Un mun­do de ma­ti­ces

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Galicia - Cristina Pa­to

Es­ta­ba col­ga­do da pa­re­de dun ca­fé no medio da na­da; o azu­le­xo di­cía: «Fe­li­ces son os que po­den dar sen re­cor­dar e re­ci­bir sen es­que­cer», e un re­frán tan sin­xe­lo fí­xo­me re­fle­xio­nar so­bre o con­cep­to da fe­li­ci­da­de, de se é un­ha sen­sa­ción ou un xei­to de apren­der a en­ten­der a vi­da e acep­ta­la. Co­ma di o no­so himno, sem­pre ha­be­rá «bos e xe­ne­ro­sos» e «im­bé­ci­les e es­cu­ros», e aín­da que se nos pre­gun­tan po­ré­mo­nos de se­gu­ro no gru­po dos bos e xe­ne­ro­sos, a ver­da­de é que ás ve­ces, sen sa­be­lo, ta­mén es­ta­mos no ou­tro gru­po. To­do de­pen­de da pers­pec­ti­va.

Un dos fis­cais dos xuí­zos de Nú­rem­berg, o no­na­xe­na­rio Ben­ja­min Fe­rencz, di­cía hai uns me­ses nun­ha en­tre­vis­ta que «a gue­rra crea asa­si­nos dos que nou­tra reali­da­de se­rían xen­te de­cen­te. To­das as gue­rras e to­da a xen­te de­cen­te». Es­coi­tar ao ho­me que foi tes­te­mu­ña e pe­za cla­ve no axus­ti­za­men­to dos cri­mi­nais na­zis di­cir que non po­de­mos con­si­de­rar a mal­da­de co­mo un fei­to illa­do, se­nón co­mo un­ha res­pos­ta a un cú­mu­lo de cir­cuns­tan­cias, foi al­go re­ve­la­dor. Pois non sem­pre un­ha é ca­paz de ser o su­fi­cien­te­men­te xe­ne­ro­sa pa­ra crear pers­pec­ti­va. E se a res­pos­ta a un cú­mu­lo de cir­cuns­tan­cias non é me­di­da e me­di­ta­da, en­tón é can­do o sis­te­ma fa­lla e cae­mos ou na in­do­len­cia ou no caos dun­ha gue­rra.

En­tre o bran­co e o ne­gro, no mun­do di­xi­tal hai 256 gri­ses. E eu que­ro pen­sar que en­tre os bos e xe­ne­ro­sos e os im­bé­ci­les e es­cu­ros ta­mén hai un­ha es­ca­la in­fi­ni­ta que te­mos que apren­der a ob­ser­var e ana­li­zar pa­ra en­tre to­dos evi­tar un­ha so­cie­da­de por com­ple­to po­la­ri­za­da que non nos le­va a nin­gun­ha par­te. Por­que si, por­que fe­li­ces se­ria­mos se pui­dé­se­mos dar sen re­cor­dar e re­ci­bir sen es­que­cer...

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.