nos plan­te­xa­mos nin reformar nin de­rro­gar es­ta me­di­da»

O re­xe­dor do BNG de­fen­de o po­lé­mi­co plus que pri­ma­rá aos que non fa­llen ao tra­ba­llo fron­te aos «abu­sos» de ago­ra

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Galicia - LUIS CAR­LOS LLERA

O al­cal­de de Ponteareas, Xo­sé Re­pre­sas, li­de­ra un go­berno de coa­li­ción do que for­man par­te BNG, PSOE e A Ria­da do Tea. Es­ta se­ma­na, o tri­par­ti­to apro­bou un po­lé­mi­co plus de pro­du­ti­vi­da­de coa opo­si­ción do PP e coa au­sen­cia dos in­de­pen­den­tes. Des­pois de va­rios días de po­lé­mi­ca o re­xe­dor acep­tou res­pon­der a La Voz, pe­ro só a con­di­ción de fa­ce­lo a tra­vés dun cues­tio­na­rio.

—Es­pe­ra­ba a re­per­cu­sión que ti­vo a apro­ba­ción do plus de pro­du­ti­vi­da­de?

—Non, por­que é un­ha re­per­cu­sión fun­da­men­ta­da nun­ha men­ti­ra, nun­ha ma­ni­pu­la­ción frau­du­len­ta da in­for­ma­ción. O PP que­re xe­rar po­lé­mi­ca e ta­par a in­ves­ti­ga­ción xu­di­cial na ope­ra­ción Pa­tos na que es­tán impu­tados a po­pu­lar Be­lén Vi­llar e o exal­cal­de Sal­va­dor Gon­zá­lez So­lla, cun­ha cla­ra res­pon­sa­bi­li­da­de política da súa ac­tua­ción co­rrup­ta no man­da­to an­te­rior. A día de ho­xe aín­da es­ta­mos a pa­gar sen­ten­cias e con­de­nas de ex­tra­ba­lla­do­res do go­berno an­te­rior. Sen­ten­cias mi­llo­na­rias con car­tos que po­de­ría­mos des­ti­nar ao cre­ce­men­to e me­llo­ra de Ponteareas.

—No pleno dí­xo­se que a me­di­da te­ría co­mo ob­xec­ti­vo com­ba­ter o ab­sen­tis­mo. Que por­cen­ta­xe de au­sen­cias se pro­du­cen?

—Non te­mos da­tos moi re­pre­sen­ta­ti­vos de ab­sen­tis­mo. Te­mos máis de 190 tra­ba­lla­do­res en­tre fun­cio­na­rios e la­bo­rais que cum­pren co seu co­me­ti­do dia­rio. É cer­to que hai ca­sos pun­tuais de abu­so que to­do o mun­do co­ñe­ce, e pre­ci­sa­men­te pa­ra fa­cer xus­ti­za pro­ce­deu­se a es­ta re­gu­la­ción tan ne­ce­sa­ria.

—O no­vo plus pri­ma aos que van tra­ba­llar nun 70 % men­tres que o 30 % da pro­du­ti­vi­da­de es­tá en fun­ción da de­di­ca­ción. Non se­ría me­llor que fo­se ao re­vés?

—Non é así exac­ta­men­te. A re­tri­bu­ción por pro­du­ti­vi­da­de que exis­te en ad­mi­nis­tra­cións pú­bli­cas e en em­pre­sas pri­va­das no no­so ca­so con­cé­de­se por di­ver­sos mo­ti­vos. Os cri­te­rios son re­gra­dos, ob­xec­ti­vos e con­tro­la­dos pu­bli­ca­men­te, nin son es­cu­ros nin ar­bi­tra­rios. É a pri­mei­ra vez que se abre es­te de­ba­te en Ponteareas por­que é a pri­mei­ra vez que se le­va a pleno es­te te­ma. O se­ñor So­lla pa­ga­ba bai­xo cor­da e ago­ra fai un­ha in­ter­pre­ta­ción trum­pis­ta e frau­du­len­ta do que se apro­bou no pleno.

—O plus vano co­brar to­dos os tra­ba­lla­do­res mu­ni­ci­pais?

—Non o van a co­brar to­dos os tra­ba­lla­do­res mu­ni­ci­pais, se­nón que to­dos os tra­ba­lla­do­res mu­ni­ci­pais te­rán de­rei­to a per­ci­bi­lo, sem­pre e can­do cum­pran cos re­qui­si­tos de­ri­va­dos da nor­ma­ti­va vi­xen­te e do re­gu­la­men­to apro­ba­do. Is­to su­pón un­ha no­vi­da­de ao res­pec­to do que se veu fa­cen­do po­los go­ber­nos mu­ni­ci­pais an­te­rio­res, que asig­na­ban as pro­du­ti­vi­da­des a de­do, en ba­se a ami­guis­mos e á mar­xe da lei.

