Bea Le­ma: «Aín­da que moi­ta xen­te pa­de­ce tras­tor­nos men­tais, se­gue sen­do un ta­bú»

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - BOR­JA CA­SAL, X.F.

O Cor­po de Cris­to, a obra coa que Bea Le­ma vén de ga­ñar o pre­mio Cas­te­lao de ban­da deseña­da da Depu­tación da Coruña, es­tá ins­pi­ra­da nun­ha ex­pe­rien­cia per­soal. Se­gun­do di a au­to­ra, «é un­ha reali­da­de fic­cio­na­da que tra­ta o te­ma das en­fer­mi­da­de men­tais, xa que eu con­vi­vín cun­ha per­soa que pa­de­ceu un pro­ble­ma des­te ti­po».

Hai un­ha mo­ti­va­ción cla­ra de­trás des­ta his­to­ria, que é a de nor­ma­li­zar, sen­si­bi­li­zar e acep­tar al­go que exis­te. Le­ma con­fe­sa que lle ape­te­cía abor­dar o te­ma por­que «aín­da que moi­ta xen­te pa­de­ce tras­tor­nos men­tais, se­gue sen­do un ta­bú. Hai moi­to me­do a eti­que­ta de es­tar to­lo, hai un es­tig­ma e o di­fe­ren­te é re­xei­ta­do». Pa­ra ela, é im­por­tan­te si­na­lar que «os tras­tor­nos des­te ti­po son un­ha en­fer­mi­da­de co­ma ou­tra cal­que­ra, pe­ro que en vez de ser fí­si­ca, é men­tal». Ta­mén in­sis­te en que se de­be­ría fa­lar máis des­tes pro­ble­mas pa­ra po­der frea­los, xa que al­go co­mo un­ha de­pre­sión po­de de­ri­var nun tras­torno máis gra­ve.

O xu­ra­do do pre­mio des­ta­cou a in­ten­si­da­de dra­má­ti­ca da obra, que non cae no sen­ti­men­ta­lis­mo. A au­to­ra afir­ma que non lle in­tere­sa­ba dra­ma­ti­zar ou pre­sen­tar as cou­sas den­de o vi­ti­mis­mo. Que­ría fa­cer al­go máis inocen­te. Al­go tan inocen­te co­mo a vi­sión dun­ha ne­na, que é a pro­ta­go­nis­ta de O Cor­po de Cris­to. De­bi­do a is­to, uti­li­za moi­tas me­tá­fo­ras vi­suais —non se bus­ca o ex­plí­ci­to—, xa que «can­do es neno non te plan­te­xas a si­tua­ción que vi­ves. So­lu­cio­nas as cou­sas dun­ha for­ma in­cons­cien­te, e a ni­vel grá­fi­co o có­mic es­tá fei­to así, dun­ha for­ma sin­xe­la ou in­clu­so in­xe­nua», si­na­la a au­to­ra, que ta­mén di que na ne­nez «ves cou­sas que non sa­bes de­fi­nir, pe­ro in­túes que pa­sa al­go que non é de to­do nor­mal. No có­mic hai un­ha su­ce­sión de pe­que­nos de­ta­lles, ac­cións e sucesos que van cons­truín­do esa reali­da­de».

Bea Le­ma, que vén do mun­do do deseño in­dus­trial, le­va dous anos de­bu­xan­do pro­fe­sio­nal­men­te. O que máis lle se­du­ce des­ta dis­ci­pli­na é a súa in­me­dia­tez, xa que to­do o que ne­ce­si­ta é un pa­pel e un la­pis. Con­clúe di­cin­do que, pa­ra ela, ga­ñar o pre­mio su­pón «un im­pul­so a se­guir por aquí, un em­pu­xón».

Un­ha pers­pec­ti­va di­fe­ren­te. Na súa obra pre­mia­da Bea Le­ma uti­li­za me­tá­fo­ras vi­suais e em­pre­ga un es­ti­lo li­bre, no que non sem­pre usa vi­ñe­tas.

AN­DREA RO­DRÍ­GUEZ

Bea Le­ma.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.