«Pardo Ba­zán fa­ría un­ha gran obra co es­per­pen­to que se es­tá a vi­vir en Mei­rás»

A aso­cia­ción vén de le­var ao Con­gre­so un­ha ini­cia­ti­va pa­ra ile­ga­li­zar a Fun­da­ción Fran­co, que xes­tio­na o pa­zo

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Galicia - BRAIS CAPELÁN

O pa­zo de Mei­rás le­va ca­se un mes sen­do xes­tio­na­do po­la Fun­da­ción Na­cio­nal Fran­cis­co Fran­co (FNFF). Prac­ti­ca­men­te to­das as ins­ti­tu­cións de­nun­cia­ron a si­tua­ción da­da no pa­la­ce­te pro­pie­da­de da fa­mi­lia do di­ta­dor. Sen em­bar­go, aín­da nin­guén deu coa cha­ve pa­ra evi­tar que a aso­cia­ción exal­te a fi­gu­ra de Fran­co e o seu ré­xi­me du­ran­te as vi­si­tas guia­das ao es­pa­zo si­tua­do no con­ce­llo de Sa­da. On­te foi a Aso­cia­ción pa­ra la Re­cu­pe­ra­ción da Me­mo­ria His­tó­ri­ca a que pre- sen­tou no Con­gre­so un­ha ini­cia­ti­va pa­ra ile­ga­li­zar a FNFF. Ta­mén des­de A Coruña es­tan­se a dar pa­sos ca­ra un úni­co fin: «De­vol­ver o pa­zo a quen o pa­gou». Pa­ra iso, a Co­mi­sión po­la Re­cu­pe­ra­ción da Me­mo­ria His­tó­ri­ca lo­cal cons­ti­tuíu a Xun­ta Pro De­vo­lu­ción do pa­zo de Mei­rás, na que se po­de­rían en­ro­lar os con­ce­llos e ins­ti­tu­cións que «de­fen­dan o uso pú­bli­co des­te es­pa­zo».

—Co­mo re­ci­ben a no­va de que a Fun­da­ción Na­cio­nal Fran­cis­co Fran­co xes­tio­na as vi­si­tas ao Pa­zo?

—Co­mo to­do o mun­do. Foi a tra­vés dun­ha en­tre­vis­ta á fi­lla de Fran­co. O que é sor­pren­den­te é o co­mu­ni­ca­do da FNFF, asu­min­do es­ta si­tua­ción con to­tal nor­ma­li­da­de. É un­ha si­tua­ción es­per­pén­ti­ca.

—Cal se­ría a me­di­da máis ur­xen­te pa­ra po­der re­sol­ver es­ta si­tua­ción?

—O pri­mei­ro pa­so é a ile­ga­li­za­ción dun­ha en­ti­da­de que non cum­pre os prin­ci­pios bá­si­cos de­mo­crá­ti­cos. O se­gun­do pa­so se­rá que a xes­tión do pa­zo pa­se a mans de ins­ti­tu­cións de­mo­crá­ti­cas, co­mo é o Con­ce­llo de Sa­da, ao que nós apoia­mos nes­tes ter­mos. E o ter­cei­ro se­ría a de­vo­lu­ción do es­pa­zo a quen o pa­gou, que son os ve­ci­ños e a ci­da­da­nía en xe­ral.

—Co­mo é po­si­ble que non se sou­be­se des­de un co­me­zo que a FNFF xes­tio­na o pa­zo?

—É un­ha evi­den­te si­tua­ción de im­pu­ni­da­de da fa­mi­lia Fran­co. Non dan ex­pli­ca­cións a nin­guén. Es­tán nun­ha es­pe­cie de lim­bo e cren­se os se­ño­res de Mei­rás. Non cren nos prin­ci­pios de­mo­crá­ti­cos e, por iso, con­si­de­ran que non te­ñen que dar ex­pli­ca­cións.

—Que opi­nan da ac­ti­tu­de da Xun­ta ou do Go­berno an­te es­ta si­tua­ción?

—Te­ñen que ter moi­ta pre­cau­ción, xa que son os re­pre­sen­tan­tes le­xí­ti­mos do Es­ta­do. Es­tán adop­tan­do po­si­cións ti­bias fron­te a de­fen­sa da de­mo­cra­cia. Aquí non hai ban­dos, só exis­te o ban­do de­mo­crá­ti­co. Fó­ra, non hai lei. Nós ac­tua­mos con­ti­nua­men­te coas ins­ti­tu­cións e esi­xi­mos un­ha maior cla­ri­da­de ao Go­berno e á Xun­ta. Hai que re­cor­dar­lles que son os le­xí­ti­mos re­pre­sen­tan­tes do po­bo.

—Aten­de­rá o Con­gre­so á súa pe­ti­ción pa­ra ile­ga­li­zar á FNFF?

—A FNFF na­ceu en 1977. Po­lo tan­to, non cum­pre a lei de fun­da­cións. Non é un­ha cues­tión de ile­ga­li­za­ción, se­nón que non é le­gal. Hai que ac­tuar des­de as ins­ti­tu­cións e adop­tar me­di­das pa­ra que se res­pec­ten os de­rei­tos mí­ni­mos. Es­ta en­ti­da­de ne­ga as ví­ti­mas do fran­quis­mo. Non en­ten­de­mos co­mo non se ac­túa an­te es­ta si­tua­ción e si nou­tras moi­to máis cues­tio­na­bles.

—Con­si­de­ran es­te mo­ve­men­to co­mo un­ha bur­la por par­te da fa­mi­lia Fran­co?

—É un­ha au­tén­ti­ca provocación que a Fun­da­ción Fran­co xes­tio­ne o pa­zo. Emi­lia Pardo Ba­zán fa­ría un­ha gran obra de tea­tro co es­per­pen­to que se es­tá a vi­vir en Mei­rás. Un es­pa­zo de li­ber­da­de e crea­ción es­ta­se a con­ver­ter nun re­du­to dun­ha fa­mi­lia que se ne­ga a en­trar no sécu­lo XXI. O pa­zo de Mei­rás é a pun­ta dun ice­berg pa­ra a no­sa aso­cia­ción. Es­ta vol­ta ao pa­sa­do pon­lle os pe­los de pun­ta des­de a un vo­tan­te do PP ata o úl­ti­mo mi­li­tan­te do Par­ti­do Co­mu­nis­ta.

E. PÉ­REZ

Fer­nan­do Sou­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.