—Ago­ra hai plu­ses que che­gan aos 400 eu­ros ao mes. Dí­xo­se que se van a eli­mi­nar. Non es­tán con­so­li­da­dos?

—É ne­ce­sa­rio ir ao te­ma de fon­do, que non é ou­tro que a si­tua­ción de desas­tre coa que es­te go­berno mu­ni­ci­pal se ato­pou no con­ce­llo, her­dan­za de anos e anos de des­go­berno e de ca­ci­quis­mo. Cóm­pre sa­lien­tar, por exem­plo, que no Con­ce­llo de Ponteareas, se­gun­do re­flic­ten os es­tu­dos pre­vios pa­ra a ela­bo­ra­ción da RPT, os em­pre­ga­dos ad­mi­nis­tra­ti­vos co­bran de me­dia un 25 % me­nos que os sa­la­rios dos con­ve­nios pri­va­dos.

—O co­mi­té es­tá a fa­vor da me­di­da por­que os tra­ba­lla­do­res te­ñen sa­la­rios bai­xos. Non é un­ha suba en­cu­ber­ta dos sol­dos sen dar con­tas a Fa­cen­da?

—Re­mí­to­me á res­pos­ta an­te­rior. O asun­to non é bus­car un­ha subida en­cu­ber­ta, se­nón re­co­ñe­cer o es­for­zo que es­tán a fa­cer os tra­ba­lla­do­res mu­ni­ci­pais a con­se­cuen­cia das res­tri­cións que en ma­te­ria de per­soal se de­ri­van da lei Mon­to­ro. E, en cal­que­ra ca­so, é im­por­tan­te que se sai­ba que den­de que es­te Go­berno mu­ni­ci­pal asu­miu as súas res­pon­sa­bi­li­da­des, nos úl­ti­mos dous anos re­du­ciu­se o gas­to en per­soal de xei­to sig­ni­fi­ca­ti­vo, pa­san­do de 5.259.000 eu­ros a 4.900.000.

—Vos­te­des sa­nea­ron as con­tas. O Es­ta­do se­gue re­ten­do car­tos?

—Nes­te mo­men­to non hai re­ten­ción. A dé­be­da co Es­ta­do re­ma­tou­se de pa­gar en de­cem­bro do 2016.

—Vos­te­de non cre que se po­de me­nos­ca­bar a ima­xe do fun­cio­na­rio? Por­que pa­re­ce que se pre­mia só o fei­to de non fal­tar ao tra­ba­llo...

—Un­ha cou­sa é que pa­re­za e ou­tra cou­sa é que se­xa. Co­mo non é cer­to que o com­ple­men­to se xe­re só po­lo fei­to de non fal­tar ao tra­ba­llo, pa­ré­ce­me que non se­ría xus­to que se me­nos­ca­ba­se a ima­xe dos tra­ba­lla­do­res mu­ni­ci­pais.

—Plan­té­xa­se reformar a me­di­da ou de­rro­ga­la an­te a po­lé­mi­ca sus­ci­ta­da?

—É a pri­mei­ra vez que no Con­ce­llo de Ponteareas se es­ta­ble­ce un cri­te­rio ob­xec­ti­vo e trans­pa­ren­te pa­ra o re­par­to da pro­du­ti­vi­da­de, cri­te­rio se­me­llan­te, por cer­to, ao de ou­tros con­ce­llos go­ber­na­dos po­lo PP. Xa que lo­go, non nos plan­te­xa­mos nin reformar nin de­rro­gar a me­di­da.

—Cha­ma a aten­ción que o seu par­ti­do non saia na súa de­fen­sa. Por que non o res­pal­dan?

—O meu par­ti­do o que fi­xo foi re­mi­tir­se a min por tra­tar­se dun asun­to do con­ce­llo, non do par­ti­do, o cal non é un­ha fal­ta de res­pal­do se­nón o co­rrec­to.

«Os cri­te­rios son re­gra­dos, ob­xec­ti­vos e con­tro­la­dos, nin son es­cu­ros nin ar­bi­tra­rios»

MIGUEL ESTÉVEZ

Xo­sé Re­pre­sas, do BNG, é al­cal­de den­de o 2015.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.