Po­las co­mi­sións

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - Unai Gon­zá­lez

Pa­sa­da a re­sa­ca, re­fle­xiono so­bre as críticas, des­tru­ti­vas, que al­gúns fan duns ac­tos que se or­ga­ni­zan coa ilu­sión froi­to do tra­ba­llo non pa­ga­do e me­nos agra­de­ci­do do pu­ña­do de per­soas que in­te­gran as co­mi­sións de fes­tas. Es­te en­car­ni­za­men­to, pun­tual e sin­gu­lar, é maior nas re­des so­ciais, on­de cal­que­ra po­de con­ver­ter a súa ig­no­ran­cia en teo­ría in­cues­tio­na­ble aplau­di­da po­lo co­ro in­gra­to dos acó­li­tos ci­da­dáns gri­ses que do­mi­nan as ten­den­cias da política e a cul­tu­ra que pen­san de­be im­po­ñer­se a to­do co que non co­mul­gan. Po­de­ría ci­tar co­mo exem­plo a ori­xi­nal pro­tes­ta en­ca­be­za­da por un­ha mi­ña­xoia que cri­ti­ca­ba as fes­tas de Ri­bei­ra por mal­tra­to ani­mal re­fe­rín­do­se aos po­nis que non viu, por­que se­nón de­ca­ta­ría­se de que eran máis fal­sos que as pro­me­sas dun pro­gra­ma elec­to­ral, ou a con­si­de­ra­ción de que un gru­po de am­pla tra­xec­to­ria co­mo Trei­xa­du­ra, que en­tre ou­tras cou­sas se re­fi­re a Galicia co­mo país, ten den­de a súa fun­da­ción car­né do PP por­que foi con­tra­ta­do po­lo Con­ce­llo.

Non es­coi­to un­ha pa­la­bra de gra­ti­tu­de ás co­mi­sións de fes­tas po­la afou­te­za mos­tra­da, pe­ro eu, que non per­ten­zo a nin­gun­ha, pa­ra que non ha­xa equí­vo­cos, si vou rom­per un­ha lan­za por elas, e máis con­cre­ta­men­te po­lo pre­si­den­te da de Ri­bei­ra e os que o acom­pa­ña­ron na es­té­ril e amar­ga ta­re­fa de pe­dir por ba­res e co­mer­cios, dis­cu­tir cos fei­ran­tes ou per­der o seu tem­po en pa­pe­lo­rios, cha­ma­das e asun­tos va­rios, por­que o día que as co­mi­sións des­apa­re­zan se­gui­rá ha­ben­do fes­te­xos nas ca­pi­tais dos mu­ni­ci­pios, pe­ro ex­tin­gui­ran­se nas pa­rro­quias e di­re­mos aqui­lo de que máis va­le un gai­tei­ro na rúa do meu po­bo que un­ha ban­da mi­li­tar ac­tuan­do no cuar­tel.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.